BNG A Coruña
banner
bngacorunha.bsky.social
BNG A Coruña
@bngacorunha.bsky.social
Conta oficial do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego da Coruña e da súa Asemblea Local
Pinned
#NaWeb

Orzamentos do Concello para 2026: 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 ve "avances na boa dirección", mais precisa "que aínda hai moito por negociar".

(1).

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Orzamentos do Concello para 2026: o BNG ve avances "na boa dirección", mais "aínda hai moito que negociar"
Na véspera do Pleno de novembro, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, compareceu perante os medios para avaliar a marcha das negociacións conducentes a que o Concello teña novos orzament...
acorunha.bng.gal
O Fórum Metropolitano acolleu a estrea de 𝗟𝘂𝘇, 𝗰𝗶𝗻𝘇𝗮 𝗲 𝗽𝗲𝗱𝗿𝗮. 𝗖𝗮𝗿𝘁𝗼𝗴𝗿𝗮𝗳𝗶́𝗮 𝗱𝗮 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗰𝗼𝗿𝘂𝗻̃𝗲𝘀𝗮 -unha serie de tres capítulos sobre a represión fascista na nosa cidade, producida por
𝗡𝗼́𝘀 𝗧𝗲𝗹𝗲𝘃𝗶𝘀𝗶𝗼́𝗻.

Ao evento asistiu 𝗗𝗮𝘃𝗶𝗱 𝗦𝗼𝘁𝗼.
November 27, 2025 at 12:17 PM
#NaWeb

O noso portavoz no Concello 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 rexistra iniciativas sobre as demoras nos enterros de cinzas nos cemiterios municipais

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Unha iniciativa sobre as demoras nos enterros de cinzas nos cemiterios municipais
Estanse a producir demoras de até 20 días nos enterros de cinzas en cemiterios municipais da cidade -singularmente no de Santo Amaro-, circunstancia que leva o noso portavoz no Concello, Francisco Jor...
acorunha.bng.gal
November 27, 2025 at 11:01 AM
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔

O noso portavoz no Concello 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 volve visitar, este xoves 27N, os estudios de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗟𝗶́𝗱𝗲𝗿 para participar no faladoiro que modera o xornalista 𝗔𝗻𝘁𝗼́𝗻 𝗟𝗼𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼.

⏳Ás 9 h
📻No 101.9 da FM
November 26, 2025 at 5:12 PM
#NaWeb

Un rogo para a sinalización correcta dun paso de peóns na Avenida de Monelos.

Unha iniciativa de 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮 para o #PlenoDecembro.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Un rogo para a sinalización correcta dun paso de peóns na Avenida de Monelos
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vai levar ao Pleno de decembro, en forma de rogo oral, as deficiencias na pintura e sinalización dun paso de peóns da Avenida de Monelos moi usado po...
acorunha.bng.gal
November 26, 2025 at 12:08 PM
Este #25N, día para nos mobilizarmos contra a Violencia Machista, tivo esta mañá un punto de encontro, na explanada de Riazor, para debuxar un lazo solidario contra a barbarie e dar lectura á Declaración Institucional do Concello.

Alí estiveron 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 e 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀.
November 25, 2025 at 1:07 PM
#NaWeb

A Alcaldía continúa sen lle dar ao BNG acceso á documentación sobre as propostas de sanción aos VTC.

Solicitouna a nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
A Alcaldía continúa sen lle dar ao BNG acceso á documentación sobre as propostas de sanción aos VTC
O pasado día 12 de novembro, a concelleira do BNG Avia Veira rexistrou unha petición por escrito á Alcaldía de acceso a toda a documentación relativa á proposta de sancións aos VTC trasladada desde a ...
acorunha.bng.gal
November 25, 2025 at 9:30 AM
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔

A nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 volve visitar, este martes 25N, os estudios de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗖𝗼𝗿𝘂𝗻̃𝗮 para se debruzar sobre a actualidade informativa municipal.

⏳Ás 13.30 h
📻No 93.4 da FM
November 24, 2025 at 5:30 PM
📽

A nosa concelleira 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 acompañou a marcha das familias do CEIP Cidade Vella nunha acción en prol de algo tan elemental como unha escola "digna e segura".

Unha mensaxe moi clara para a Xunta e para o Goberno Local.

youtube.com/shorts/Saikb...
Queixas acompaña a loita das familias do Cidade Vella por unha escola "digna e segura"
YouTube video by BNG A Coruña
youtube.com
November 24, 2025 at 12:49 PM
#NaWeb

𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 acompañou esta mañá a manifestación das familias do CEIP Cidade Vella en demanda dunha "escola digna e segura".

