IPsiUS
@ipsius.bsky.social
36 followers 36 following 34 posts
Instituto de Psicoloxía da @usc.gal https://www.usc.gal/es/investigar-usc/investigar/institutos-centros-investigacion/institutos/IPsiUS
Posts Media Videos Starter Packs
ipsius.bsky.social
A nosa compañeira Ana López Durán, investigadora do IPsiUS, participou onte como coordinadora do Servizo de Atención Psicolóxica ao estudantado da USC na xornada Saúde mental e mocidade. 🧠 Na súa intervención destacou a importancia de coidar o benestar do estudantado universitario. 💚
ipsius.bsky.social
A investigadora saínte do IPsiUS, Lorena Maneiro, gañadora dunha axuda Marie Curie, foi entrevistada por La Voz de Galicia sobre o seu proxecto Medra 🌱. Desde o IPsiUS desexámoslle moita sorte nesta nova etapa en Lisboa! ✨
ipsius.bsky.social
✨ Pechamos a semana da mellor maneira ✨
Hoxe contamos con Lucía Vicente Holgado, da Universidad de La Rioja, que nos ofreceu unha inspiradora charla sobre IA, decisións, sesgos e aprendizaxe. Grazas, Lucía, por compartir coñecemento e abrir novas perspectivas!
ipsius.bsky.social
Buscamos persoas voluntarias para participar nos nosos estudos.

Pregamos difusión!
ipsius.bsky.social
Ana Isabel Fernandes e Isabel Padrón, investigadoras do IPsiUS, asistiron ás XIV Xornadas da AIIDI en Madrid. Presentaron o póster «¿Son inmune ás emocións?», onde mostraron que as diferenzas no rasgo Responsabilidade poden influír na interacción entre gramática e emocións.
ipsius.bsky.social
📚 Hoxe tivemos formación sobre principios DORA e COARA e redacción curricular.

Grazas ás nosas compañeiras da Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación, María Quiroga e Lucía Cabezal, e tamén a Carmela Martínez e Marcos Dono, por guiarnos nunha sesión tan práctica e participativa! 🙌
ipsius.bsky.social
O investigador predoutoral Jorge Vacas García estivo a participar a semana pasada en Berlín na 16th European Society for Prevention Research (EUSPR) Conference and Members' Meeting presentando resultados sobre a prevención da recaída no consumo de tabaco.
ipsius.bsky.social
Esta semana tivemos a sorte de contar cunha formación moi especial! O noso coordinador da Unidade de Investigación, Marcos Dono, guiounos nunha sesión práctica sobre o software estatístico Jamovi, unha ferramenta fundamental para a análise de datos en investigación💡🔬
ipsius.bsky.social
Hoxe o coordinador de Transferencia do IPsiUS, David Facal, e a técnica de xestión, Samantha Barros, participaron nas Xornadas sobre Transferencia en Ciencias Sociais e Humanas da USC e RedOTC-CRUE. Un espazo de reflexión para impulsar a transferencia de coñecemento.
ipsius.bsky.social
A semana pasada, membros do IPsiUS (Neucoga-Aging e Benestar) participaron no ICON en Porto ✨. Presentaron un simposio sobre memoria e Alzheimer e pósters sobre estimulación non invasiva no deterioro cognitivo 🧠 e modulación da dor na memoria de traballo ⚡. Orgullo do noso equipo 💡🔬
ipsius.bsky.social
As investigadoras Nerea Llerena e Lorena Maneiro asistiron ao congreso EUSARF 2025, celebrado en Zagreb entre o 9 e o 12 de setembro, e que reúne a persoas expertas para debater sobre os avances de investigación, compartir boas prácticas e explorar solucións no coidado de crianzas e adolescentes.
ipsius.bsky.social
📢 Boas novas do IPsiUS! Varios grupos obtiveron axudas para consolidar unidades de investigación no Sistema Universitario de Galicia (SUG). O financiamento total rolda os 800.000 €, o que impulsará proxectos, fortalecerá a colaboración e consolidará ao IPsiUS como referente científico.
ipsius.bsky.social
O proxecto europeo INNOV4LIFE abriu unha convocatoria para validar solucións de saúde dixital en Living Labs da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. Dirixida a empresas e persoas emprendedoras, ofrece apoio técnico e visibilidade europea. A USC é socia do proxecto. Máis info: www.up.pt/innov4life
ipsius.bsky.social
Os investigadores predoutorais María Ramos, Jorge Vacas e Lois Míllara presentan en Romanía dous traballos na Conferencia SRNT-E 2025 sobre cesación do tabaquismo, nun proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

