Fundación Érguete-Integración
banner
fundacionerguete.org
Fundación Érguete-Integración
@fundacionerguete.org
36 followers 94 following 180 posts
Traballamos pola inclusión social e laboral de persoas en risco ou situación de exclusión, proporcionando apoio, orientación, formación e acompañamento.
Posts Media Videos Starter Packs
⚠️O número de persoas en situación de senfogarismo situábase en 2022 nas 28.552, 2.387 en Galicia.
🏡Ter un fogar é un requisito fundamental para o desenvolvemento dun proxecto vital, pero aínda queda moito por facer para poñer fin a esta forma de exclusión.
#EmerxenciaVivenda #DoceMesesDoceDemandas
🔎Unha das realidades máis extremas de exclusión residencial é o senfogarismo.

En Galicia hai 2.387 persoas senfogar.

🤝A coordinación e colaboración entre administracións e coas entidades sociais é imprescindible para erradicar o senfogarismo.

#EmerxenciaVivenda
💬Sabías que, se cursaches a ESO en Galicia, tes homologado o nivel Celga 3 de lingua galega? Se non accediches a estas homologacións, non te preocupes, podes presentarte ás probas nas seguintes datas:
➕ info www.lingua.gal.
#celga #linguagalega
⁉Sabías que tamén temos unha unidade móbil que atende a persoas en exclusión social severa en Marín?🚚
👉Este programa realízase coa colaboración de #EncePlanSocialPontevedra
Programa de Redución do Dano en Marín
YouTube video by Fundación Érguete - Integración
youtu.be
🌸Dende o taller de arranxos florais que levamos a cabo no CIS da Coruña agasalláronnos con este mural tan fermoso para o noso despacho! 🌿💐
Moitísimas grazas a tódalas persoas participantes por este detallazo!🥰

#FundaciónÉrguete #mediopenal
👏Das 20 persoas participantes en Máis Mocidade, 17 remataron con éxito, obtendo un certificado de profesionalidade que lles abre novas oportunidades laborais e que, para moitas delas, supuxo o seu primeiro contacto co mercado de traballo.
🔗fundacionerguete.org/resultados_mais_mocidade_2025_gal.html
📅Hoxe, 17 de outubro, é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
@eapngal.bsky.social, entidade da que formamos parte, publica o XV informe O Estado da Pobreza en Galicia 2025, que se está a presentar no Parlamento de Galicia.
#PobrezaGalicia #EstadoDePobreza
💻A Secretaría Xeral da Lingua ven de publicar a convocatoria das probas en liña para a obtención do certificado Celga 4 en 2025.
🗓️O prazo de presentación de solicitudes para acceder a este exame está aberto dende mañá e ata o 30 de outubro.
ℹ️Podes consultar máis info en www.lingua.gal
Portada - O Portal da Lingua Galega
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
www.lingua.gal
📣 Tes formación en Traballo Social e ganas de poñela en práctica? 👉 Na Fundación Érguete-Integración buscamos unha persoa para incorporarse o 1 de novembro.
ℹ️ Consulta os detalles en www.fundacionerguete.org
#ofertalaboral #empregovigo #ofertadeempleo #empleovigo #ofertadetrabajo #trabajovigo
🫂Onte participamos na primeira sesión do obradoiro de Intelixencia Emocional, un espazo para fomentar o autocoñecemento e fortalecer a cohesión entre o noso equipo💚
Grazas a Susana Pérez Crespo por guiar este taller, que nos achega ferramentas para medrar xuntas.
#FundaciónÉrguete
🎙️O sábado estivemos en Malhumorhadas de @cuacfm.org
💚Falamos de inclusión, arte, acompañamento... e dos proxectos que desenvolvemos na Coruña.
🎧 Podes escoitar o programa completo en cuacfm.org/radioco/prog...
Grazas a todas elas pola súa forza e compromiso💚💪
💪No #DíaDoTerceiroSector, queremos recoñecer o esforzo e o compromiso de quen traballa a diario neste eido, loitando polos dereitos das persoas máis vulnerables, a promoción da igualdade e a construción dunha sociedade máis xusta.
fundacionerguete.org/lanzamento_o...
#OrgulloTerceiroSector
🔵Onte tivo lugar a inauguración do curso que impartimos no #ConcelloDeOia ao abeiro do #programaEmpregoInclusivo
👉Participaron Paula Bouzós, deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; e Ana Álvarez, directora da Fundación Érguete
Operacións básicas de loxística e distribución, a nova formación de Emprego Inclusivo en Oia
Doce persoas participan no curso, impulsado pola Fundación Érguete-Integración coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Oia
www.fundacionerguete.org
🟪 Retomamos a actividade con forza tras o parón do verán, poñendo en marcha a elaboración dun Mapa de Recursos para mulleres con adiccións que sofren violencia de xénero.
#traballoenrede #vigo #pontevedra
📌 Onte iniciamos as formacións online para profesionais que participan no proxecto #ComunidadesGPS, que desenvolvemos na provincia de #Pontevedra da man de
@unadenred.bsky.social e @diversitas.bsky.social.
💻 Precisas axuda co teu CV, cunha candidatura en liña ou para mellorar as túas competencias dixitais?
🌰 Achégate á nosa aula de #Ciberemprego! Este més de outubro poderás facelo no seguinte horario:
#octubre2025
🏘️ As políticas de vivenda seguen sen ser suficientes para facer fronte ás necesidades de milleiros de persoas que quedan sen acceso a un fogar digno.
👉 Explícao Javier Hermida, vicepresidente de @eapngal.bsky.social, entidade da que formamos parte.
#EmerxenciaVivenda #DoceMesesDoceDemandas
Galicia ten un ínfimo parque de vivenda social (0,4%). O obxectivo da Xunta de duplicar o parque existente e as actuacións de goberno e concellos, son insuficientes.

👉Precisamos maior implicación política e actuar fronte a emerxencia.

#EmerxenciaVivenda #DoceMeses#DoceDemandas
🤩Arrinca o #proxectoOlimpia, no que convidamos ás participantes a descubrir a súa sexualidade dende unha mirada positiva, ampla e respectuosa; colaboramos na mellora do seu benestar emocional e sexual e ofrecemos un espazo seguro e de apoio.
🔗https://buff.ly/ODwuvAg
#ConcellodeVigo
📿No taller de xoiería creativa que realizamos no C.P. de Pereiro de Aguiar, as participantes elaboraron as súas propias pezas.
👀Coincidindo co Día da Mercé, puidemos amosar este traballo nunha pequena exposición dentro do centro.
#proxectoEVA #mujeresenmediopenal #joyeríacreativa
✊Hoxe, #23S, conmemoramos o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres e Crianzas
💜Dende @FErgueteIntegr compartimos a voz dunha muller que pasou por esta barbarie: “Ninguén nace para ser vendida"
#StopHumanTrafficking
💐Velaquí o resultado dos arranxos florais que estivemos elaborando nun dos nosos talleres con persoas privadas de liberdade para o Día da Mercé, que se conmemorou o pasado venres no CIS da Coruña.
#CISCoruña #IRPF #DiaDeLaMerced