Lourixe
lourixe.bsky.social
Lourixe
@lourixe.bsky.social
230 followers 97 following 380 posts
Exiliada da Chaira
Posts Media Videos Starter Packs
@silcerino.bsky.social Ven forte cheiro de lume da rúa Tornos da Coruña. Hai varios coches de policía e acaba de chegar un camión dos bombeiros.
Profesionalmente non me pasou nunca: traballo case sempre con grupos estranxeiros e respectuosos. Pasoume como turista co meu home e amigos cataláns, de termos reservado especificamente a visita en catalán dun monumento, e que se incorporase ao grupo algún idiota pedindo as explicacións en castelán.
Son eu, ou os clickbaits de El País cada vez se parecen máis aos de El Español ou Quincemil???
#xornalismoRIP
#Románico no val do #Tórdea (O Corgo): a #andaina de mañá. Con premio gastronómico cortesía de Jamones González.
Vémonos este sábado no Corgo!

#QueNonChova!
Xa comezou a romaría dos resurreccionistas en Viveiro 😅
Que ben se está no noso benquerido refuxio climático 😍
Reposted by Lourixe
Mañá viaxo a Italia para participar no festival do "Premio Ostana - Scritture in Lingua Madre".

Arredor diso escribin para Il Manifesto sobre as tensións entre a identidade lingüistica, a memoria política e as posibilidades da ficción na escrita literaria contemporánea nunha lingua minorizada. ✨
Coñezo unha rapaza nesa situación en Mallorca: 5 adultos que non son familia, compartindo un apartamento de 2 dormitorios que custa ao mes 2600€+ gastos
Herba de San Xoán (hipérico) na muralla romana de Lugo. Ten propiedades antisépticas e cicatrizantes, e mesmo se usa como antidepresivo, pero pode interferir no uso doutros medicamentos (como anticoagulantes e anticonceptivos).
Sorte tiveches. No meu caso foi do revés: tiña que pillar un BusALugo™ e estaba a EA Coruña tomada por adolescentes borrachos e a nacional tentando poñer orde. Ao final puiden saír, con 15 mins de atraso.
#busalugo
Madrugar para ir currar e atopar os restos da mellor parrilla do mundo... 😅
#reciclaxe #lumenovo #sanxoan
O billete Coruña-Santiago custa 7,35€ en traxecto simple e 6,10€ en ida e volta. Co bono de 10 viaxes sairía cada traxecto en 2,70€.
👉Consulta aquí os prezos dos futuros bonos dalgúns dos principais traxectos dos trens en Galicia i.gal/FuYII
Pasábame todos os veráns por culpa das climatizacións. Son guía de turismo e preciso da voz para traballar! Agora sempre levo un pano para a gorxa e este esprai no bolso, que me recomendara un compañeiro e é man de santo para as cordas vogais.
A raíña felina desta casa ten varios alcumes. Un deles é "a arqueóloga". Polo balbordo que chega do areeiro, debeu de chegar aos estratos do Paleolítico inferior...
Por fin ás 14:45 h apareceu un bus. O teléfono de Arriva, coma sempre, inoperativo.
Quedaría o condutor, e por iso non aparece?
O meu bus a Lugo de hoxe non aparece! Somos unha pila de xente agardando na EA Coruña polo bus de Arriva que tería que ter saído ás 14:30 h...
Na Coruña vai tanta calor, que a miña gata APARTOU DO SOL! Normalmente ten o seu espazo acolchoado para botar sesta na miña mesa de estudo fronte á fiestra, pero mudouse para a mesa contigua, detrás da maquina de coser...
Cantos puntos de galeguidade/lucensismo gañei hoxe por andar todo o día cargando 1,5kg de chourizos do bolso? Pilleinos pola mañá no mercado de abastos de Lugo para levarllos á miña irmá (que mos encargara) a Compostela.
Eu só coas raíñas do crime xa encho un post: A. Christie, Ruth Rendell, Mary Higgins Clark, Patricia Cornwell, Patricia Highsmith, Camilla Läckberg, Donna Leon, Fred Vargas...
O que me contaron a min é que os colonos viñan da montaña, afeitos a pouco gando e pouca terra que se traballaba en intensivo, e custoulles moito a adaptación a explotacións en extensivo.
Languidecen, en la mayor parte de los casos, por los efectos del paso del tiempo y la despoblación del rural. Pero cuando uno se acerca, y observa, puede sentir la historia viva de unos pueblos tan extraños como hipnóticos. Son singulares. Diferentes a cualquier otro, quizás porque no tienen raíces.
El franquismo inventó 300 pueblos en España: solo hay cuatro en Galicia y están en Lugo
La colonización creó en Terra Chá cuatro asentamientos, O Arneiro, Matodoso, Veiga de Pumar y A Espiñeira, que luchan en la actualidad por sobrevivir a la despoblación del rural y al paso del tiempo&n...
www.elprogreso.es
O das citas de xine son un auténtico cachondeo. Meses de espera para que che dean cita, e habitualmente chaman de repente ás 21 h para citarte ao día seguinte. Son autónoma e coido dun familiar con Alzhéimer, como pretenden que me organice?
Eu optei pola academia privada, xa que na Coruña non imparten o meu nivel. Examínome en xullo do HSK4. Estou disfrutando moitísimo da aprendizaxe do chinés.