Código Cero
@codigocero.com
310 followers
110 following
3.4K posts
Revista de novas tecnolóxicas de Galicia
https://codigocero.com
Posts
Media
Videos
Starter Packs
Código Cero
@codigocero.com
· 18h
Masiva afluencia de xogadores na estrea de Battlefield 6
Battlefield 6 está a ter un lanzamento moi sólido, e a poucas horas da súa chegada oficial, o novo título de Electronic Arts alcanzou os 747.440 xogadores simultáneos en Steam, converténdose no décimo cuarto xogo máis xogado de todos os tempos na plataforma de Valve. Esta cifra supera con creces os rexistros anteriores da saga e mesmo deixa atrás a marcas como Apex Legends, o que resulta especialmente significativo tratándose dun título de pagamento.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 19h
Edifier sorprende cun altofalante con forma de PC gaming
De cando en vez hai produtos de electrónica de consumo que sorprenden por adoptar formatos pouco habituais, na procura de atopar un oco de mercado moi específico, o que fai posible que existan cousas tan rechamantes como o último accesorio de escritorio de Edifier podería confundirse facilmente cun ordenador gaming pero que, en realidade, é un altofalante que pode conectarse por Bluetooth, mediante un cable USB ou a través dunha entrada de son analóxica.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 20h
Rei Zentolo e Mexas triunfan na primeira edición dos Premios do eCommerce Galego
Os Ecommerce Days 2025 celebrados en Pontevedra consolidáronse como o gran encontro do sector dixital galego, reunindo durante dúas xornadas a máis de 250 profesionais do comercio electrónico, o márketing e a innovación tecnolóxica. O evento, organizado por Marketing4eCommerce e o Clúster do eCommerce Galego, apostou por unha programación diversa que combinou conferencias, mesas redondas, faladoiros e espazos de networking, sempre cun enfoque práctico e orientado á transformación dixital das empresas.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 22h
Apple permitirá ver partidos da NBA de xeito inmersivo
Mentres agardamos á chegada de Apple Vision Pro a España (que posiblemente chegue coa vindeira revisión do produto), a compañía de Cupertino comeza a corrixir a súa principal eiva despois do seu prezo elevado, a carencia de contidos, anunciando que os afeccionados ao baloncesto poderán gozar moi pronto dunha experiencia sen precedentes coa chegada dos partidos da NBA en Apple Immersive a Apple Vision Pro, grazas a Spectrum SportsNet.
codigocero.com