Avante LGBT+ Pontevedra
@avantelgbtponte.bsky.social
52 followers 30 following 61 posts
Asociación LGBTIQA+ 🏳️‍🌈 Anticapitalista, feminista e galega [email protected] Podcast: https://open.spotify.com/show/1UqbSUUjPQUI6c3oRfZHqN Canal de difusión de eventos queer en Pontevedra: https://whatsapp.com/channel/0029VakaVxIK0IBnzaAQwX36
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
avantelgbtponte.bsky.social
🚨 AGRESIÓN HOMÓFOBA EN PONTEVEDRA

Este luns 11 ás 20.00h na Praza de España, concentrámonos para denunciar a agresión homófoba sufrida por 2 rapaces na rúa Benito Corbal, á altura de Mango.

Se estiveches por alí o pasado sábado sobre as 6.30 AM e podes achegar información, contacta connosco 🙏
Cartaz dunha convocatoria a unha concentración. No fondo, degradado de cor rosa a negro. Aparece o seguinte texto en letras grandes e claras:

«Nin un paso atrás!
Concentración en repulsa á agresión homófoba en Pontevedra»

As palabras “agresión homófoba” destacan nun rectángulo branco con letras rosas. Ao lado dereito superior, aparece unha icona dun megáfono rosa.

Na parte inferior, indícanse os detalles da convocatoria:
📍Praza de España
📅 11 de agosto
🕗 20:00

En pequeno, no canto inferior dereito, indícase a organización convocante: “Convoca: Avante LGBT+ Pontevedra”
avantelgbtponte.bsky.social
🚨 AGRESIÓN HOMÓFOBA EN PONTEVEDRA

Este luns 11 ás 20.00h na Praza de España, concentrámonos para denunciar a agresión homófoba sufrida por 2 rapaces na rúa Benito Corbal, á altura de Mango.

Se estiveches por alí o pasado sábado sobre as 6.30 AM e podes achegar información, contacta connosco 🙏
Cartaz dunha convocatoria a unha concentración. No fondo, degradado de cor rosa a negro. Aparece o seguinte texto en letras grandes e claras:

«Nin un paso atrás!
Concentración en repulsa á agresión homófoba en Pontevedra»

As palabras “agresión homófoba” destacan nun rectángulo branco con letras rosas. Ao lado dereito superior, aparece unha icona dun megáfono rosa.

Na parte inferior, indícanse os detalles da convocatoria:
📍Praza de España
📅 11 de agosto
🕗 20:00

En pequeno, no canto inferior dereito, indícase a organización convocante: “Convoca: Avante LGBT+ Pontevedra”
avantelgbtponte.bsky.social
🎧 Novo episodio de REFERENTES: memoria LGBTIQA+ galega!

🌈 Con Laura Bugalho, muller trans e activista chave na loita LGBTIQA+ e das persoas migrantes

🗣️ Do franquismo á utopía ARELAS, pasando pola loita trans a comezos dos 2000 no Parlamento galego

🔗 Escóitao aquí: open.spotify.com/episode/63vF...
04 | Visibilidade trans na Galiza dos 90 con Laura Bugalho: "Se algo aprendín é que somos rede"
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega · Episode
open.spotify.com
avantelgbtponte.bsky.social
📚🌈 Este domingo 6 de xullo, ás 12.30h, temos vermú literario na Festa dos Libros (praza da Ferraría)!

🍸 Será unha conversa con @antoniomfraga.bsky.social, autor de “Askja”, a obra gañadora do Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero.

🎶 Con acompañamento musical de Tania Zaref.
Cartaz anunciando o Vermú literario organizado por Pinto e Maragota na Festa dos Libros. Na parte superior esquerda, sobre fondo vermello, aparece o texto:
Domingo 6 de xullo de 2025, ás 12.30 h, na Festa dos Libros (praza da Ferraría).

Logo aparece o título en grande: VERMÚ literario.

A continuación, o texto principal:
Conversa de Sara Vila, Eva Mejuto e Anxos Rial con Antonio M. Fraga, autor de “Askja”, obra gañadora do premio Pinto e Maragota 2025.

