Código Cero
@codigocero.com
310 followers
110 following
3.3K posts
Revista de novas tecnolóxicas de Galicia
https://codigocero.com
Posts
Media
Videos
Starter Packs
Código Cero
@codigocero.com
· 19m
Optare Solutions, elixida para deseñar a API común de estandarización da fibra óptica almacenista en Polonia
Optare Solutions, consultora de servizos de Enxeñería e TI con sede en Vigo, foi seleccionada por catro das principais operadoras almacenistas de fibra ata o fogar (FTTH) de Polonia para deseñar unha API común (Interface de Programación de Aplicacións). As firmas Fiberhost, Nexera, Polski Światłowód Otwarty e Światłowód Inwestycje impulsan esta iniciativa colaborativa co obxectivo de estandarizar as comunicacións almacenistas de FTTH no país europeo.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 48m
A UVigo e Deputación de Pontevedra lanzan unha nova convocatoria dos Premios GirlGeekPower
A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra seguen a apostar “polo fomento dos estudos científicos e tecnolóxicos entre as mulleres”. Deste compromiso abrollan os Premios GirlGeekPower, que naceron en 2020 e que buscan poñer en valor traxectorias e perfís de mozas que cursan este tipo de estudos na UVigo.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 10h
HMD presenta un móbil básico con aires de smartphone
Human Mobile Devices (HMD) presentou na India o HMD Touch 4G, un dispositivo que a marca sitúa nunha nova categoría de teléfono híbrido pensado para achegar prestacións de smartphone a prezo de teléfono básico. O teléfono, dispoñible a un prezo de 3.999 rupias (38,72 euros), está dirixido a usuarios sen experiencia no contorno dixital.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 17h
Pontevedra acollerá o principal congreso sobre videoxogos e estudos do xogo de España
A cidade de Pontevedra vai dar acollida en outubro ao principal congreso sobre videoxogos e estudos do xogo de España, promovido pola asociación Digraes, capítulo español da Digital Games Resarch Association (DIGRA), e polo grupo de investigación V-NPC da Universidade de Vigo. A cita será na Facultade de Comunicación entre o 22 ao 24 de outubro.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 18h
A RAGC celebra o Día da Ciencia en Galicia entregando as Medallas de Investigación
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este mércores 8 de outubro en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou ao químico Fernando Calvet i Prats (Vilafranca del Penedès, Barcelona, 1903 - Barcelona, 1988) como Científico Galego 2025. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco destacadas/os científicas/os da nosa terra.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 19h
Os empresarios de Ribeira impulsan unha formación sobre redes sociais ao servizo das pemes locais
A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) vai acoller este mes de outubro unha actividade formativa dirixida a facilitar a transformación tecnolóxica das pemes locais. Trátase da xornada Estratexia dixital: redes sociais con propósito. Conecta coa túa audiencia: impacta e crece. Desenvolverase en formato presencial e terá unha duración de 6 horas.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 20h
A PlayStation Store inicia unha nova campaña de rebaixas
As tendas dixitais de videoxogos teñen períodos de descontos frecuentes, para fomentar a compra, que non sempre atenden ao calendario, como é a nova campaña que emprenden na PlayStation Store chamada Player's Choice na que están a ofrecer unha ampla selección de xogos a prezo reducido por tempo limitado.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 21h
A FIC da UDC lanza o programa ALCMENA para fomentar o talento algorítmico en Galicia
O Grupo de Investigación Laboratorio de Bases de Datos, adscrito á Facultade de Informática da Universidade da Coruña, vén de crear ALCMENA, un novo programa de mentoring de algoritmos competitivos para promover a formación algorítmica do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato de Galicia.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 22h
A XGN Intermax AI Edition abre as súas portas de xeito non oficial coa xornada pre-party
Como xa adiantamos dende Código Cero, a XGN Intermax AI Edition estase a preparar e terá lugar do 10 ao 12 de outubro no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda (Pontevedra). Informar que xa na tarde de mañá, xoves 9 de outubro, como é habitual, a XGN abrirá ás 16.00h as súas portas de xeito non oficial na súa xornada pre-party.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 22h
Google trae o Modo IA a España
O Modo IA de Google leva meses despregándose por distintos países e en distintas linguas, estando dispoñible en español dende o mes pasado, pero non para España (como noutros países da Unión Europea), pero finalmente vai mudar a situación e hoxe anuncian o inicio da despregadura do Modo IA nas buscas de Google en España xunto a moitos outros territorios e idiomas.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 23h
Melide e Arzúa avanzan cara á oficina sen papel da man de UNAYTA e EFA Piñeiral
Co obxectivo de facilitar a automatización de procesos de xestión e administración empresarial e protexer os datos das pemes de Melide e Arzúa, o pasado martes 30 de setembro o centro EFA Piñeiral con sede en Arzúa acolleu unha xornada formativa organizada pola firma tecnolóxica UNAYTA baixo o título Transformación Dixital nas Empresas: Innovación e Eficiencia Operativa a través da Dixitalización.
codigocero.com
Código Cero
@codigocero.com
· 23h
A IA e a lingua galega centran o simposio 2025 do ILG na USC
Do 18 ao 20 de novembro a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago vai acoller a edición 2025 do Simposio do Instituto da Lingua Galega (Simposio ILG 2025), centrado na confluencia entre as máis avanzadas tecnoloxías e a nosa fala. Desenvolverase baixo o epígrafe A Intelixencia Artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos.
codigocero.com