Código Cero
@codigocero.com
310 followers
110 following
3.4K posts
Revista de novas tecnolóxicas de Galicia
https://codigocero.com
Posts
Media
Videos
Starter Packs
Código Cero
@codigocero.com
· 14h
Facebook recupera o seu servizo de ofertas de emprego nos EE.UU.
Facebook retirou en febreiro de 2023 a posibilidade de que os donos de negocios anunciasen ofertas de emprego (algo que podían facer dende 2017 dende EE.UU. e Canadá) e agora sorprenden co anuncio do regreso das ofertas de emprego a través dunha nova ferramenta que permitirá a mozos e adultos atopar traballos de nivel inicial e oportunidades laborais locais directamente en Facebook. As publicacións estarán dispoñibles para todos os usuarios maiores de 18 anos nos Estados Unidos e poderán consultarse en diferentes espazos da plataforma, como Marketplace, grupos e páxinas de empresas.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 15h
Google amplía o alcance da súa tecnoloxía de edición fotográfica mediante IA
Google está a ampliar o alcance do seu modelo de xeración e edición de imaxes máis recente, Nano Banana, desenvolvido a partir de Gemini 2.5 Flash. Desde o seu lanzamento en agosto, a ferramenta xa se empregou para crear máis de cinco mil millóns de imaxes, e agora intégrase directamente no buscador de Google, en NotebookLM e, nas vindeiras semanas, tamén en Google Fotos.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 15h
Apple TV+ muda lixeiramente de nome
Apple anunciou hoxe que a súa produción F1: La película, tras converterse en todo un éxito nas salas cinematográficas e estar tamén dispoñible para o mercado doméstico en formato de compra dixital, vai chegar finalmente ao seu servizo de vídeo mediante subscrición.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 17h
O CEI-NODUS reforza o emprendemento lucense coa incorporación de oito novos proxectos
O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI-NODUS) segue a apostar polo talento e a creatividade lucense, e faino sumando no Viveiro de Empresas municipal oito novos proxectos emprendedores, que, en palabras do Concello, “representan a diversidade e a vitalidade do ecosistema económico da cidade”.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 18h
AMTEGA convoca 2.456 prazas para obter a certificación ComDix nivel Intermedio
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) convocou 2.456 prazas de carácter libre para obter a certificación galega en competencias dixitais no nivel intermedio (ComDix Intermedio). As inscricións poden realizarse desde mañá e ata o vindeiro 27 de outubro incluído, a través da Rede CeMIT.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 18h
Os estudantes universitarios poden gozar dun ano de balde do plan Google AI Pro
Google anunciou unha nova iniciativa coa que pretende achegar a súa tecnoloxía de IA ao estudantado universitario de España sen custo económico. Ofrece de balde durante un ano o plan Google AI Pro, que permite acceder ás versións máis avanzadas das súas ferramentas de IA, incluído o modelo Gemini 2.5 Pro, co obxectivo de que os estudantes poidan mellorar a súa creatividade, afondar nas súas aprendizaxes e prepararse para o mercado laboral do futuro.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 21h
PremiumFiber será a empresa de fibra óptica froito da colaboración entre MasOrange e Vodafone
MasOrange, Vodafone España e o fondo soberano de Singapur GIC presentan PremiumFiber, a nova marca coa que operará a maior compañía de fibra óptica do Estado, froito do acordo alcanzado entre as tres entidades o pasado mes de agosto. A empresa aspira a converterse no socio tecnolóxico de referencia para todos os clientes, ofrecendo un servizo de calidade superior.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 21h
O CINBIO promove a visibilidade das mulleres científicas galegas na Wikipedia
Sobre a base das carencias da Wikipedia en materia de xénero, con menos do 25% das biografías publicadas correspondendo a mulleres (unha fenda de xénero que se acentúa especialmente no ámbito científico) celebrouse na UVigo a sexta edición da xornada Falemos de Ciencia en Igualdade, organizada polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) e celebrada o pasado venres 10 de outubro no espazo INCUVI do Campus de Vigo.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 22h
A Tecnópole de Ourense acollerá o XIX Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos
O Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole vén de participar no XVIII Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos, celebrado en Évora (Portugal) baixo o lema Novos Mundos Imersivos. O evento estivo organizado polo Parque do Alentejo de Ciência e Tecnologia, a rede portuguesa TecParques e a Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España (APTE). Durante tres días reuniu a representantes de parques, institucións e empresas de ámbolos dous países para impulsar a colaboración transfronteiriza en innovación e desenvolvemento tecnolóxico. A vindeira edición da cita, a XIX, celebrarase na sede da Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense).
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 22h
Santiago volve convocar os Bonos Corazón para mercar con descontos a través dos móbiles
O Concello de Santiago convocou unha nova edición (a de 2025) dos Bonos Corazón Compostela, á que xa se poden adherir os establecementos comerciais e hostaleiros interesados en participar a partir de hoxe luns 13 de outubro, e os bonos estarán dispoñíbeis para a súa descarga desde o xoves, 16 de outubro.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 23h
Baralla pecha fileiras cos concellos que reivindican os seus nomes de lugar a través da aplicación Toponimízate
A comarca dos Ancares está sendo un dos obxectivos prioritarios neste ano 2025 da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, no marco da cal desenvolveuse unha sesión de divulgación, o pasado 6 de outubro, en Cervantes (pola mañá) e en Baralla (pola tarde). Á segunda das citas acudiron moitos amantes da toponimia e do patrimonio inmaterial desta comarca, que tivo lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil e foi introducida polo alcalde do concello, Miguel González Piñeiro.
codigocero.com