Presenta Anabel Gulías, concelleira de Igualdade
Acompañamento musical de Tania Zaref

Na parte inferior hai formas xeométricas coloridas e os logotipos de:
Os Vermús de Pinto e Maragota, Xerais e Concello de Pontevedra.
Na parte superior dereita está o logotipo de Pinto e Maragota, con dous peixes estilizados nas cores da bandeira LGBTIQA+ e o texto: Programa municipal pola diversidade sexual e de xénero.
avantelgbtponte.bsky.social
🎂 Estes días fanse 20 anos da aprobación do matrimonio igualitario no Estado español

🎙️ Entrevistamos a Guillermina, unha das protagonistas da primeira voda lésbica na Galiza despois da lei. Foi no programa “REFERENTES: memoria LGBTIQA+ galega”

👉 Escoita a conversa: open.spotify.com/episode/4O4B...
03 | Chámome Guillermina, son a vosa profesora e son lesbiana. A primeira voda de mulleres na Galiza
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega · Episode
open.spotify.com
avantelgbtponte.bsky.social
Axúdasnos a mellorar? Queremos que ti tamén desfrutes da nosa festa e reivindiques connosco!
E MÁIS!
Sabemos que ainda non somos 100% accesíbeis. Se tés algunha necesidade específica máis, agradecemos que veñas falar connosco ao posto de información de Avante LGBT+ Pontevedra e faremos todo o posíbel para que ti tamén poidas desfrutar da festa e reivindicar connosco!
avantelgbtponte.bsky.social
⚠️ Pontevedra está no triatlón

Se vés de fóra, pode que sexa difícil topar onde aparcar. Nós fixemos unha lista de aparcadoiros públicos que é probábel que teñan sitio:
APARCADOIROS
Co triatlón, aparcar en Pontevedra pode ser complicado. Deixamos aquí algúns aparcadoiros públicos, sen poder garantir que teñan oco, co nome que teñen no google maps e a distancia do parque das palmeiras camiñando:
• Parking exterior público centro comercial A Barca: 16 minutos
• Aparcadoiro público coches e caravanas (Mollabao): 16 minutos
• Parque de Ánkar: 18 minutos
avantelgbtponte.bsky.social
Algunhas medidas de accesibilidade da festa e da manifestación do Orgullo LGBTIQA+ en Pontevedra:
ESPAZO TRANQUILO
Se te estresas co ruído ou coa xente, vén ao espazo tranquilo! No banco trans ao lado da deputación temos:
• Lugar onde sentar
• Fidgets
• Tapóns de ouvidos
• Libros PASE PREFERENTE
Se non podes facer cola (polo ruído, a xente, estar de pé) vén ao posto de información de Avante LGBT+ Pontevedra. Temos pases preferentes para que non teñas que agardar ao pedir comida ou bebida na barra. Asi non tés que dar explicacións! MANIFESTACIÓN
Ás 20:00, faremos unha manifestación saíndo do Parque das Palmeiras. Ao acabar, leremos un manifesto.
• O percorrido é accesíbel para cadeira de rodas
• O manifesto contará con interpretación en lingua de signos COMIDA
Na nosa festa, hai unha barra onde comprar comida e/ou bebida. Temos opcións:
• Vexetariana
• Vegana
• Sen glute
avantelgbtponte.bsky.social
Abrimos fío coa

✨ Guía de accesibilidade na festa e manigestación do Orgullo PTV+ ✨

Para o 28 de xuño, hoxe, desde as 12:30 no parque das palmeiras de Pontevedra

👇
Guía de ACCESIBILIDADE na festa do Orgullo PTV+
28/06/2025
avantelgbtponte.bsky.social
🏳️‍🌈 Hoxe celebramos a nosa festa do Orgullo PTV+!

🏳️‍⚧️ Teremos música, comida, moitas cores e unha manifestación ás 20:00. Este ano reclamamos: nin un paso atrás, nin unha letra menos!

🌻 Fixemos unha guía de accesibilidade do evento que podes consultar aquí: www.instagram.com/p/DLcDXmBsExr/

Cartaz da "Festa do Orgullo 2025" en Pontevedra, con fondo rosa intenso e textos en branco e negro. O evento celébrase o sábado 28 de xuño no Parque das Palmeiras. O programa inclúe:

12:30 h – Actuación de Happy Singers con Pride
13:00 h – Sesión vermú "Piratas sen parche" con Éric Dopazo
15:00 h – Xantar colorido
16:30 – 20:00 h – "Duendeneta Dilleis"
18:30 h – Contos do arco da vella, actividade familiar con Cris de Caldas
20:00 h – Manifestación Orgullo 2025 co lema "Nin un paso atrás, nin unha letra menos!". Comezo e fin no Parque das Palmeiras, con lectura de manifesto e interpretación en lingua de signos
21:30 – 23:00 h – "Duendeneta Dilleis"
23:00 h – Concerto de Leria
00:30 h – Yaya DJ
Durante toda a xornada haberá un "Punto Arco Iris" e un posto informativo de Avante LGBT+ Pontevedra e Arelas.

