E. S. Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
@escolaconservac.bsky.social
42 followers 28 following 140 posts
https://escolaconservacion.gal/
Posts Media Videos Starter Packs
escolaconservac.bsky.social
Lembra! Hoxe estamos en #EDUGAL #Pontevedra, o sitio ideal para obter información de primeira man sobre a oferta formativa en #Galicia para convertirte en profesional da #conservación e #restauración de bens culturais.
escolaconservac.bsky.social
Ollo, estudantes! 📢 Este curso podedes optar ao premio á mellor redacción de TFE en galego. Animádevos a participar e facede do galego parte do voso proxecto final! ✨
escolaconservacion.gal/premio-tfe-e...
Premio TFE en galego 2025-2026
escolaconservacion.gal
escolaconservac.bsky.social
A nosa alumna Ángela Pereiro está de prácticas Erasmus+ no Irish Museum of Modern Art (IMMA), en Dublín. Colabora na exposición Art as Agency, traballando cunha obra de John Burke:
🎨 And if Because (c.1974)Aceiro pintado© The artist’s Estate🏛️ Colección do IMMA – Gordon Lambert Trust, 1992.
escolaconservac.bsky.social
Queres coñecer a oferta formativa da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia?
O 8, 9 e 10 de outubro estaremos no 14ª Salón de Educación e Formación de Galicia. Agardamos a túa visita!
escolaconservac.bsky.social
A nosa bibilioteca #UnhaBibliotecaParaAConservaciónDoPatrimonio medra tamén coas doazóns. Agradecemos á Fundación Laxeiro, á Fundación Pública de Artesanía de Galicia e ó Instituto de Estudios Zamoranos “Florián de Ocampo” o envío de publicacións que se incorporan xa á oferta do noso catálogo.
escolaconservac.bsky.social
Hoxe visitounos Pilar Fernández, directora da Biblioteca Pública Antonio Odriozola de #Pontevedra, que se achegou á Escola para coñecernos mellor xa que se incorpora á Comisión de biblioteca do centro.
Descubre o noso espazo de lectura, estudo e investigación!
escolaconservacion.gal/biblioteca/?...
escolaconservac.bsky.social
Xa está aberta a convocatoria para o programa de Pasantías de Posgraduado Getty 2026-2027! Para consultar a lista completa de oportunidades de pasantías dispoñibles, consulta lnkd.in/dtfa3hHW
LinkedIn
This link will take you to a page that’s not on LinkedIn
lnkd.in
escolaconservac.bsky.social
Onte recibimos na a Antonio Cardoso e a Ali Sadi de XpeCAM X02 para formar a profesorado e alumnado no uso da cámara multiespectral deseñada pola empresa. Muito obrigado pela sua ajuda!
escolaconservac.bsky.social
#novasdeconservaciónrestauración
Pinturas rupestres de Casaio atraen ás investigadores

Un equipo de restauradores consolida e limpa as pinturas rupestres de Palas de Cabras. A estudante da Escola Raquel González Calvo participa nesta campaña de traballo.
www.laregion.es/valdeorras/p...
Pinturas rupestres de Casaio atraen a los investigadores
Un equipo de restauradores consolida y limpia las pintruas rupestres de Palas de Cabras
www.laregion.es
escolaconservac.bsky.social
Sesión de acceso libre ó CURSO DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA. Inglés para a conservación e restauración de bens culturais. Martes 16 de setembro, ás 16.30 na Aula 3.13 da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
INFO: www.edu.xunta.gal/centros/eoip...
escolaconservac.bsky.social
Particular de Pontevedra-cidade- solicita profesional da conservación restauración para
2 mesas 57*42*58 tratamento biocida
1 cómoda 114*46*74 tratamento biocida
Mesa de coser Singer tratamento de madeira e metal
2 butacas 92*55*53 (tratamento biocida e retapizado)
Interesados contactar ó 636476869.
escolaconservac.bsky.social
Finalizado el acto de presentación, declaramos oficialmente iniciado el curso 2025-2026.

Empieza el juego!
escolaconservac.bsky.social
O próximo luns día 8 de setembro as 12h. terá lugar o inicio do curso 2025/26.

A totalidade do alumnado será recibido na “Aula Magna” (pola Facultade de Belas Artes, a man esquerda).

Esperamos a túa asistencia, pois recibirás toda a información sobre o funcionamento e organización da Escola!
escolaconservac.bsky.social
XULLO é o mes adicado por @acre-p8.bsky.social para destacar a CONSERVACIÓN RESTAURACIÓN DE ARQUEOLOXÍA E MUSEOS ARQUEOLÓXICOS. Por este motivo, hoxe lembramos esta peza romana de cerámica do Museo do Mar de Galicia, #Vigo, tratada por alumnado de conservación e restauración de bens arqueolóxicos.
escolaconservac.bsky.social
🤩Carmen e Inés continúan a estadía de Erasmus+ Prácticas no Museo Público de Cork City Council.
✍ Están a organizar a colección de pintura e fotografías do almacén, para facer unha catalogación básica, mellorar as embalaxes, o aproveitamento do espazo e as condicións de conservación preventiva.
escolaconservac.bsky.social
Comeza xullo e a @escolaconservac.bsky.social segue a traballar achegándose aos lugares que foron xérmolo na materias da CR de bens culturais. Unha das nosas docentes, Natalia F., no programa de mobilidade Erasmus + fará labor de investigación durante este mes de xullo na Universidade de Florencia.
escolaconservac.bsky.social
Onte fixemos unha festa homenaxe para Carmen Lorenzo e Cristina Montojo, profesoras que comezan unha nova etapa como xubiladas.
Estamos moi agradecidas pola infatigable labor desempeñada no centro, as dúas deixan unha importatísima pegada como docentes, equipo directivo e como compañeiras.
escolaconservac.bsky.social
No segundo cuadrimestre, as alumnas de 2º de Conservación e Restauración estiveron a realizar as súas prácticas de limpeza sobre distintos materias. Clara traballou nunha cantimplora de mimbre, limpando a superficie con distintos procedementos.