Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
politicasusc.bsky.social
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
@politicasusc.bsky.social
36 followers 8 following 20 posts
🎓Páxina oficial de Bluesky da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. 📢Toda a actualidade da Facultade pódela atopar aquí. Como a ti che interesa e sen voltas! 📲Pódesnos seguir tamén no noso Instagram, Tiktok e Bluesky.
Posts Media Videos Starter Packs
🎓 Como é empezar Ciencias Políticas na USC?
Laura cóntacho en primeira persoa! 💬

Descubre como viviu o seu primeiro ano na carreira, por que escolleu esta opción e que lle aporta estudar nesta facultade.

#PolíticasUSC #GraoEnCienciasPolíticas #USC #AccesoUniversidade #Universidade
🎓 Como é empezar Ciencias Políticas na USC?
Laura cóntacho en primeira persoa! 💬

Descubre como viviu o seu primeiro ano na carreira, por que escolleu esta opción e que lle aporta estudar nesta facultade.

#PolíticasUSC #GraoEnCienciasPolíticas #USC #AccesoUniversidade #Universidade
🎤Hoxe temos novo episodio do Voces da polis, e falaremos nesta ocasión de polarización, cos nosos compañeiros e co politólogo Lluís Orriols. Quedade para escoitalo!

#Podcast #FacultadePolíticasUSC #VocesdaPolis #Política #Polarización #USC #Universidade
Este mércores a equipa do noso podcast 'Voces da polis' entrevistou a Óscar Briones, profesor da Uvigo e investigador do Observatorio de Gobernanza. Con el falaron sobre a Rede de Bosques Atlánticos Antigos, unha iniciativa que conxuga ciencia, xestión, política e participación.
Publicadas as táboas de recoñecemento do Grado en Ciencias Políticas entre a USC e a UNED

Consulta o PDF na web da facultade!

https://f.mtr.cool/rzqjruiwzu
Aquí vos deixamos algunhas fotos do acto de onte 'A ciencia política tamén se fala e escribe en galego', que contou coa participación do Servizo de Normalización Lingüística da USC, ademais de alumnado e profesorado.

Terédelo moi pronto en Spotify!!

#LinguaGalega #Galego #CienciaPolitica #USC
🎙️Este martes imos ter un novo episodio do noso podcast! Nesta ocasión será en directo coa colaboración de alumnado e profesorado. Vémonos para falar e debater sobre 'A ciencia política tamén se fala e escribe en galego'.

📆Data: Martes, 6 de maio
🕓Hora: 12:00 horas
📍Lugar: Sala de Xuntas
🏠 O acceso e dereito á vivenda en Galicia: desafíos e solucións

🗓 24 de abril | 🕛 12:00 h | 📍 Salón de Graos (Facultade de CC. Políticas)

Únete á mesa redonda sobre o dereito á vivenda en Galicia, un espazo para debater os desafíos actuais e propoñer solucións dende a investigación e o activismo.
🎙️Xa está dispoñible o segundo episodio de Voces da polis!
Hoxe falamos sobre baixar a idade de voto aos 16 anos. As súas vantaxes políticas e sociais, as súas consecuencias... E falamos tamén con Marta Lois, decana da nosa Facultade e defensora deste cambio

🎧Escóitao xa en Spotify! Link na nosa bio
🏠 INAUGURADA a  Exposición Emerxencia Vivenda
Dende hoxe e ata o 24 de abril podedes visitar esta exposición impactante que dá voz ás realidades ocultas da exclusión residencial en Galicia.

🗓️ Do 10 ao 24 de abril
#EmerxenciaVivenda #ExclusiónResidencial #EAPNGalicia #DereitoAVivenda #PolíticasUSC
📢 Conferencia na Facultade!
Este xoves 10 de abril ás 12h temos unha charla no Salón de Graos 🎓

💬 “Pobreza en Galicia: Máis pobres, máis desiguais... máis culpables?”
🗣️ Charla da man de Xosé Cuns Traba, director de EAPN Galicia, a Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social.
🗣️Así foi a conferencia de Lluís Orriols a pasada semana na Facultade

#Conferencia #CuenciasPolíticas #USC #Charla #LluísOrriols
🎙️ Estreamos podcast!
Xa podes escoitar o primeiro episodio de Voces da polis, o novo podcast da Facultade de Ciencias Políticas.

Neste primeiro episodio falamos do consentimento. Conversamos con Clara Serra e recollimos as voces do alumnado!

🔗 https://open.spotify.com/show/6jbk0Di4vOqQJ0nYOgS2OP
🧠✨ Por que a ciencia política é clave nestes tempos?
Este mércores, achégate á conferencia de Lluís Orriols e descúbreo!

📍 Salón de Graos – Fac. de Políticas (USC)
🗓 Mércores, 26 de marzo · 12:30h

@lluisorriols.bsky.social 

#USC #CienciaPolítica #LluísOrriols
🎓Deixámosvos hoxe un pequenoño vídeo da conferencia do pasado día 17 de febreiro de Ángel Puyol González sibre "A ética no servizo público"

📲Síguenos para non perderte ningunha actividade da Facultade!
🔊 Sabías que a Facultade de Ciencias Políticas da USC está botando a andar o seu propio podcast? 🎙️✨

Un proxecto feito por alumnado de grao e máster… e no que TI tamén podes participar! 🚀 Únete á conversa e descubre todo o que temos preparado para ti. 🔥

#Podcast #Políticas #USC #Proxecto #Alumnado
📢 CONFERENCIA | OS LÍMITES DO CONSENTIMENTO ✨

🎤 Con Clara Serra – filósofa, escritora e experta en feminismo.

📅 Mércores, 26 de febreiro
🕖 19:00h
📍 Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas

🔍 Non perdas esta oportunidade de escoitala!

💬 Comparte e convida a quen poida interesarlle! 👇
📣 Admitid@s en Erasmus 25/26! O acto de asignación de destinos será o 5 de xuño ás 13:00 na Sala de Xuntas. As eleccións faranse por orde de media académica.

Consulta a listaxe de destinos e prepárate para a túa experiencia internacional! 🌎✈️

#Erasmus2526 #MobilidadeUSC
🎓Deixámosvos para abrir as nosas contas unha pequena lembranza do acto de toma de posesión da nova decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, Marta Lois

@martalois.bsky.social @usc.gal 

#FacultadeCienciasPolíticaseSociais #MartaLois #DecanadePolíticas #USC #Políticas #TomadePosesión