Miguel Anxo Fernán Vello
banner
fernanvello.bsky.social
Miguel Anxo Fernán Vello
@fernanvello.bsky.social
1.3K followers 1.1K following 310 posts
Escritor / Editor / Pintor. Fundador e director de Edicións Espiral Maior (1991). Deputado no Congreso XI-XII lexislaturas. Escribe en El Progreso de Lugo / Diario de Pontevedra.
Posts Media Videos Starter Packs
1.11.25 El Progreso

(...) "Coñecería Brañas a Michael Collins, líder destacado do que despois sería a organización política Sinn Féin? Sen dúbida, Brañas —talmente como Eduardo Pondal, lémbrao Manuel Mera citando a Lois Tobío— levaba a Irlanda e os seus “labregos, agora libres” no corazón".
A partir do 4 de novembro nas librarías. O novo libro de poemas de Pilar Pallarés.
A partir do 4 de novembro nas librarías. O novo ensaio do poeta e filósofo Miguel Ángel Martínez Quintanar.
Cos poetas Jaime Siles e Guadalupe Grande no volcán Masaya (Nicaragua) no ano 2013.
25.10.25 El Progreso

"Debera tomar boa nota o Comité Noruegués do Nobel da Paz, composto por 5 persoas propostas polo Parlamento Noruego. A ARMH devolveríalle ao Premio Nobel da Paz o seu prestixio, magoado por certas decisións tomadas que son contrarias aos seus propios principios".
18.10.25 El Progreso

"Afirmaba en 2012 Xosé Manuel Beiras, portavoz parlamentar do grupo AGE, que a política de recortes en Sanidade “mataba xente”, e engadía que “cando unha muller con cancro de mama ten que agardar un ano en lista de espera polo tratamento” ponse en perigo de morte" (...)
'Perfomance' católica de 'avant-garde' en Córdoba.
Esa es la Córdoba de rabiosa actualidad. No es semana santa, no es nada, es un invento para arrastrar el analfabetismo tras estatuas de yeso y así tener controlado al pueblo. ¿A dónde vamos con este personal? VOX y el PP son los principales interesados, en tanto beneficiados, de esta mascarada. SyR
11.10.25 El Progreso

O enterro do pintor Francisco Miguel, presidido pola alcadesa da Coruña, xunto cos alcaldes de Carballo e de Oleiros —e con gran presenza tamén do mundo artístico e literario—, foi un acto no que vibraron a partes iguais a dignidade, a xustiza e a emoción política democrática.
En Brión. Con Xosé Manuel Beiras. A amizade, a fraternidade e o agarimo ao mestre sempre aí.
4.10.25 El Progreso

(...) "Por que a comunidade internacional, a UE, a OTAN e os gobernos árabes —tamén os islámicos— actúan con diferentes ‘varas de medir’ cando se perpetran crimes de guerra —antes e agora— en determinados territorios do planeta?"
Enterro no cemiterio coruñés de Santo Amaro dos restos do pintor e artista plástico Francisco Miguel (1897-1936) recuperados dunha foxa común no cemiterio de Bértoa (Carballo). Misión cumprida.
29 setembro 2025. Solemne entrega dos restos (Concello da Coruña) e enterro de Francisco Miguel (1897-1936) no cemiterio de Santo Amaro, á beira da tomba de Manuel Murguía. Estarán presentes familiares do artista chegados dende México. Vai ser un día moi feliz e cheo de emoción. Misión cumprida.
El Progreso. 27.9.2025

"O xornalista Miguel Ángel Campos afirma que o xuíz Peinado foi un 'mal avogado e é un mal xuíz', moi proclive a aceptar denuncias de agrupacións de extrema dereita, ‘Manos limpias’ e ‘Hazte oír’, entre elas. Como din na súa terra, “no con quien naces, sino con quien paces”.
Ando a traballar en grandes formatos pictóricos. Este (técnica mixta 146x97) titúlase "Xeometrías do outono". E así ven os meus ollos os últimos días do verán e os primeiros días do outono luminoso de Carballo a certas horas do día (algunhas horas altivas da mañá e algunhas horas avanzadas da tarde)
Moitas grazas, amiga Marilar!!!
(...) No seu discurso de agradecemento, Miguel Anxo Fernán Vello evocou a figura de Florencio Delgado Gurriarán e condenou “o xenocidio do pobo palestino por parte de Israel”.

Miguel Anxo Fernán Vello, gañador do VI Premio Florencio Delgado Gurriarán de Poesía - www.somoscomarca.es/articulo/oba...
Miguel Anxo Fernán Vello, gañador do VI Premio Florencio Delgado Gurriarán de Poesía
O autor de A porta da casa que se abre recolleu o galardón nunha gala benéfica celebrada no Teatro Lauro Olmo no Barco de Valdeorras 
www.somoscomarca.es
20.9.25 El Progreso
"Pode a Humanidade do s. XXI permitir a destrución total de Gaza —agora por vía terrestre— e ficar impertérrita diante do xenocidio que está a sufrir o pobo palestino? Pode a UE incumprir os valores que están no alicerce da súa existencia? A especie humana non debera consentilo"