Na parte dereita do cartel aparecen os logotipos do evento: un escudo colorido con ondas (o escudo de Pontevedra) e a frase "Orgullo PTV+"; e na parte inferior, a palabra "ORGULLO" dividida en cores do arco da vella, xunto a "Pontevedra 2025".
avantelgbtponte.bsky.social
💔 Hoxe despedimos a mostra de cinema LGBTIQA+ Ambienta por este ano

Mais facémolo por todo o alto con 3 curtametraxes seleccionadas polo FIC Bueu!

Ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada libre ata completar capacidade.
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_curtas, que neste 2025 inclúe tres títulos. En primeiro lugar, "Big Boys Don't Cry", de Arnaud Delmarie, producida no 2025 en Francia, de 25 minutos, na versión orixinal subtitulada en español. En segundo lugar, "Solo KIM", de Javier Prieto de Paula e Diego Herrero, producida no 2024 en España, de 15 minutos, na versión orixinal en español. Por último, "Three", de Amie Song, producida nos Estados Unidos en 2023, de 20 minutos, na version orixinal subtitulada en español. A súa proxección vai ser o venres 27 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Estas curtas foron seleccionadas polo FICBUEU.
avantelgbtponte.bsky.social
❤️‍🩹 Hoxe homenaxeamos o noso compañeiro Marcos López, que traballou por unha Pontevedra orgullosa e diversa, ás 19:00 no Teatro Principal

Contaremos co coro queer “SenD-coro” na súa première. Tamén haberá un número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas. Estades todes convidades 🫶
Cartel da homenaxe a Marcos López no Orgullo PTV+ 2025, o 27 de xuño ás 19:00 no Teatro Principal de Pontevedra. Aparece Marcos López sorrindo, cunha camiseta verde, sostendo un vaso. Ao fondo vese un espazo ao aire libre borroso. Na parte superior do cartel está o texto:
“Homenaxe a Marcos López. Venres 27 de xuño (19.00 h) no Teatro Principal. Asociación Avante LGBT+ Pontevedra coa 'première' do coro 'queer' SenD-Coro e número performativo de circo e vídeo-creación de Manuel Albariñas.”
Na parte inferior están os logotipos do Orgullo PTV+, Avante LGBT+ e Orgullo Pontevedra 2025.
avantelgbtponte.bsky.social
💖 Ás 20:30 no Teatro Principal, ‘Mariliendre’ co creador, Javier Ferreiro, en conversa con Mariona Borrull

Unha serie musical sobre Meri Román, diva da noite gay hai anos. Agora está atrapada nunha vida monótona, sacudida pola morte do pai. Isto lévaa a reconectar co seu antigo grupo de amigos gays
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_series, que neste 2025 é o primeiro capítulo de "Marliliendre", de Javier Ferreiro, unha serie orixinal de atresplayer. A súa proxección vai ser o xoves 26 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Esta serie foi seleccionada polos Premios Feroz. Foi producida no 2025 en España, dura 40 minutos e será proxectada na versión orixinal en español. Cartaz específico da sección AMBIENTa_encontro, que neste 2025 é con JAVIER FERREIRO, en diálogo con MARIONA BORRULL, xornalista. Vai ser o xoves 26 ás 21:15 no Teatro Principal de Pontevedra, despois da proxección da súa serie "Mariliendre". JAVIER FERREIRO (Lugo 1989) é o creador e director da serie Mariliendre e guionista en Vestidas de azul, as dúas producidas por JAVIER CALVO e JAVIER AMBROSSI. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universitat Pompeu Fabra, especializouse en escrita de guión na EICTV de Cuba. Fundou a produtora Amor y Lujo e colaborou con directores como JAIME ROSALES. Actualmente está a desenvolver o proxecto propio Fame e febre.
avantelgbtponte.bsky.social
🏳️‍🌈 Como a bisexualidade (e outras plurisexualidades) poden desestabilizar o sistema?

Presentamos “Insubmisión ambigua”, antoloxía de ambigües e indecises que rompen co esencialismo de xénero e o binarismo na atracción

👉 Ás 19:00 na Libraría Paz con Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns
Presentación de Insubmisión ambigua
xoves 26 de xuño ás 19h na Libraría Paz

Ana Amigo, Ánxela Lema, Ártemis López e Bea Saiáns conversarán con Nee Barros

Actividade en colaboración con Avante LGBT+ Pontevedra - programación Orgullo PTV+
avantelgbtponte.bsky.social
🎥 Hoxe, o filme marroquí “Le Bleu du Caftan” de Maryam Touzani!

