Carmen de Milmanda
@carmendemilmanda.bsky.social
360 followers 500 following 690 posts
(eu/son) proxecto poético. a medio camiño entre rosalía de castro e kurt cobain. meus poemas + miñas fotos e debuxos. afirmo: "a poem a day keeps the doctor away" poetry cinema photo drawing "Os mil e un días" (Xerais, 2023)
Posts Media Videos Starter Packs
carmendemilmanda.bsky.social
todo
o que. temos que ignorar
para nos concentrar
no que podemos tratar

todo
o que temos que sentir
para descubrir
todo o que significa vivir
Reposted by Carmen de Milmanda
xerais.bsky.social
@carmendemilmanda.bsky.social falará sobre o seu poemario Os mil e un días o vindeiro luns na Biblioteca Fórum da Coruña.
carmendemilmanda.bsky.social
que esgotador
vivir
que esgotador
ter que subir
para despois baixar,
baixar
para despois subir
vivir 
para despois calar
calar 
para poder seguir
carmendemilmanda.bsky.social
lRamón Lamote, un dos meus máis queridos personaxes das ketras galegas.
Grazas a Paco Martín. 🩵🩵🩵
realacademiagalega.bsky.social
📍⏰ Agardámosvos o mércores 15 de outubro de 2025 ás 17:30 h no Círculo das Artes de Lugo con Paco Martín, Isabel Soto, Lois Pérez e Alejandro Tobar e a música de Branca Villares🎼
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
carmendemilmanda.bsky.social
sempre puxemos
o ceo aló enriba,
lonxe dos nosos pés
e da gravidade
que nos ata á vida
carmendemilmanda.bsky.social
Amores de época.
O “Hola”
dos mentideiros literarios. 😉
carmendemilmanda.bsky.social
Dentro dunha semana espero (esperamos) vervos!🩵
carmendemilmanda.bsky.social
Hoxe é o Día das Escritoras.🥰

Enid Blyton e María Gripe foron das primeiras que lin e moitas horas pasaron acompañándome, coma Murdoch.

Rosalía será sempre a primeira poeta. 

Agora moitas mulleres escribimos. Como ten que ser.

Oxalá honrar ás que nos precederon.
carmendemilmanda.bsky.social
Prezado Alvite:
Hoxe non cumpres anos, pero poderías, e eu sigo lembrando a velocidade á que eramos quen de consumir os cigarros e a vida, fronte a fronte no xornal.
Como ti ben dicías, "turnándonos" para tusir.
Sempre na memoria, compañeiro.
carmendemilmanda.bsky.social
mesmo cando voamos
pomos marcos
e pomos marcos
nos anos
e pexamos os nosos soños,
nacen xa rebaixados
carmendemilmanda.bsky.social
almacenar
así o veràn

como meter
unhas fotos nun caixas de zapatos
e esperar
que nos apreten nin nos manquen
carmendemilmanda.bsky.social
Eladio y los seres queridos. 🩵
No Riquela.
carmendemilmanda.bsky.social
o marmelo
do sol

o sol
que fabricou o marmelo

e xa non hai avoas
que fagan maxia
e convirtan en doce
a súa vontade amarga
carmendemilmanda.bsky.social
O azar que nos goberna e as relacións entre fillos e pais.
Que película! Por máis tempo que pase e máis veces que a vexa sempre me fascinará. 🩵
carmendemilmanda.bsky.social
xa non enxergamos
sombreiros
e menos aínda boas que merendan elefantes
nos debuxos desfeitos

agora
o que vemos
son tan só
feridas no cemento
carmendemilmanda.bsky.social
ás veces
carrar pedras
é o único síntona
de que estamos vivos
carmendemilmanda.bsky.social
seguen os amenceres
no mundo
e aínda que pareza ousadía
aguantan as estrelas no ceo
e resiate a poesía
carmendemilmanda.bsky.social
debaixo
das pedras

todo ese mundo que prospera
malia que non digamos
nada

debaixo
do ar

todo eses soños que medran
mentres alguén de nós
soñar
carmendemilmanda.bsky.social
ás veces
confundimos o reflexo
coa realidade
e a realidade
co reflexo

ás veces
confundímonos
con outro
nós mesmos
carmendemilmanda.bsky.social
Sirgo.

A Pousada da Galicia Imaxinaria

💙💙💙