Abeiro
@abeiro.bsky.social
120 followers 130 following 1.3K posts
Asociación protección animal galega. Estamos en Compostela. CER e adopcións❤️🐈‍⬛❤️🐈
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
abeiro.bsky.social
Nunha ocasión na que a marea sacou á area da praia milleiros de estrelas de mar, unha muller comezou recoller todas as que podía para, unha a unha, devolvelas ao mar.
Alguén que a contemplaba, achegouse e díxolle: Por que te se molestas? Non paga a pena! Son milleiros, non poderás salvalas todas”
abeiro.bsky.social
Cremos que unha profesional cunha visión tan allea ao benestar animal non pode ser a responsábel da saúde dos centos de animais abandonados de Bando, moitos deles moi traumatizados
Por iso pedimos o seu cese e reclamamos unha xestión baseada no respecto, a empatía e a protección real dos animais. 💚🐾
abeiro.bsky.social
Queremos unha sociedade baseada na empatía, educación e prevención, non na violencia nin na eliminación. Cada animal merece unha oportunidade para sandar, aprender e ser comprendido.
Igualmente condenamos a decisión de sacrificar outros cans que non morderon a ninguén, a proposta da veterinaria.
abeiro.bsky.social
Defendemos programas de reeducación e rehabilitación, con profesionais en etoloxía. Existen opcións viábeis que salvan vidas, preveñen incidentes e fomentan a convivencia harmoniosa.
A eutanasia só debe aplicarse por razóns médicas, baixo criterio veterinario, nunca por decisión política.
abeiro.bsky.social
Así como rexeitamos a pena de morte para as persoas, tamén dicimos con claridade: non é xusto aplicar a “pena de morte” aos animais. O sacrificio non resolve nada: só oculta os fallos dun sistema que non educa nin ofrece alternativas.
abeiro.bsky.social
✨ Non ao sacrificio, si á rehabilitación ✨

Expresamos a nosa oposición á decisión de sacrificar ao can que recentemente mordeu en Bando a un traballador, membro de Abeiro.
Os animais non son culpábeis: moitas veces actúan desde o medo, a dor ou experiencias traumáticas provocadas polo ser humano.
abeiro.bsky.social
Milo, noso gatiño bonito e bó, pasou ao fin polo vete operarse da boca, e foi adoptado por unha persoa que coñecemos desde sempre e que vive por e para os animais. Non podemos estar máis felices por ti, pequeno❤️
abeiro.bsky.social
Cluni segue medrando na súa acollida, e en breve poderá marchar coa família definitiva. Queres selo ti? Escríbenos hoxe
abeiro.bsky.social
Pídennos difusión para esta gatiña tan bonita que apareceu nunha das colonias de Bertamirán. Axudades à difundila?
abeiro.bsky.social
Marie e Berlioz estám acollidos xuntos, ao igual que a súa irmá Marie, son moi riquiños e cariñosos, e buscan familia permanente
abeiro.bsky.social
Pan, a nosa panteriña bonita e boa, ao fin atopou fogar. Unha persoa a quen non lle importaba adoptar un adulto deulle a oportunidade que tanto precisaba esta gatiña . Adopta un adulto, non te arrepentirás!
abeiro.bsky.social
Toulouse xoga coa paciencia infinita de Pisco. Esta gatiña bonita e simpática busca fogar permanente.
abeiro.bsky.social
Alivian a dor e a
inflamación. Favorecen a rexeneración de tecidos brandos e axuda en casos de dor muscular ou tendinite.
Tamén pode contribuír a diminuír a presión arterial e estabilizar o ritmo cardíaco. Temos seres extremadamente poderosos vivindo con nós! 🐈 🪄 💫
abeiro.bsky.social
Hai estudos que demostran que as frecuencias entre 15 e 150 H2 estimulan o crecemento e a reparación ósea. Ademáis, as vibracións do ronroneo teñen un efecto calmante sobre o sistema nervioso, inducindo estados de relaxación profunda.
abeiro.bsky.social
Os gatos producen o ronroneo a través de vibracións rítmicas no diafragma e a larinxe, xerando sons de baixa frecuencia que oscilan entre os 15 e
40 Hz, aínda que algúns alcanzan ata 125 Hz.O sorprendente é que estas frecuencias non só relaxan: tamén curan.
abeiro.bsky.social
Ademais de ser o noso son favorito, o ronroneo dos gatos é profundamente terapéutico. Este suave zumbido felino é unha das maravillas bioacústicas máis fascinantes da natureza.
abeiro.bsky.social
Teto, o noso peque rescatado da rúa, foi adoptado por unha familia xa adoptante de Abeiro. Como nos gustan as familias reincidentes! Feliz vida, pequeno❤️
abeiro.bsky.social
Lupa e Ana Manana son nai e filla recollidas da rúa. Eran dous peques máis, xa adoptados, e estas preciosas gatiñas agardan ter a mesma sorte.
Lupa ( a nai) é unha gatiña adorable e moi cariñosa, a pequena é moi boa pero máis tímida. Oxalá adopción conxunta, están moi unidas e van sempre xuntas.
abeiro.bsky.social
Levabamos meses detrás deste gatiño. É residente dunha das nosas colonias, e ao fin foi capturado.
Non nos gustaría ter que soltalo xa que corre perigo, cruza a estrada constantemente, e a súa irmá morreu atropelada hai uns meses. Podes acollelo ou adoptalo?
abeiro.bsky.social
Outro pequeno recén rescatado. De momento ten que ir ao vete para primeira revisión e coidados.
Por favor, esterilizade! Isto ten que deixar de seguir sucedendo
abeiro.bsky.social
Seguimos até o 11 de outubro.
Podes colaborar con Abeiro deixando doazóns de comida, produtos de limpeza, area, desparasitantes etc. Búscanos en Santiago e en Teo nos Gadis de:
En Santiago:
Vista Alegre
En Teo:
As Galanas
Os Tilos
Moitas grazas a Gadis por axudanos un ano máis.