🎞️ Conta a historia de Halim, un xastre que dirixe un pequeno negocio coa súa muller na medina de Salé. A súa relación, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef.

👉 Máis info en www.ambienta.gal
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_actual, que neste 2025 é o filme "Le Bleu du Caftan", de Maryam Touzani. A súa proxección vai ser o mércores 25 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Este filme foi seleccionado por Amal en ruta. Foi producido no 2022 en Marrocos, dura 122 minutos e será proxectado na versión orixinal con subtítulos en español. Foi candidato no 75 Festival de Cannes a mellor filme "Un certain regard" e gañador na categoría mellor actriz (Lubna Azabal) na 67 edición da Seminci. Seleccionado por Marrocos para os Premios Oscar.
avantelgbtponte.bsky.social
🌈 As persoas racializadas LGBTIQA+ existen, mais canto as escoitamos?

💥 A comunidade queer branca aínda exercemos violencia racista. Para aprender e cuestionarnos, ás 19:00 na Casa das Campás teremos un faladoiro con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez.

👉 O programa: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
MÉRCORES 25 DE XUÑO
19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
FALADOIRO: ESPAZO OCUPADO: habitar sendo a franxa marrón do arco da vella, con Aranxa Vicens e Dana Rodríguez
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra
avantelgbtponte.bsky.social
🎥 Ás 20:30 no Teatro Principal, “Ocaña, retrat intermitent” (Ventura Pons, 1978): entrada libre

🌈 Ocaña foi un pintor e travesti de Andalucía, naceu no 1947 e forma parte da memoria LGBTIQA+. Con este filme, achegarémonos a el nun retrato da Barcelona homosexual e travesti dos inicios da transición
Cartaz específico da proxección da sección AMBIENTa_clásico, que neste 2025 é o filme "Ocaña, Retrat Intermitent", de Ventura Pons. A súa proxección vai ser o martes 24 ás 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra. Este filme foi seleccionado polo Cineclube Pontevedra. Foi producido no 1978 en España, dura 85 minutos e será proxectado na versión orixinal en español. Formou parte da sección panorama no festival de Berlín de 1978, e da sección oficial no festival de cannes en 1978.
avantelgbtponte.bsky.social
🌈 Como coinciden Triatlón e Orgullo, hoxe falamos da pegada lésbica nos deportes de contacto

💖 Contaremos coas Lavandeiras de San Simón polo fútbol gaélico, e con Eli Martínez Rosales polo rugby. Ás 19:00 na Casa das Campás, non o perdas!

🔗 O resto do programa: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
MARTES 24 DE XUÑO
19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
FALADOIRO: A PEGADA LÉSBICA NOS DEPORTES DE CONTACTO:
Fútbol gaélico e Rugby
con Lavandeiras de San Simón e Eli Martínez Rosales
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra
avantelgbtponte.bsky.social
🌈 Comeza Ambienta, mostra de cinema LGBTIQA+

🗓️ Do luns 23 ao venres 27, vémonos no Teatro Principal ás 20:30. Entrada libre ata encher capacidade!

💎 Hoxe, Delirio Sketchs, unha webserie galega de humor surrealista. Haberá espectáculo coas personaxes e coloquio coa directora e guionista, Bea Saiáns
Cartaz específico da programación do luns 23 de xuño de 2025, co seguinte contido:

Na parte superior aparecen catro imaxes en miniatura da webserie Delirio Sketchs:

Unha drag queen con turbante vermello e colar de perlas. A foto é de @aigiboga

Rodaxe na rúa, con persoas vestidas con bandeiras de españa.

Un home de bigote, o influencer OlaXonMario, con camisa amarela e estética de teletenda ou programa de televisión.

Dúas drags maquillándose diante dun espello, son Mercedes Pezón e Tamy (foto: @grebo_photography).

Texto do cartaz:

Luns 23 // 20.30 h

ACTO DE INAUGURACIÓN de AMBIENTA, con Demetrio Gómez, concelleiro de Dinamización Social e Cultural do Concello de Pontevedra.

Proxección de Delirio Sketchs, webserie galega de humor surrealista. Presentación delirante a cargo de:
– Mercedes Pezón (Javier Sánchez “Meiga-i”)
– High Paw
– Tamy (Laura Merchán)
– Psicóloga Susana (Cata Ukelele)

Ao acabar, haberá coloquio coa directora, Bea Saiáns.

