O Arce Exterminador
@mariaartze.bsky.social
620 followers 300 following 2K posts
Nas trincheiras da ESO. Emigrada a medio retornar.
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
mariaartze.bsky.social
Pois 5 anos levo con el e a verdade é que non teño queixa.
Caixa do meu fervedor Bluesky de 1,7 litros. Moito cariño lle teño!
Reposted by O Arce Exterminador
casfetera.bsky.social
"Un gobierno no anuncia que se ha vuelto fascista, anuncia que los antifascistas son enemigos del Estado".

José Buenaventura Durruti (atrib.).
mariaartze.bsky.social
Espero que estes enumeración sexa parte do libro. Grazas.
mariaartze.bsky.social
Etwas *Putziges* ist passiert! 🥹❤️
Reposted by O Arce Exterminador
ghanito.bsky.social
Friendly reminder de que se non escoitaches o novo episodio das Womansplainers estás deixando pasar unha oportunidade de ser feliz¹ con pouco esforzo.

¹ expresión promocional sen valor contractual.
Reposted by O Arce Exterminador
mariaartze.bsky.social
Incluso cando *non* os vexo xuntos. Pásame cos nenos de 1° de ESO, que non lle dou clase pero pároos no corredor para miralos fixamente e dicirlles: Martínez Verdugo? Benéitez Crespo? Jiménez Ferreduela?
Son versións mini de alumnos anteriores.
mariaartze.bsky.social
Tentaba lembrar novelas en galego onde isto funcione ben e veume á cabeza Senlleiras de Antía Yáñez.

En novelas moito máis breves o mecanismo funciona mellor, especialmente se as diéxeses só se entenden na súa combinación, como en Outono aquí de Mario Regueira ou O xogo de Escher de Manuel Esteban.
mariaartze.bsky.social
Non a lin, pero penso que te entendo, porque ás veces me gusta como escribe Ledicia Costas, pero logo non me convence como estrutura as novelas ou como integra os planos temporais, voces, etc.
mariaartze.bsky.social
Meh, deixade estar, mellor que non a molesten.
mariaartze.bsky.social
No shade, pero 🤷🏻‍♀️
mariaartze.bsky.social
Hai un capítulo que me vén de cando en vez á memoria (lin a novela en agosto) onde dous dos personaxes dos anos sesenta pasan unha noite case en silencio a facer carbón. A explicación do proceso, a creación da atmosfera, a tensión entre eles e os brevísimos diálogos son 😙👌🏻
mariaartze.bsky.social
Recomendo ler esta novela igualmente? Recomendo. Mais suxiro facelo procurando exclusivamente os capítulos encabezados cunha data de 1963 ou mesa época e omitir os da actualidade.
mariaartze.bsky.social
É por iso que resulta bastante frustrante, mesmo agónico por momentos (pun intended), procurar eses fragmentos no conxunto da novela, onde se dilúen nunha trama policial/xornalística menos interesante e dinámica, moito menos sutil, con personaxes chuscas e voces narrativas algo pesadas.
mariaartze.bsky.social
"A agonía das folerpas" é unha novela bastante longa que contén, fragmentada entre as súas páxinas, outra noveliña fabulosa que fala, con contención e lirismo, dos costumes e da violencia que latexa no cotián nunha aldea de carboeiros na década de 1960.
Portada da A agonía das folerpas, de Óscar Reboiras Loureiro, da Editorial Galaxia. A ilustración é un sapoconcho na metade dun círculo branco.
mariaartze.bsky.social
Unha cousa boísima de ter o cabelo moi liso é que nunca pensas en facer un mullet porque o pelo queda igual pero só parece que tes menos.
Reposted by O Arce Exterminador
ayqueverguenza.bsky.social
Capitalismo non só é Tesla, tamén é e a señora de Montederramo q lle pide a túa abuela 3,50 por 4 yogures e o tipo da Serra de Outes q en 1987 comprou un piso no Ensanche de Santiago e hoxe cobra 600 pavos por habita a estudiantes e os bota en xullo pq aos peregrinos lles pode sacar aínda mais,
mariaartze.bsky.social
Vai a vella morrendo e vai aprendendo.
mariaartze.bsky.social
Pois grazas á xente do Nobel descubrín que *esa película* de Béla Tarr estaba baseada nunha novela.
mariaartze.bsky.social
Que sorpresa, non sabía que Jairo tamén traducía do húngaro! Pensaba que a súa especialidade eran o alemán e as linguas eslavas meridionais.
mariaartze.bsky.social
Seguro que hai outros tradutores. A min aquel en concreto gustábame moito porque tiña un bo estilo, tanto traducindo do checo como do alemán ou outras linguas.
mariaartze.bsky.social
Adoro este tipo de chistes que están completamente integrados no seu medio e que só teñen sentido nel. ❤️
mariaartze.bsky.social
Creo que a única persoa que traducía literatura do húngaro ao galego era o xermanista e tradutor Fernando de Castro, un tipo hiperpolíglota que penso que hai tempo que non traduce literatura ao galego (ou estou eu moi desconectada).