Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo
acisp.bsky.social
Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo
@acisp.bsky.social
Páxina da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada, entidade que vén realizando actividades culturais e editando diversas publicacións.
Amable foi un dos promotores do monumento ás vítimas da represión erixido en Sada en 2007 e era o impulsor da ofrenda floral que se vén realizando cada ano en agosto. As nosas condolencias a familiares e amizades. Que a terra che sexa leve.
February 14, 2025 at 4:27 PM
Hoxe despedimos ao noso socio e exdirectivo Amable Carballeira. Nacido en Meirás, descendía dunha familia de sindicalistas represaliados polo franquismo. O seu tío, Antonio Carballeira, foi paseado en agosto de 1936.
February 14, 2025 at 4:27 PM
Lembrade!

📍Salón de Plenos, Sada
🕒 20:00
📅 Venres, 21 de febreiro
February 14, 2025 at 10:11 AM
Teremos a sorte de poder escoitar a Sergio Modia, que amosará varias proxeccións de cine de correspondencia arxentino no seu formato de orixe (VHS).

Asemade, a Asociación de Veciños da Obra nutrirá o acto cunha actuación musical do grupo “Son da Ponte”.
February 14, 2025 at 10:11 AM
Xa temos data para a proxima presentación de Areal!

O vindeiro venres, 21 de febreiro, o número 29 da revista sairá á luz. Nesta ocasión reunirémonos no Salón de Plenos ás 20:00.
February 14, 2025 at 10:11 AM
Boas! Desde agora pasamos a formar parte da comunidade de BlueSky.

Mediante esta rede compartiremos anuncios, avisos, textos, fotografías e recompilacións da nosa actividade como asociación cultural.

Seguídenos para non perdervos ningunha actualización! 🩵🔝
January 31, 2025 at 1:31 PM