Abeiro
banner
abeiro.bsky.social
Abeiro
@abeiro.bsky.social
Asociación protección animal galega. Estamos en Compostela e Teo. CER e adopcións❤️🐈‍⬛❤️🐈
Boa noite 🌙
February 9, 2026 at 8:43 PM
Fuyi perdido na madrugada do sábado ao domingo na zona do pazo de la peregrina, en Bertamiráns. Escapou do coche cando iban ir a unha casa e non coñece a zona. Sem castrar e sen chip. Avisa se o ves porque é moi medoso e non se deixa coller
February 9, 2026 at 2:43 PM
Unha das principais causas de morte nos gatos domésticos é a Insuficiencia Renal Crónica.
Non é unha coincidencia: é unha consecuencia dun erro de deseño na súa dieta moderna.

Os gatos evolucionaron no deserto (os seus antepasados son africanos).
February 9, 2026 at 11:44 AM
Enia, esta fermosa filla do Sol, foi recentemente rescatada da rúa. É tan,l boa que non foi necesario usar trampa nin transportín, collímola no colo… e xa veu ronroneando
Non ten chip e ninguén a reclamou, en 10 días poderá entrar en adopción e buscar o fogar que merece

Unha auténtica xoia
February 9, 2026 at 10:37 AM
Bo día ❤️
February 9, 2026 at 7:55 AM
Para os gatos, as casas de acollida son seus fogares.
Por iso, ante unha solicitude de adopción onde a acollida nos di que non quere que marche, priorizamos ese vínculo. Porque para o gato non hai cambio ningún: queda onde xa é feliz.
No caso de Pía, o final foi exactamente ese 💚
February 8, 2026 at 3:25 PM
Non se pode perder a esperanza… rescatamos esta parelliña de bebés e hoxe, case 5 anos despois, Sil e Eume atopan família definitiva.
##rescateanimal🐱🐕 ##adoptaesalvavidas ##adoptaungatorescatado #adopta1gatorueiro ##adoptagatos
February 8, 2026 at 10:57 AM
Xinzo busca adopción.
É un gatiño novo, san e moi cariñoso, xoguetón pero tranquilo, sociable e moi próximo ás persoas. Encántanlle os mimos, o xogo e estar sempre onde hai vida.

Buscamos para el un fogar definitivo, tranquilo e con persoas que gocen dun gato cariñoso e especial.

Axúdasnos?
February 8, 2026 at 9:43 AM
Bo día 💕
February 8, 2026 at 7:22 AM
Tippy é outro dos gatiños recentemente esterilizados que vive nunha colonia de Teo.

Seguimos controlando as colonias grazas ao apoio do Concello de Teo e ao inmenso traballo do voluntariado, fundamental para garantir o benestar dos gatos comunitarios.
February 7, 2026 at 11:43 AM
Xana é unha fermosa atigrada de ollos verdes que busca familia. É moi cariñosa e mimosa, gústalle o contacto humano e desfrutar dos mimos. Buscamos para ela un fogar permanente no que se sinta segura, querida e poida vivir tranquila para sempre. Queres darlle esa oportunidade?🐾💚
February 7, 2026 at 9:41 AM
A fermosa abeirense Petunia deséxavos bo día 💕
February 7, 2026 at 7:02 AM
Invisíbel na rúa, enferma, triste e sen esperanza.
Así estaba Joker.

Pero houbo persoas que non se renderon e decidiron actuar cando todo parecía perdido. Grazas a elas, hoxe esta gatiña rueira xa non é invisíbel: ten coidados e, por primeira vez, ten unha oportunidade.#rescateanimal🐱🐕
February 6, 2026 at 7:31 PM
⚠️ AVISO ⚠️
Dínnos que perto do centro comercial As Cancelas foi visto un beagle cruzando a rúa. Pode estar perdido e comentan que está moi delgado.

Se alguénten información ou pode axudar a localizalo, avisade da zona na que foi visto canto antes.
➡️ Pregamos difusión, por favor
February 6, 2026 at 2:59 PM
Natalia é outra das gatiñas que atopou fogar recentemente. Seguimos rescatando gatos da rúa, polo que cada adopción é fundamental para poder salvar máis vidas.
February 6, 2026 at 1:02 PM
Tito e Anita son residentes nunha das nosas colonias, dous invisíbeis que xa gañaron o seu dereito a ter un fogar. Son moi bos, e Tito é especialmente cariñoso e parlanchín, sempre disposto a pedir mimos e atención. Merecen unha oportunidade para deixar a rúa atrás e coñecer o que é vivir nun fogar
February 6, 2026 at 9:31 AM
Alégranos profundamente a volta do voluntariado ao Refuxio de Bando, tras unha expulsión inxusta que nunca debería terse producido. Esta readmisión supón un paso imprescindible para recuperar un funcionamento baseado no respecto, na participación e no benestar dos animais.
February 6, 2026 at 8:10 AM
Bo día 💕
February 6, 2026 at 7:45 AM
Boa noite 🌙
February 5, 2026 at 9:17 PM
Lola, a fermosa e simpática atigrada, atopou fogar definitivo.
Seguimos buscando familias para todos os abeirenses que temos baixo o noso coidado.
February 5, 2026 at 2:00 PM
Grisiña é unha das nosas fermosas atigradas en adopción. É unha gatiña perfecta: cariñosa, tranquila e con moitas ganas de compartir a súa vida cunha familia. Só precisa unha oportunidade, un fogar no que sentirse segura e vivir feliz para sempre. Queres coñecela?
February 5, 2026 at 9:59 AM
Alguén pode traer a Santiago ou Teo a Sil e Eume? Están acollidos na Serra de Outes e atopamos fogar para eles. Se podes traelos escríbenos❤️
February 5, 2026 at 9:06 AM
Bo día 💕
February 5, 2026 at 9:05 AM
Coco é outro dos fermosos residentes da colonia, castrado grazas ao apoio do Concello de Teo

Actuacións coma esta son fundamentais, pero non poden recaer unicamente no voluntariado. É imprescindible que os concellos asuman a xestión do CER para poñer fin á situación de milleiros de gatos sen fogar.
February 4, 2026 at 1:19 PM
Pequeno é un dos nosos residentes en colonia. Xa sabedes que, para nós, a única diferenza entre un gato rueiro e un con fogar é ter unha familia disposta a darlle unha oportunidade.
Este fermoso gatiño merece toda a sorte do mundo, porque é un ser adorábel e especial.
February 4, 2026 at 9:37 AM