Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega
@arborearqueoloxia.bsky.social
210 followers 250 following 230 posts
Posts Media Videos Starter Packs
arborearqueoloxia.bsky.social
Se non puidestes vir á visita de Penas do Castelo aquí tedes unha oportunidade para coñecer este xacemento, e moitos outros da provincia!
arborearqueoloxia.bsky.social
Se vos animades a coñecer este xacemento espectacular e as escavacións que se realizaron os últimos anos este sábado temos unha cita!
Penas do Castelo
Concello A Pobra Do Brollón
arborearqueoloxia.bsky.social
É que sí pasou á posteridade 😂.
O muíño é medieval, pasaron fácil 2500 anos entre que se fixo o petro e se fixo o muíño.
arborearqueoloxia.bsky.social
Aquí temos un contexto no que hai preto bastantes petróglifos, un a pé do propio castelo. A pedra sobre a que se fai o muíño está claramente cortada dun outeiro, e a torre está construída sobre un afloramento rochoso no que ben poderían estar estes gravados. Todo apunta a que aquí cortaron un petro.
Reposted by Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega
archaeostratego.bsky.social
Una vez superado el ecuador de la prospección arqueológica del campo de batalla napoleónico, #Elviña1809 #ACoruña1809, hago repaso de esta célebre batalla y de los hallazgos arqueológicos y avances ⚔️

Parte 1/2 🧵⬇️
arborearqueoloxia.bsky.social
E que é o interesante de todo isto aparte do fermosa que poda ser unha peza? Pois a información que nos da sobre o uso ó longo do tempo dun mesmo espazo. Onde seguramente houbese unha rocha con gravados do #bronce construíuse un castelo #medieval que destruíu, reinterpretou e reusou esas pegadas.
arborearqueoloxia.bsky.social
E é a primeira vez que pasa? Pois non. Na primeira campaña, en 2021, xa tiñamos atopado un par de pedras nos derrubes, que formaban parte dos muros da torre de homenaxe, que tiñan coviñas, unha delas é esta de aquí.
arborearqueoloxia.bsky.social
Aquí pode verse mellor grazas á #fotogrametría.
arborearqueoloxia.bsky.social
Entón que ten de especial o noso muiño? Pois aparentemente nada. Ata que lle demos a volta. O muíño está feito a partir dun anaco de afloramento de granito que foi cortado, e que tiña un #petróglifo que se conservou formando parte da peza final. Un pequeno círculo cunha coviña central.
arborearqueoloxia.bsky.social
Ata unha lareira e, na campaña de 2024, este forno tan ben conservado.
arborearqueoloxia.bsky.social
Ata aquí todo normal. Hai evidencias de ocupación permanente e actividades de vida cotiá nas campañas anteriores (e levamos catro). Teñen aparecido ferramentas para traballar a madeira, pesas de rede, fusaiolas...
arborearqueoloxia.bsky.social
Apareceu na torre #medieval de Meira, en Moaña. Unha torre que en realidade é un #castelo, pero diso xa vos falaremos outro día. Aquí tedes unha imaxe do sitio coa torre de homenaxe á dereita e o patio de armas á esquerda da imaxe.
arborearqueoloxia.bsky.social
Hoxe queremos contarvos a historia dun #muíño, pero vainos levar máis dun bluit, polo que vos imos pedir que cheguedes ata o final do 🧵, non vai ser moi longo. Antes de nada as presentacións, este é o muíño en cuestión. Feitiño, a que si?
arborearqueoloxia.bsky.social
Nesta rede non sei se nos poñedes cara, así que imos deixarvos esta foto dos catro árbore. Sucios, cansos e algo atolados... Pero é o que hai! 😅
Reposted by Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega
archaeostratego.bsky.social
Han pasado más de 5 años entre una foto y otra. Lo que de aquellas era un sueño hoy es una realidad.

Finalmente y antes de que sea demasiado tarde, el campo de batalla ⚔️ napoleónico de Elviña/A Coruña 1809
será investigado a través de la arqueología del conflicto. ¡Empezamos!
arborearqueoloxia.bsky.social
Outro dos materiais habituais en Penas do Castelo (e que pode que definan o carácter do xacemento) son os restos de #escoura, tanto en superficie como nas escavacións. Este ano temos esta tan chula!
arborearqueoloxia.bsky.social
Outra cousa que repetimos esta campaña de #Penas do Castelo son os restos de #sementes de #cereal, que posiblemente se atopan aínda no entorno dun espazo de almacenamento de alimento.
Reposted by Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega
guerraenlauni.bsky.social
En estos momentos de ofensiva ultraderechista contra la inteligencia, conviene recordar a Moses Finley (1912-1986), uno de los mayores historiadores de la Antigüedad. Tuvo que exiliarse de EEUU después de que el macartismo acabase con su carrera académica.
arborearqueoloxia.bsky.social
Nestas últimas dúas campañas o #pallabarro está a ser o material máis habitual. Aquí podedes ver como, unha vez limpo, se aprecian con moita claridade as improntas que deixaron as pólas do entramado vexetal ó que recubría.
Penas do Castelo, A Pobra do Brollón.
arborearqueoloxia.bsky.social
Os estratos non menten: do útil ao descartable, do comunal ao industrial, do gran ao snack. A arqueoloxía amosa rupturas, transicións, memorias do cambio.
arborearqueoloxia.bsky.social
📺 Son os anos 70: éxodo rural, televisión en branco e negro, aperturismo económico. Galicia comeza a virar cara a unha economía de mercado, deixando atrás séculos de vida labrega. Foto Anna Turbau.
arborearqueoloxia.bsky.social
Non é só lixo: é unha fronteira histórica. O que antes era procesado de millo para o autoconsumo queda soterrado baixo produtos ultraprocesados e descartables.