APENFOGA
banner
apenfoga.bsky.social
APENFOGA
@apenfoga.bsky.social
Asociación Profesional de Enxeñería Forestal da Xunta de Galicia
O venres homenaxeamos a Ramón Rozadillas con motivo da súa xubilación.
Enxeñeiro forestal e presidente de Apenfoga durante 20 anos.
November 23, 2025 at 3:10 PM
Xornada sobre sanidade forestal en Galicia: pragas e doenzas das especies frondosas de interese forestal.
Impartida pola catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da @usc.gal María Josefa Lombardero Díaz.
November 18, 2025 at 10:42 PM
Xornada técnica:
"Manexo de produtos de teledetección derivados do inventario forestal continuo de Galicia"
Luns 24 de novembro de 2025 en Lugo
November 9, 2025 at 7:10 PM
"O sector forestal galego: retos, fortalezas e debilidades. O papel das frondosas".
Xornadas celebradas pola Real Academia Galega da Ciencias e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago.
Inscripción:
docs.google.com/forms/d/e/1F...
November 2, 2025 at 8:07 AM
Programa completo da Xornada os lumes que veñen (xestión forestal preventiva)
October 13, 2025 at 10:11 PM
Mañá, 27 de setembro, APENFOGA participa nunha mesa sobre os incendios forestais en Riós (Ourense).
September 26, 2025 at 8:09 AM
En APENFOGA pensamos que a Xunta de Galicia debe prorrogar a moratoria sobre novas plantacións de eucalipto ata que dispoña de información máis precisa e dote ao territorio da planificación necesaria para poder cumprir os obxectivos do Plan Forestal de Galicia.
September 23, 2025 at 2:45 PM
Logo dos devastadores incendios forestais das últimas semanas, cinco colectivos relacionados coa enxeñería forestal en Galicia contactamos para falar sobre a concepción do territorio e a súa ordenación.
September 10, 2025 at 1:44 PM
Hoxe iníciase a época de perigo alto de incendios en Galicia.
www.xunta.gal/dog/Publicad...
July 1, 2025 at 9:18 AM
Nos Distritos Forestais traballan:
➡️ Bombeiras/os forestais
➡️ Vixilantes e emisoristas
➡️ Operadoras/es codificadoras/es e administrativas/os
➡️ Axentes ambientais
➡️ Enxeñeiras/os forestais
June 28, 2025 at 10:35 AM
O PLADIGA asignalles aos Distritos Forestais a dirección das accións de extinción de incendios forestais e indica que coordinaran tódolos medios terrestres presentes na súa zona dende os centros de coordinación de distrito.
June 28, 2025 at 10:35 AM
Os Distritos Forestais exercen as funcións en materia de:

☑️ Xestión de montes 
☑️ Prevención e extinción de incendios forestais

en desenvolvemento das competencias da Consellería do Medio Rural.
June 28, 2025 at 10:35 AM
25 anos dos Distritos Forestais da Xunta de Galicia.

A partir do ano 2000, a zonificación do territorio a efectos de xestión forestal e prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia pasa a ser provincias, distritos forestais, demarcacións forestais e concellos.
June 28, 2025 at 10:35 AM
Tras o solsticio, dámoslle a benvida ao verán con esta refrescante fotografía tomada no Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Píllara das dunas Charadrius alexandrinus.
June 23, 2025 at 3:33 PM
O 6 de xuño celebramos unha asemblea de APENFOGA en Ourense. Nela, entre outros asuntos, elixiuse a nova composición do Consello Directivo da asociación.
June 15, 2025 at 12:13 PM
Varios/as compañeiros/as de
APENFOGA que exerceron a docencia ou a función directiva do CFEA de Sergude nos últimos anos, no 50 aniversario do centro #enxeñeríaforestal
May 18, 2025 at 10:54 AM
O lugar de Quián ofrece un marco incomparable para a ubicación do CFEA de Sergude.
Foto: www.edu.xunta.gal/centros/ceca...
May 18, 2025 at 10:54 AM
50 aniversario do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, Boqueixón.
#enxeñeríaforestal #forestal
May 18, 2025 at 10:54 AM
Os distritos forestais do Servizo de Prevención de Incendios Forestais organizan simulacros para adestrar a coordinación na extinción de incendios forestais.
April 17, 2025 at 9:18 AM
Que hacer si me encuentro un murciélago
secemu.org/recomendacio...
April 12, 2025 at 4:52 PM
Os días 26 e 27 de marzo celebrouse en Silleda (Pontevedra) o Workshop de incendios forestais e o simposio FIRE-RES dentro da Feira internacional de seguridade, defensa e emerxencias (Sedexpo).
March 30, 2025 at 8:40 AM
Hoxe estamos de celebración!
March 21, 2025 at 3:41 PM
Os instrumentos de ordenación e xestión forestal en Galicia.

Podes consultar o vídeo completo na nosa canle de YouTube:
youtube.com/@apenfoga?si...
March 17, 2025 at 9:20 PM
En Galicia, os montes propiedade de particulares ocupan 1,3 millóns de ha (63% da superf. forestal).
Estas propiedades caracterízanse pola súa fragmentación e atomización. A agrupación de propietarios para a xestión forestal conxunta é fundamental para o futuro do monte galego.
March 6, 2025 at 10:12 PM
Entre carballos e castiñeiros: xestión activa para producir madeira de calidade.
Lección do Prof. Dr. D. Roque Rodríguez Soalleiro, catedrático na Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela con motivo da festividade de San Tomé de Aquino.
January 27, 2025 at 10:15 PM