Na parte inferior aparecen os logotipos do proxecto Orgullo PTV+ e do Concello de Pontevedra, así como a indicación:
Teatro Principal // Pontevedra
avantelgbtponte.bsky.social
🏳️‍🌈 O sábado 28 manifestarémonos polo Orgullo co lema “Nin un paso atrás, nin unha letra menos!”

💥 Sairemos do Parque das Palmeiras ás 20:00 nun percorrido accesíbel para cadeira de rodas. Ao acabar, leremos o manifesto con interpretación en lingua de signos

👉 Vén facer frente aos discursos de odio!
Cartaz de fondo rosa cunha cuadrícula de debuxos coloridos e sinxelos representando partes do corpo diversas: ollos, pestanas, narices, bocas, bigotes, mamilos, entre outras. Na parte inferior dereita hai un recadro verde claro cun texto que di: “28 de xuño - 20.00h. Manifestación Orgullo. Saída e remate no Parque das Palmeiras. Lectura de manifesto con interpretación en lingua de signos”.
avantelgbtponte.bsky.social
🌈 Hoxe, sábado 21, non podes perder a Feira Marica en Pontevedra!

🎨 Unha feira de arte e autoedición LGBTIQA+ diante de Belas Artes, nos Xardíns de Marescot! Estará aberta de 10:00 a 21:00

🐞 Ilustracións, banda deseñada, artesanía e moito mais en www.instagram.com/feiramarica
ACTIVIDADES
DA FEIRA MARICA
Sábado 21 de xuño nos Xardíns de Marescot

MARICHADAS → 12:00
Es artistas exporán os seus proxectos, paixóns e en que consiste o seu labor.

MARICA E QUE? → 17:30
Mesa redonda, na cal se falará de como afecta pertencer ao colectivo LGBTIAQ+.

CESTA MARICA → 20:30
Sortearase unha obra de cada artista (14 obras). Para participar chega con mercar unha obra a un artista (cantas mais merques, mais posibilidades tes).
avantelgbtponte.bsky.social
🏳️‍🌈 Colectivo LGBTIQA+ na Idade Media? Claro!

💬 Hoxe falamos co @carloscallon.bsky.social de santos trans, cantigas de amigo gays, bollodramas composteláns, un casamento de 2 homes no 1061…

👉 Vémonos ás 19:00 na Libraría Paz!

🔗 O resto do programa do noso Orgullo: www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/
Cartaz da presentación do libro VIDAS E HISTORIAS LGBT DA IDADE MEDIA de Carlos Callón. Vai ser o xoves 19 de xuño ás 19h. O autor conversará con Nee Barros.
Actividade en colaboración con Avante LGBT+ Pontevedra - programación Orgullo PTV+
avantelgbtponte.bsky.social
🏳️‍🌈 Coñecemos a memoria do colectivo LGBTIQA+ galego?

🗓️ Hoxe ás 19:00 na casa das campás, falamos con Laura Bugalho (1964, Compostela), muller trans activista.

💖 Como ela di: “Parece que nacemos cos dereitos debaixo do brazo e non é así. Hai xente que loitou (…). É de xustiza recoñecer ese labor”.
MÉRCORES 18 DE XUÑO
ás 19.00 h
Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9)
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ galega coa activista trans Laura Bugalho
*Actividade organizada por Avante LGBT+ Pontevedra
en colaboración con Atardecer Solidario
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
neeumatiko.bsky.social
A semana que vem, de luns a venres, temos 5 projeçons grátis de cinema LGBTIQA+ em Pontevedra. Se vos interessa, tendes aqui toda a programaçom com todos os títulos: www.instagram.com/p/DLANSkuojun/
Cartaz da Mostra Internacional de Cinema LGTBIQA+ de Pontevedra, chamada AMBIENTA. No centro aparece unha imaxe do artista Ocaña, con maquillaxe e mirada intensa, pendentes e colar brillante, vestido de negro con mantilla e flores amarelas na cabeza. Na parte superior indícase a data e hora do evento: do 23 ao 27 de xuño de 2025 ás 20:30 h no Teatro Principal. Na parte inferior inclúense os logotipos e webs de ambienta.gal, do Concello de Pontevedra e do Orgullo PTV+.
Reposted by Avante LGBT+ Pontevedra
dieeee.bsky.social
Habemus #OrgulloPTV+ !!! Después de meses trabajando en esto y con muchas cosas que arreglar a última hora por fin podemos poner ahí fuera nuestro programa cultural de 15 días en Pontevedra.
Libros, deporte, música y revindicación en la calle!