Abeiro
@abeiro.bsky.social
120 followers 130 following 1.3K posts
Asociación protección animal galega. Estamos en Compostela. CER e adopcións❤️🐈‍⬛❤️🐈
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
abeiro.bsky.social
Nunha ocasión na que a marea sacou á area da praia milleiros de estrelas de mar, unha muller comezou recoller todas as que podía para, unha a unha, devolvelas ao mar.
Alguén que a contemplaba, achegouse e díxolle: Por que te se molestas? Non paga a pena! Son milleiros, non poderás salvalas todas”
abeiro.bsky.social
Koshka, o noso gatiño noble e tranquilo, foi recentemente adoptado e xa se atopa no seu novo fogar ❤️
abeiro.bsky.social
Os pequenos Javi e Redondel seguen acollidos agardando fogar definitivo. Son moi carińosos e xa esqueceron os días nos que foron abandonados nunha caixa no lixo
abeiro.bsky.social
Unha vez que consigamos o obxectivo de evitar as mortes, e cos cans a salvo, pediremos responsabilidades ante determinadas actuacións irregulares que se levan vivindo no Refuxio de Bando. nesta e outras cuestións.
abeiro.bsky.social
URXENTE!!!!!
O padroado da fundación Refuxio de Animais vaise volver reunir por petición de Abeiro en coordinación co voluntariado do refuxio, e na nova sesión buscaránse alternativas ao sacrificio dos animais.
abeiro.bsky.social
Celtia, a nosa bonita panterińa xa està no seu fogar definitivo. A adopción salva vidas tan importantes coma a súa. Adopta sempre!
abeiro.bsky.social
Lupa é unha das gatińas máis bonitas que poidas imaxinar. Carińosa e moi doce, busca fogar permanente.
abeiro.bsky.social
Con esta situación tan lamentable que estamos vivindo esquecimos difundir que seguimos na campańa de Gadis.
En Santiago no Gadis de Vista Alegre e en Teo nos Tilos e nas Galanas.
Se este sàbado podes axudarnos facendo voluntáriado em Santiago escríbenos por favor
abeiro.bsky.social
Avisan da presenza desta gatiña na avda Castelao ( Santiago). Non temos avisos de extravíos e non é residente das colonias cercanas
abeiro.bsky.social
Precisamos a túa asistencia. Paremos entra tod@s o sacrificio dos cans sentenciados.
Ainda estamos a tempo!!
abeiro.bsky.social
Folerpa é o noso peque siamés redpoint en adopción. É moi tímido e cariñoso, un gatiño que busca familia definitiva.
abeiro.bsky.social
Cremos que unha profesional cunha visión tan allea ao benestar animal non pode ser a responsábel da saúde dos centos de animais abandonados de Bando, moitos deles moi traumatizados
Por iso pedimos o seu cese e reclamamos unha xestión baseada no respecto, a empatía e a protección real dos animais. 💚🐾
abeiro.bsky.social
Queremos unha sociedade baseada na empatía, educación e prevención, non na violencia nin na eliminación. Cada animal merece unha oportunidade para sandar, aprender e ser comprendido.
Igualmente condenamos a decisión de sacrificar outros cans que non morderon a ninguén, a proposta da veterinaria.
abeiro.bsky.social
Defendemos programas de reeducación e rehabilitación, con profesionais en etoloxía. Existen opcións viábeis que salvan vidas, preveñen incidentes e fomentan a convivencia harmoniosa.
A eutanasia só debe aplicarse por razóns médicas, baixo criterio veterinario, nunca por decisión política.
abeiro.bsky.social
Así como rexeitamos a pena de morte para as persoas, tamén dicimos con claridade: non é xusto aplicar a “pena de morte” aos animais. O sacrificio non resolve nada: só oculta os fallos dun sistema que non educa nin ofrece alternativas.
abeiro.bsky.social
✨ Non ao sacrificio, si á rehabilitación ✨

Expresamos a nosa oposición á decisión de sacrificar ao can que recentemente mordeu en Bando a un traballador, membro de Abeiro.
Os animais non son culpábeis: moitas veces actúan desde o medo, a dor ou experiencias traumáticas provocadas polo ser humano.
abeiro.bsky.social
Milo, noso gatiño bonito e bó, pasou ao fin polo vete operarse da boca, e foi adoptado por unha persoa que coñecemos desde sempre e que vive por e para os animais. Non podemos estar máis felices por ti, pequeno❤️
abeiro.bsky.social
Cluni segue medrando na súa acollida, e en breve poderá marchar coa família definitiva. Queres selo ti? Escríbenos hoxe
abeiro.bsky.social
Pídennos difusión para esta gatiña tan bonita que apareceu nunha das colonias de Bertamirán. Axudades à difundila?
abeiro.bsky.social
Marie e Berlioz estám acollidos xuntos, ao igual que a súa irmá Marie, son moi riquiños e cariñosos, e buscan familia permanente