Fóra de Mapa
banner
forademapa.bsky.social
Fóra de Mapa
@forademapa.bsky.social
O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con María Sabarís @msabaris.bsky.social en Londres e Juan Vergara @dosdorei.bsky.social en Bruxelas
Hoxe Córsega celebra a Inmaculada Concepción, a patrona da illa e por tanto a festa di a nazione corsa.

En 1735, durante a rebelión contra a Rep. de Xénova, os corsos estableceron na súa revolucionaria constitución a data como festa nacional.
December 8, 2025 at 9:33 AM
En 🇮🇹 moitas linguas teñen a consideración legal e social (tamén entre os seus falantes) de dialectos. Por moito que estas linguas non veñan do italiano nin que se asemellen gran cousa a este idioma, como por exemplo 👇

De onde credes que son estes falantes?
December 7, 2025 at 9:33 AM
Entre outras medidas espérase que 🇫🇮 ratifique a Convención Internacional sobre os Pobos Indíxenas e Tribais (xa en vigor en 🇳🇴) ou unha estableza unha maior protección pros dereitos tradicionais dos sámi sobre a pesca e cría de renos nas súas terras.
December 5, 2025 at 11:37 AM
Hoxe en 1977, un ano antes de aprobarse a constitución en vigor, os xogadores do Celta saían ó campo portando a bandeira galega pra demandar un estatuto de autonomía.
December 4, 2025 at 8:49 AM
O uso da única lingua oficial do principado, o catalán, está a mellorar tanto nos fogares como nas rúas e lugares de traballo segundo as enquisas👇
December 3, 2025 at 8:53 AM
Hoxe é o día nacional de 🇷🇴 co que so conmemora a unión do país en 1918 coa incorporación de Transilvania e máis Besarabia e Bucovina.

A 1ª é até hoxe parte do estado romeno, Besarabia e o norte de Bucovina foron anexionadas pola URSS no 1940 e hoxe son parte de 🇲🇩e🇺🇦.
December 1, 2025 at 3:06 PM
O scots é a evolución do idioma anglosaxón chegado a Escocia logo das invasións bárbaras e o asentamento na illa desta poboación no séc. V.

Co tempo foi evoluíndo de maneira diferente ó inglés e a pesar de ser estigmatizado nos últimos séculos aínda é falado por 1´5M de escoceses
December 1, 2025 at 9:35 AM
O gaélico escocés é o idioma dos descendentes de irlandeses que cruzaron o mar pra se asentaren no noroeste de 🏴󠁧󠁢󠁳󠁣󠁴󠁿 nos séc IV-V, polo que é ben parecido ó idioma irlandés.

É falado por uns 50K escoceses (e algúns centos de canadianos) e 130K teñen certo coñecemento do idioma.
December 1, 2025 at 9:29 AM
Onte na Conference League xogaron o Drita de 🇽🇰e o Shkëndija de Tetova, a cidade máis albanesa de 🇲🇰. E va que foi unha festa de confraternización.

Mesmo cantaron Mora fjallë un himno dos afeccionados albaneses de 🇦🇱🇽🇰e 🇲🇰.

A relixión dos albaneses é o nacionalismo albanés.
November 28, 2025 at 12:07 PM
E tamén é certo que certos sectores da sociedade albanesa pretenden a anexión de territorios veciños poboados por albaneses en 🇽🇰🇲🇰🇷🇸🇲🇪pra lograr a Shqipëria e Madhe, a gran 🇦🇱.

Aínda que nos mapas esta abranga territorios de máis, onde xa non hai minoría albanesa ningunha
November 28, 2025 at 9:09 AM
Hoxe 🇦🇱 cumpre 113 anos. Xurdida no caos da 1ª guerra balkánica, o estado albanés tivo que facer moitos equilibrios durante anos pra sobrevivir como país independente e cunhas fronteiras relativamente amplas.

Durante décadas 🇬🇷🇮🇹 e 🇷🇸 pretenderon anexionarse anacos do país
November 28, 2025 at 9:03 AM
Se tendes unha hora pra visitar o centro de Razgrad, un dos símbolos principais é a mezquita de Ibrahim Pasha. Rehabilitada pola TIKA (esta axencia de cooperación e o poder brando 🇹🇷 dan pra outro fío)

Ós que vos gusten as telenovelas 🇹🇷 é capaz que coñezades a este gran visir otomán 😇
November 25, 2025 at 10:03 AM
Logo da independencia de 🇧🇬 a finais do séc XIX o estado tentou asimilar e/ou expulsar a esta poboación, que vía como pouco leal e unha quinta columna do inimigo histórico do pobo búlgaro.

