Biblioteca Pública de Ourense Nós
@bibourense.bsky.social
330 followers 130 following 120 posts
Biblioteca Pública do Estado de Ourense 🏛️ Rúa Canle, 6, 32004 Ourense ☎️ 988788385 | 988788386 ✉️ [email protected]
Posts Media Videos Starter Packs
bibourense.bsky.social
Nova mostra na Sala Infantil para mirar ao noso arredor no outono 🌰
bibourense.bsky.social
O 22 de outubro comezamos un obradoiro de memoria e estimulación cognitiva: Actívate.
Para maiores de 70 anos.
🗓️Mércores ás 11.00h.
📌Inscricións: dende o 15 de outubro chamando ó 988 788 385.
bibourense.bsky.social
Os martes 14 e 21 de outubro, ás 18.00, teremos un monográfico sobre a obra pictórica de Leonardo da Vinci. A entrada será libre ata completar o aforo.
Se vos gusta Leonardo ou a arte en xeral, non o perdades!
bibourense.bsky.social
Este mes, contamos cunha mostra de pinturas de María del Carmen Ferreiro Fernández. Para máis información sobre a súa xénese, botádelle un ollo o artigo que lle adicaron na prensa.
📌1º andar
🗓️Ata o 31 de outubro
Reposted by Biblioteca Pública de Ourense Nós
bne.es
¡Abierto el plazo de inscripción para la celebración, el próximo 13 de octubre, del #DíadelasEscritoras! ✍️♀️

Además, ya puedes consultar los textos que se leerán durante el acto, seleccionados por la comisaria de esta edición, Anna Caballé.
www.bne.es/es/agenda/ce...
bibourense.bsky.social
Este martes 7 de outubro ás 18:00, acompáñanos á inauguración do mural que Pablo Otero creou durante dúas semanas na bebeteca.
Haberá contacontos e xogos para os mais pequenos.
Ven descubrir como a creatividade de Pablo converteu a bebeteca nun lugar cheo de maxia e lectura!
bibourense.bsky.social
Xa están aquí as novidades de cómic do mes. Vinde xa, que voan!
bibourense.bsky.social
Xa están aquí as novidades de outubro do Espazo Xove. Este mes hai moita fantasía. Vinde a por ela!
#novidadesbnós #literaturafantastica
bibourense.bsky.social
Otro ano máis, sumámonos a iniciativa da #BannedBooksWeek. Este ano, fixemos un aceno á ciencia ficción, tan ben representada no lema deste ano: A censura é tan de 1984. Non deixedes de botarlle un ollo no 1º andar e de coller algún libro perigoso e prohibido para pasar outubro.
bibourense.bsky.social
presión social por ter fillos, a conciliación laboral, a vivienda ou os dilemas políticos e sociais. Unha obra que invita á reflexión.
bibourense.bsky.social
Hoxe eleximos "Cara de madre" de Patricia Blas, que aborda o tema da maternidade. Que pasaría se de súpeto unha lei permitise a xestación subrogada en España?
A través de tres protagonistas moi distintas, o libro toca temas tan actuáis como a
bibourense.bsky.social
En outubro regresan as actividades da sala infantil á biblioteca. Ademais, estreamos obradoiro de comprensión lectora e club de xogos de mesa infantil. Non deixedes de consultar a nosa web e redes sociais para enterarvos de todo!
bibourense.bsky.social
🖊️Este venres 26 de setembro, ás 19.00, teremos a presentación do libro "Balas de papel" na súa versión en galego. Contaremos coa presencia da autora, Marta Seoane Pazos. Esperámosvos!
bibourense.bsky.social
Seguimos con novidades! Este curso poñemos en marcha un obradoiro de comprensión lectora para 3º e 4º de primaria. A partir deste venres 19 de setembro, podedes facer a inscrición para o mes de outubro (os mércores 8, 15, 22 e 29) no teléfono 988 788385 ou presencialmente.
bibourense.bsky.social
Lembrade que hoxe, a partir das 9:00h, podedes anotarvos ás actividades continuadas da biblioteca.
bibourense.bsky.social
No 2º andar temos unha pequena escolma das obras de Miriam Reyes co gallo de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2025 pola súa obra Con. Aproveitade a finde para achegarvos a esta autora ourensá 😃
bibourense.bsky.social
Outra das novidades para este curso é o club de conversa en galego.
Se non coñeces o idioma ou tes un nivel básico, este é o teu club!
Inscricións abertas a partir do día 15 ás 9:00 h. na biblioteca ou chamando o 988788385 e 988788386.
bibourense.bsky.social
No 1º andar, unha recopilación de historias de alumnos e mestres. A volta ó cole é unha realidade tamén na biblioteca 😉
bibourense.bsky.social
Xa están dispoñibles as novidades da #comictecabnós Vinde a por elas que desaparecen!
bibourense.bsky.social
Continuamos con novidades!
Durante os meses de outubro e novembro teremos un curso de Unified MIndfulness, impartido por Stuart McNicholls.
Podedes apuntarvos a esta e ó resto de actividades continuadas da biblioteca a partir do luns 15 de setembro ás 9:00h.
bibourense.bsky.social
Este ano temos un novo club de lectura: O micelio, sobre medio ambiente.
Reuniranse o terceiro martes de cada mes ás 19.00h.
Inscricións a partir do luns 15 de setembro ás 9:00h na biblioteca ou chamando ó 988788385.
bibourense.bsky.social
Outra das novidades deste novo curso é o obradoiro de calceta, que teremos os mércores á tarde. Non se precisan coñecementos previos.
Inscricións a partir do luns 15 de setembro ás 9:00h.
bibourense.bsky.social
Non perdades esta actividade da furgoteca de Ourense Occidental. Este sábado 6 de setembro ás 11 da mañá.