Xerais
@xerais.bsky.social
400 followers 80 following 360 posts
#Xerais (Desde 1979) Editora en lingua galega. Facendo historia(s).
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
xerais.bsky.social
🥳 Xa temos gañadoras dos Premios Xerais 2025!
📕Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino, XLII Premio Xerais de Novela
📕Erin e o lobo, de Érica Esmorís, XL Premio Merlín
📕O corvo sobre a neve, de Andrea Maceiras, XVII Premio Jules Verne
www.xerais.gal/noticia/abri...
xerais.bsky.social
🚢A libraría Nobel de Pontevedra acolle o vindeiro luns a presentación da novela A lei do mar, de @manuelesteban.bsky.social.
O autor estará acompañado polo escritor Diego Giráldez.
xerais.bsky.social
Xa temos data para a presentación conxunta dos Premios Xerais 2025!
Vémonos o 21 de outubro na Libraría Pedreira de Santiago de Compostela. 👇
@franalonso-gal.bsky.social
xerais.bsky.social
Ola a todxs!😊

Que autor/a de Xerais descubristes este ano e agora estades obsesionadxs?

Queremos saber!😉
xerais.bsky.social
@carmendemilmanda.bsky.social falará sobre o seu poemario Os mil e un días o vindeiro luns na Biblioteca Fórum da Coruña.
xerais.bsky.social
O Concello de Fornelos de Montes ten aberto o prazo de recepción de orixinais para o Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía. Estará aberto ata o 30 de novembro 👇
fornelos.gal
xerais.bsky.social
Aquí tedes un resumo do que foi a entrega dos Premios Xerais.

Nós estamos moi felices pola marabillosa mañá do sábado, que estivo chea de emoción, recoñecemento e orgullo compartido.

Parabéns a Abril Camino, Andrea Maceiras e Érica Esmorís unha vez máis!
Reposted by Xerais
farodevigo.es
A gran festa da literatura galega, en feminino

📚 Vigo acolleu a entrega dos Premios @xerais.bsky.social, marcada polo 40 aniversario do Premio Merlín, unha homenaxe ás cantareiras e os discursos das protagonistas: Érica Esmorís, Abril Camino e Andrea Maceiras

✍️ Vía @sertalc.bsky.social
A gran festa de Xerais, en feminino
Vigo acolleu a entrega dos Xerais, marcada polo 40 aniversario do Premio Merlín, unha homenaxe ás cantareiras e os discursos das protagonistas: Érica Esmorís, Abril Camino e Andrea Maceiras, quen mali...
www.farodevigo.es
xerais.bsky.social
@antoniomfraga.bsky.social  presenta en Redondela Askja, a novela coa que acadou o Premio Pinto e Maragota pola Diversidade Sexual e de Xénero. Estará acompañado pola escritora e xornalista Carolina Sertal 👇
xerais.bsky.social
Claudia Castro presenta este venres o seu poemario infantil 'Seis leiras e un piano' en Teo 👇
Poemas cheos de sentimento, ritmo e luz, para seren lidos en voz alta e tamén para reflexionar sobre o fondo que gardan.
xerais.bsky.social
Abril Camino presenta a súa novela 'Mulleres que viven xuntas' o próximo venres na Coruña. O libro acadou o XLII Premio Xerais de Novela.
Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.
Reposted by Xerais
miguelgcia-fdez.bsky.social
Hoxe toca ir de festa literaria, pois é a entrega dos Premios @xerais.bsky.social!!! Así que felicidade total. E máis cando este ano as mulleres fixeron pleno: Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Abril Camino!!!
xerais.bsky.social
Hoxe é o #Díadasaúdemental e queremos recomendarche este libro que, cun extraordinario sentido do humor, pero tamén con delicadeza, aborda o tema da saúde mental, da autoesixencia e da ansiedade na sociedade actual. Un libro que nos lembra que está ben non estar sempre ben.
xerais.bsky.social
Falamos con Érica Esmorís, a gañadora do XL Premio Merlín!

Érica contounos o que significou para ela gañar este premio, como xurdiu  a historia de "Erin e o lobo" e a mensaxe que se agocha tras as páxinas desta emocionante historia.
xerais.bsky.social
Aínda non lestes Onde nacen as bestas? 
O seu autor estará en Betanzos a próxima semana para falar de lobos, lobishomes, sacaúntos... 👇
xerais.bsky.social
Entre o realismo máxico e a dúbida constante de canto é froito da memoria, Diego Giráldez guía os nosos pasos a través dun relato cargado de sensibilidade pero tamén de frescura.
@diegogiraldez.bsky.social presenta As obras póstumas en Lugo 👇
xerais.bsky.social
🧶 @mariabesteiros.bsky.social  presenta Ítaca en Vigodepapel a próxima semana. 
A novela relata a desesperación dunha nai que vive por inercia e que se sente incapaz de actuar e decidir. Finalista do Premio Xerais de Novela.
xerais.bsky.social
Seguimos celebrando as 40 edicións do Premio Merlín!

O PM é un galardón que dende hai catro décadas recoñece as mellores historias pensadas para nenos e nenas.

Como di @lediciacostas.bsky.social , queremos 40 anos máis do Premio Merlín

Grazas por formar parte.

 Imos por máis?
xerais.bsky.social
Este sábado celebramos a festa de entrega dos Premios Xerais e podes seguila a través das redes 👇
xerais.bsky.social
Andrea Maceiras, @antoniomfraga.bsky.social e Miguel García Fernández falan do Premio Merlín como un referente da LIX galega.

Con que Premio Merlín quedades?😊
xerais.bsky.social
Falamos con Andrea Maceiras, a gañadora do Premio Jules Verne 2025!

Andrea Maceiras contounos todo o que a literatura significa para ela e como trasladou este amor polos libros á súa historia. De feito, considera que "O corvo sobre a neve" é unha homenaxe aos clásicos da LIX xuvenil.
xerais.bsky.social
Falamos con Abril Camino, a gañadora do XLII Premio Xerais de Novela!

Abril revelounos como ideou a estrutura desta novela, a importancia da loita LGBT e da alegría que sentiu ao recibir este premio.
xerais.bsky.social
REMATOU A ESPERA!

3 escritoras
3 historias
3 gañadoras dos Premios Xerais

OS PREMIOS XERAIS XA SON VOSOS!