Abeiro
banner
abeiro.bsky.social
Abeiro
@abeiro.bsky.social
Asociación protección animal galega. Estamos en Compostela. CER e adopcións❤️🐈‍⬛❤️🐈
Pinned
Nunha ocasión na que a marea sacou á area da praia milleiros de estrelas de mar, unha muller comezou recoller todas as que podía para, unha a unha, devolvelas ao mar.
Alguén que a contemplaba, achegouse e díxolle: Por que te se molestas? Non paga a pena! Son milleiros, non poderás salvalas todas”
Grisiña é unha gata que rescatamos da rúa. Estivo un tempo cunha patiña mal, polo que quedou con nós e, cando a esterilizamos, xa non puido volver á rúa. É unha gatiña preciosa, tigrada, boísima e moi cariñosa, pero non está tendo sorte e ninguén pregunta por ela.
January 22, 2026 at 9:54 AM
Bo día 💕
January 22, 2026 at 7:35 AM
Boa noite 🌙
January 21, 2026 at 9:27 PM
Morritos é un gatiño pequeno e precioso que temos en adopción. É moi simpático e cariñoso. Está esterilizado e buscamos para el un fogar definitivo. 🐱🐾
January 21, 2026 at 3:49 PM
Lar é outra das afortunadas abeirenses recentemente adoptadas.
Seguimos salvando vidas grazas ás vosas adopcións 💕
January 21, 2026 at 3:49 PM
Lola é unha preciosa gata atigrada, moi bonita e cariñosa. Está esterilizada, convive sen problema con máis gatos e busca unha familia definitiva. Se queres coñecela, escríbenos hoxe. 🐱💬
January 21, 2026 at 11:56 AM
Bo día 💕
January 21, 2026 at 8:23 AM
Boa noite 🌙
January 20, 2026 at 9:52 PM
O pequeno Neo xa atopou fogar. É un gatiño moi afortunado, xa que estivo pouco tempo difundido.
Seguimos buscando fogares para outros pequenos coma el. 🐾💙
January 20, 2026 at 5:02 PM
Tim é un pequechiño cariñoso, bonito e adorable que busca fogar.
Convive ben con outros animais e é moi boíño.
Precisa unha familia permanente que lle dea estabilidade e coidados.
Axúdasnos a atopar para Tim o seu fogar no mundo? 🏡
January 20, 2026 at 10:52 AM
Bo día 💕
January 20, 2026 at 7:33 AM
E Chincho atopou fogar ❤️. Estamos moi contentas, porque é unha adopción dunha amiga dun doble adoptante abeirense.
Se queres que sigamos rescatando gatiños tan riquiños coma el, axuda difundindo aos abeirenses en búsqueda de familias.
January 19, 2026 at 12:25 PM
Tom Sawyer é moi cariñoso, rescatado recentemente da rúa.
É boíño, sociable e adora a compañía. Busca unha familia definitiva que lle dea a estabilidade que nunca tivo.

Merece deixar atrás a rúa para sempre e coñecer o que é un fogar de verdade. 🏡🐾
Axúdasnos a atoparlle a súa oportunidade?
January 19, 2026 at 9:53 AM
Bo día 💕
January 19, 2026 at 9:03 AM
Boa noite 💤
January 18, 2026 at 8:31 PM
Pídennos axuda para sacar a Erik e Joker da rúa. Para Joker xa publicamos que precisamos un lugar onde tela despois da operación á que se ten que someter.

Ademais, Eric non o está pasando nada ben, e a persoa que o está a coidar tamén busca un fogar para el.
January 18, 2026 at 5:48 PM
Pepa é outra das fermosas gatas de pelo semilongo que temos en adopción. É unha gata preciosa, moi cariñosa e doce, á que lle encantan os mimos. Busca unha familia que lle dea o fogar e o cariño que merece para sempre. 🏡💕
January 18, 2026 at 9:51 AM
Bo día 💕
January 18, 2026 at 7:07 AM
🆘 ACOLLIDA URXENTE

É moi dócil e cariñosa, adora os mimos e o contacto humano
Nos próximos días vai ser operada por motivos de saúde, polo que non pode volver á rúa.

Precisa acollida temporal para a súa recuperación e, máis adiante, un fogar definitivo en adopción
Axúdasnos a cambiarlle a vida?
January 17, 2026 at 2:37 PM
Huckleberry Finn é un gatiño precioso, doce e moi cariñoso.
Ten un carácter boísimo, é sociable e busca un fogar permanente onde medrar seguro e querido.
Se queres darlle unha oportunidade, escribe hoxe🐾💛
January 17, 2026 at 10:00 AM
Bo día 💕
January 17, 2026 at 7:09 AM
Boa noite 💤
January 16, 2026 at 9:55 PM
🐾 Heidi é a terceira pequena recollida da colonia de Brión que estamos a esterilizar.
Como vedes, é preciosa, cun pelo semi-longo, pequeniña e moi riquiña.
Agora só lle falta o máis importante: unha familia e un fogar permanente 🏡💛
January 16, 2026 at 9:43 AM
Bo día ❤️
January 16, 2026 at 7:47 AM
Boa noite 💤
January 15, 2026 at 9:19 PM