srnt-e.org/conference/2...
ipsius.bsky.social
🚀 O noso investigador Carlos Acuña Fariña publica "The Psycholinguistics of Words, Sentences and Discourse". Unha viaxe á mente humana para descubrir como procesamos a linguaxe, cun capítulo sobre IA. Un referente para a comunidade científica e académica. 👇
www.routledge.com/9781032958484
The Psycholinguistics of Words, Sentences and Discourse
The Psycholinguistics of Words, Sentences and Discourse introduces the way words, sentences and discourse live in the mind. Actual language use is about putting together words into syntactic frames th...
www.routledge.com
ipsius.bsky.social
O evento internacional Walking the Talk for Dementia contou con David Facal e Alba Felpete (IPsiUS) na organización. Alba presentou o proxecto @innov_4_life. Máis de 100 persoas de 25 países uníronse nunha camiñada e debates para fomentar colaboracións sobre a demencia.
ipsius.bsky.social
Arturo X. Pereiro e David Facal, desprazáronse un ano mais á conferencia #aaic25 (Alzheimers’ Association). En Toronto puideron presentar varios traballos do seu estudo de cohorte “Compostela Aging Study” (CompAS), e manter xuntanzas de traballo con colegas cos e coas que colaboran asiduamente.
ipsius.bsky.social
Benxamín Varela López defendió su tesis doctoral sobre conectividad funcional cerebral y reserva cognitiva en el envejecimiento saludable. El tribunal estuvo compuesto por J.J. González Rosa, E.G. López Caneda y S. Cid Fernández. Enhorabuena por este destacado logro académico.
ipsius.bsky.social
A USC será protagonista do evento internacional WTD 2025, que reunirá en agosto a 100 participantes de 25 países. A iniciativa inclúe camiñada e simposio, co apoio do Mestrado en Psicoxerontoloxía, e participación na organización de David Facal e Alba Felpete (IPsiUS). acortar.link/rqciTE
Explorar a demencia en todas as súas dimensións dende a experiencia persoal | Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela será novamente unha das protagonistas do evento internacional Walking the Talk for Dementia (WTD), que reunirá en agosto de 2025 cerca de 100 participantes de ...
www.usc.gal
ipsius.bsky.social
O Instituto de Psicoloxía (IPsiUS) celebrou con éxito o Obradoiro Galaico-Portugués sobre Reserva e Resiliencia en Deterioro Cognitivo no marco do proxecto INNOV4LIFE. Un encontro clave para avanzar na investigación sobre demencia. #INNOV4LIFE #IPsiUS #SaúdeMental
ipsius.bsky.social
O pasado xoves 3 de xullo despedimos o ciclo Ciencia Mensual no Alborada de Veiga con charlas de Natalia Bohórquez (Neucoga-Aging) e Lorena Maneiro (UNDERISK). Grazas a todas as persoas asistentes! Voltamos despois dun merecido verán ☀️ #CienciaMensual #IPsiUS
ipsius.bsky.social
Esta mañá asistimos ao EUniWell CAS Symposium no Centro de Estudos Avanzados, onde Narmeen Mallah presentou resultados preliminares do proxecto PSYSUB (acortar.link/NCyRxU) sobre o uso de substancias psicoactivas, financiado pola convocatoria 7th seed funding.
ipsius.bsky.social
O pasado 5 de xuño celebrouse a charla "Intervención para a sintomatoloxía depresiva e deterioro cognitivo asociado ao cancro de mama (ONCODEP)", impartida por Cristina Salgado Blanco, investigadora predoutoral do Grupo BENESTAR. Grazas pola vosa asistencia!
ipsius.bsky.social
Lucía Vieitez Portas, investigadora posdoutoral vinculada ao IPsiUS, presentou o póster “Are you immune to emotion? An ERP study on gender agreement processing” (xunto a Isabel Fraga, Isabel Padrón e Ana I. Fernandes) no XVII Symposium of Psycholinguistics na @ub.edu (Barcelona).