@acubillo.bsky.social
4 followers 1 following 27 posts
Ghaliña vella fai bo caldo!
Posts Media Videos Starter Packs
acubillo.bsky.social
"No tocante ós «autos», coma vostede me enseña, pois a pouco andare, logo que saímos da eirexa, parámonos un anaquiño a ceibarnos daquela risa que nos abafaba, e logo fumos a dare á Fonte do Rei onde mexamos na pía, con licencia de vostede."
acubillo.bsky.social
"Adeus —dixo o raposo—. Velaquí o meu segredo. É moi simple: Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos."
acubillo.bsky.social
"O progreso trouxo riquezas e trouxo fames. Os “apóstolos” foron morrendo e os vellos de hoxe en día andan a pedir polas portas dos ricos que teñen barcos e non van ó mar."
acubillo.bsky.social
"E non se esqueza do ofrecido, porque unha é probe de todo e non quixera andar a pedir cando chegue a vellez."
acubillo.bsky.social
"Necesito un traxe.
Un traxe
clásico e elegante.
Dos de toda a vida."
acubillo.bsky.social
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verrá cedo!
acubillo.bsky.social
"Todo era vello naquel home, a non ser os ollos, que tiñan a mesma cor do mar e eran alegres e indomables."
acubillo.bsky.social
"O rexo carro de bois voltaba rinchando, xemendo e dando tombos para a aldea de nome bravo e silvestre perdida entre calados cumios."
acubillo.bsky.social
"Aínda que se me ocorrese facer un libro, como fixo Smith, de pouco valería o que contase. Smith estivo na guerra, e eu son a penas «o neno», como me chaman na casa. Son Balbino. Un rapaz da aldea. Un ninguén."
acubillo.bsky.social
.............................................
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero…
¡Quen pudera non deixar!…
.............................................
acubillo.bsky.social
"En calquera caso –continuou o tío Álvaro–, había que escoller, e estabamos en guerra. Europa enteira estaba en guerra. Ou eras cabalo ou eras lobo. Na guerra ou na vida, tanto ten. E ela escolleu ser lobo. Loba. Iso, visto agora, foi bo para todos nós, hai que recoñecerllo."
acubillo.bsky.social
"Non pensedes, camaradas, que ser xefe é un pracer. Ó contrario, évos unha dura responsabilidade. Ninguén cre máis firmemente có camarada Napoleón que tódolos animais son iguais.Sería feliz deixándovos tomar a vosoutros as vosas decisións"
acubillo.bsky.social
"Aquela situación era frustrante, igual ca ver a un moribundo nas súas últimas e non poder facer outra cousa que termarlle a man e facerlle máis doado o paso cara ó outro mundo. Sentíase inútil, perdido, incapaz de tomar as rendas e axudar o seu fillo."
acubillo.bsky.social
"Ata que fun nai non me dei conta de que eu nunca tiven nai. Nunca recibín un bico dela. Nin eu nin meus irmáns. Non era cariñosa, nin faladora, nin nada. Non era. "
acubillo.bsky.social
"E escribín no meu caderno: o golpe de graza do capitalismo é facernos crer aos pobres que non saberemos ser ricos. Sería o meu avó así coma min, de escribir ocorrencias en cadernos das que logo se arrepentise?
acubillo.bsky.social
"De tolerías está feito o progreso do mundo. Das máis grandes tolerías saíron os máis grandes avances. Farémolo."
acubillo.bsky.social
"O traballo pagábase ben e ao momento. Cada descarga, que non duraba máis de dúas horas, supoñía unha irresistible oportunidade de levantar un bo diñeiro nunha tarde. Como reprocharlles nada a estes xenerosos «señores do fume»?"
acubillo.bsky.social
“Non esquezas abrigar tamén o corazón; hai órganos que non toleran a xeada.”
acubillo.bsky.social
"Se algo souben nestes anos de vida é que nunca subestimes os poderosos. O diñeiro non dá intelixencia pero merca homes. Os amigos rápido se volven inimigos cunhas moedas."
acubillo.bsky.social
"Porque a corrupción nun partido político era algo ao que estaba cientificamente demostrado que se sobrevivía. Que o alcalde e un concelleiro fosen pederastas xa era outro asunto."
acubillo.bsky.social
"Porque ando polas noites
chámanme pechacancelas,
mellor será que me chamen
capitán de dúas gavelas."
acubillo.bsky.social
"Aquí agora é a Sección Feminina da Falanxe quen di as cousas que as mulleres podemos e non podemos facer. E salvo ser boa nai, boa cociñeira e boa esposa, pouca responsabilidade nos queda."
acubillo.bsky.social
"A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila."
acubillo.bsky.social
"Antes a xente á que se lle chamaba obreira era en realidade clase media, agora chamábanlles clase media pero malamente se erguían uns centímetros por riba do nivel de subsistencia."
acubillo.bsky.social
"Os falanxistas, blindados coas súas correaxes cruzadas no peito e as pistolas penduradas no cinto, percorrían a manifestación arriba e abaixo para que ninguén se esquecese de manter o brazo co saúdo romano e a cabeza ben firme e erguida."