Nos 1950s o réxime comunista tentou expulsar a ducias de miles de turcos a 🇹🇷
November 25, 2025 at 10:01 AM
Os turcos representan un 8% da poboación de 🇧🇬, uns 500K habs, e concéntranse en 2 rexións, no sur, na cordilleira do Ródope e máis no norleste, na rexión de Razgrad e Shumen.

Miles de turcos establecéronse no territorio da actual 🇧🇬 durante os 5 séculos de dominación otomana
November 25, 2025 at 10:01 AM
Pasado mañán o @rccelta.bsky.social xoga en Razgrad 🇧🇬 contra o Ludogorets. É posible que os que visitedes a cidade vos sorprenda atopar mezquitas nun país de maioría cristiá ortodoxa.

O certo é que o 48% da poboación da provincia de Razgrad é musulmá e de etnia turca.
November 25, 2025 at 10:00 AM
Hoxe hai xustamente 30 asinábanse os acordos de Dayton cos que se lograba a paz en 🇧🇦.

Unha paz fráxil, sen reconciliación entre serbios, croatas e bosníacos en moitos casos arrepentimento polos crimes cometidos e co que se creou a 🇧🇦actual, un estado capturado pola clase política de base étnica.
November 21, 2025 at 12:14 PM
Hoxe en 1991 remataba a batalla de Vukovar 🇭🇷, a maior en solo europeo desde a IIGM até a guerra de 🇺🇦.

O exército iugoslavo venceu de forma pírrica ás unidades da recentemente independizada 🇭🇷.

A cidade ficou en ruínas e a poboación croata (47% dos habitantes) foi expulsada.
November 18, 2025 at 9:01 AM
Este fin de semana hooligans de 🇷🇴 foron a 🇧🇦pra seguir a súa selección de fútbol. Polo camiño deulles por mostrar pancartas e cantar consignas xenocidas.

Curiosamente no partido 🇧🇦vs🇷🇴 Esmir Bajraktarevic un bosníaco de Srebrenica meteu o gol que confirmaba a victoria de 🇧🇦
November 16, 2025 at 8:54 AM
Hoxe, en 1944 a URSS executaban a deportación dos turcos de Meskhetia a Asia Central.

Esta minoría duns 100K vivía na actual 🇬🇪 e foi expulsada das súas terras porque ó Kremlin non lle prestaba ter turcos nesa rexión de fronteira.

Cando menos 12K morreron na deportación.
November 14, 2025 at 5:11 PM
Hoxe en 1660 asinábase o tratado de Llíviaco que a coroa 🇪🇸 cedía a 🇫🇷 as aldeas da Cerdanya alén dos Pirineos.

Cando os representantes de cadanseu monarca asinaron o tratado déronse conta que Llívia tiña o título de vila, quedando como un exclave rodeada de territorio 🇫🇷
November 12, 2025 at 9:10 AM
Por certo, o responsable da destrución da ponte, Slobodan Praljak, foi xulgado por isto e outros crimes de guerra e fíxose moi viral
November 9, 2025 at 8:38 AM
Hoxe hai 32 anos as forzas da separatista Rep. 🇭🇷 de Herzeg-Bosnia destruian a icónica ponte de Mostar. Nesa altura da guerra de 🇧🇦 as forzas croatas entraran en conflito coas bosníacas.

A ponte fora construída durante o dominio otomano do país no séc. XVI
November 9, 2025 at 8:35 AM
Hoxe en 1659 asinábase a Paz dos Pirineos, que puxo fin á guerra entre 🇫🇷🇪🇸 e fixo que territorios como a Catalunya Nord pasasen a 🇫🇷.

Dende entón, esta rexión catalanófona forma parte do estado 🇫🇷, e nas últimas décadas o uso do catalán caeu rapidamente até ~25% da poboación
November 7, 2025 at 9:24 AM
Logo da disolución de Iugoslavia e a independencia de 🇭🇷 o club comezou a reivindicar tamén o legado do HŠK Građanski e mesmo mudou de nome 2 veces nos 90 até o actual GNK Dinamo

Građanski nogometni klub Dinamo ou en galego Club de fútbol dos cidadáns (de Zagreb) Dinamo.
November 6, 2025 at 10:51 AM
A nova Iugoslavia non vía con bos ollos un club que competiu na liga do estado títere e pro-nazi 🇭🇷(1941-1945) e que era ligado ó nacionalismo 🇭🇷.

En 1945 refundouse como FD Dinamo perdendo por tanto esas connotacións políticas. O club chegou a gañar unha Copa de Feiras no 67
November 6, 2025 at 10:50 AM