Xerais
@xerais.bsky.social
400 followers 80 following 340 posts
#Xerais (Desde 1979) Editora en lingua galega. Facendo historia(s).
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
xerais.bsky.social
🥳 Xa temos gañadoras dos Premios Xerais 2025!
📕Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino, XLII Premio Xerais de Novela
📕Erin e o lobo, de Érica Esmorís, XL Premio Merlín
📕O corvo sobre a neve, de Andrea Maceiras, XVII Premio Jules Verne
www.xerais.gal/noticia/abri...
xerais.bsky.social
Entre o realismo máxico e a dúbida constante de canto é froito da memoria, Diego Giráldez guía os nosos pasos a través dun relato cargado de sensibilidade pero tamén de frescura.
@diegogiraldez.bsky.social presenta As obras póstumas en Lugo 👇
xerais.bsky.social
🧶 @mariabesteiros.bsky.social  presenta Ítaca en Vigodepapel a próxima semana. 
A novela relata a desesperación dunha nai que vive por inercia e que se sente incapaz de actuar e decidir. Finalista do Premio Xerais de Novela.
xerais.bsky.social
Seguimos celebrando as 40 edicións do Premio Merlín!

O PM é un galardón que dende hai catro décadas recoñece as mellores historias pensadas para nenos e nenas.

Como di @lediciacostas.bsky.social , queremos 40 anos máis do Premio Merlín

Grazas por formar parte.

 Imos por máis?
xerais.bsky.social
Este sábado celebramos a festa de entrega dos Premios Xerais e podes seguila a través das redes 👇
xerais.bsky.social
Andrea Maceiras, @antoniomfraga.bsky.social e Miguel García Fernández falan do Premio Merlín como un referente da LIX galega.

Con que Premio Merlín quedades?😊
xerais.bsky.social
Falamos con Andrea Maceiras, a gañadora do Premio Jules Verne 2025!

Andrea Maceiras contounos todo o que a literatura significa para ela e como trasladou este amor polos libros á súa historia. De feito, considera que "O corvo sobre a neve" é unha homenaxe aos clásicos da LIX xuvenil.
xerais.bsky.social
Falamos con Abril Camino, a gañadora do XLII Premio Xerais de Novela!

Abril revelounos como ideou a estrutura desta novela, a importancia da loita LGBT e da alegría que sentiu ao recibir este premio.
xerais.bsky.social
REMATOU A ESPERA!

3 escritoras
3 historias
3 gañadoras dos Premios Xerais

OS PREMIOS XERAIS XA SON VOSOS!
xerais.bsky.social
40 EDICIÓNS DO PREMIO MERLÍN

Gañadorxs e membros do xurado do Premio Merlín falan sobre este galardón e a súa achega á literatura infantil galega.

Todos coinciden nunha cousa: o Premio Merlín é historia, cultura e sementa ilusión e amor pola lectura na rapazada.
xerais.bsky.social
Abril Camino acadou o Premio Xerais de Novela por Mulleres que viven xuntas, unha novela tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.
Así fala a autora da súa obra, que chega mañá ás librarías 👇
www.xerais.gal/noticia/e-xu...
"É xusto que recoñezamos a loita de xeracións anteriores""É xusto que recoñezamos a loita de xeracións anteriores"
Entrevista a Abril Camino, Premio Xerais de Novela
www.xerais.gal
xerais.bsky.social
«Elba convertérase en personaxe dunha historia aínda sen escribir. 
Isto podía resultar fatal porque, como todo o mundo sabe, os contos que non teñen final feliz están destinados ao esquecemento».

"O libro de Borboligón" de Elena Gallego Abad e ilustrado por Chus Rojo.
Reposted by Xerais
manuelesteban.bsky.social
O mércores día 1 de outubro, no Museo Massó de Bueu, con Pedro Feijoo e Sara Vila.
A verdade é amarga coma auga de mar, pero por dicir a verdade nunca se pecou.
#aleidomar
xerais.bsky.social
Unha historia impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais. Unha bengala de auxilio que estala nas conciencias como sal nas feridas.

@manuelesteban.bsky.social
xerais.bsky.social
Nun verán marcado polos incendios en Galicia, este libro de máxima actualidade convida a reflexionar sobre as causas sociais, políticas e culturais destes lumes e propón repensar a nosa relación co bosque🪵🔥
Reposted by Xerais
manuelesteban.bsky.social
Isto será mañá. En Vigodepapel, ese sitio mitolóxico onde se xuntan ducias de persoas para falar cos escritores.

Vide, aínda que só sexa para poder dicir, dentro duns anos: "eu estiven en Vigodepapel cando só era unha pequena libraría do Calvario".
xerais.bsky.social
@manuelesteban.bsky.social presenta o vindeiro venres a súa novela 'A lei do mar' en Vigodepapel. Unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais 👇
xerais.bsky.social
«Sempre tiven fama de mentireira e si que durante un tempo "adaptei a realidade" para que traballase no meu favor. Pero, dime, quen non o faría?»😉

"Esta é a miña historia e terás que crela" de Érica Esmorís.
xerais.bsky.social
Preguntiña da semana!😊

Cal dos nosos libros vos atrapou desde a primeira páxina?
xerais.bsky.social
Samuel Merino presentará o vindeiro mércores o seu poemario Manual de camuflaxe, Premio Lueiro Rey de Poesía. En Librouro 👇
xerais.bsky.social
O vindeiro mércores, en Bueu...
👇 @manuelesteban.bsky.social
xerais.bsky.social
"Vista chinesa" é unha novela audaz que relata a historia dunha supervivente da violencia sexual.

A autora tece esta historia con sensibilidade e delicadeza, ao tempo que mostra unha forza sobrecolledora.