A nosa deputada vaille pedir á Xunta que poña en marcha canto antes un proxecto de rehabilitación integral do centro.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Queixas acompaña a marcha das familias do CEIP Cidade Vella e pídelle á Xunta a reforma integral do centro
A concelleira e deputada do BNG Mercedes Queixas acompañou esta mañá a manifestación das familias do CEIP Cidade Vella que marcharon desde este centro de ensino público até a praza de María Pita en de...
acorunha.bng.gal
November 22, 2025 at 1:03 PM
A Plataforma @defensavivenda da #Coruña vén de presentar esta mañá no Rexistro municipal de María Pita unha primeira relación de escritos de denuncia contra vivendas de uso turístico (VUT) en situación de ilegalidade no marco da campaña que vén de lanzar hai uns días ⬇️
November 19, 2025 at 10:24 AM
Próximo xa a facer 60 anos de vida, o Barrio das Flores presenta cada día necesidades en accesibilidade, coidado dos espazos públicos, limpeza ou equipamentos. E mira por el o mellor dos seus tesouros: unha veciñanza activa e orgullosa que non deixa de loitar por el ⬇️
November 18, 2025 at 8:27 PM
Após esta intervención no Parlamento galego de
𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀, logramos o compromiso da Xunta de acometer "accións de mellora" no CEIP de Prácticas.

Son imprescindíbeis xq o estado do edificio pon en risco as crianzas.

Vixiaremos que a Xunta cumpra a súa palabra!

youtube.com/shorts/hKaYl...
A intervención de Queixas que levou a Xunta a anunciar un compromiso sobre o CEIP de Prácticas
YouTube video by BNG A Coruña
youtube.com
November 18, 2025 at 12:21 PM
Acabamos o día achegándonos á @acalexandreboveda.bsky.social para coñecer o proxecto O Barrio en Feminino, experiencia educativa protagonizada por alumnado de 6° de Primaria do CEIP Concepción Arenal. Iniciativas interesantísimas que constrúen cidade apostando por educar desde o máis próximo 💜
November 17, 2025 at 8:05 PM
Durante estes últimos 25 anos dicir na Coruña baile e música tradicionais era tanto como dicir 𝗗𝗼𝗻𝗮𝗶𝗿𝗲.

Poucas entidades teñen feito tanto pola cultura do País!

Parabéns por ese aniversario e veñan, no mínimo, outros 25!
November 17, 2025 at 1:15 PM
#NaWeb

A nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 propón unha ordenanza para regular os VTC e en defensa do sector do taxi.

🗣Parte dunha premisa básica: que os VTC non podan facer viaxes con saída e destino no noso termo municipal.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
O BNG propón unha ordenanza para regular os VTC e en defensa do sector do taxi
Que os VTC non podan facer viaxes con saída e destino no noso termo municipal, clave da proposta do BNG.  
acorunha.bng.gal
November 17, 2025 at 10:40 AM
Acaba de ter lugar, no salón de Plenos do Concello, o acto de entrega dos #PremiosPrismas, galardóns instituídos polos Museos Científicos Coruñeses, verdadeiro orgullo da nosa cidade.

(1).
November 15, 2025 at 1:08 PM
Por riba das pedras da muralla dos xardíns de San Carlos despregouse esta mañá a bandeira que simboliza a nación galega e as súas arelas de emancipación, un acto organizado por 𝗩𝗶́𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮 ao que asistiu o noso portavoz no Concello
𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮.
November 15, 2025 at 12:51 PM
📽

Alén de acompañar a caravana de taxistas, 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 mantivo unha moi interesante conversa con 𝗥𝗶𝗰𝗮𝗿𝗱𝗼 𝗨𝘇𝗮𝗹, un dos profesionais deste servizo público.

Todo o noso apoio fronte á competencia desleal dos VTC!

youtube.com/shorts/Upwti...
Conversa nun taxi: Avia Veira fala cun profesional do sector sobre os VTC
YouTube video by BNG A Coruña
youtube.com
November 14, 2025 at 11:08 AM
Acaba de se realizar a primeira sesión da Comisión Permanente do Consello Municipal da Cultura, coa participación da nosa concelleira 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀.

A CMC constituíuse en novembro de 2023 e durante estes dous anos apenas tivo funcionamento.

(1).
November 13, 2025 at 8:35 PM
Vén de se inaugurar na Praza de Lugo a mostra "Castelao na Coruña", neste ano en que comemoramos o 75 aniversario do pasamento da figura fundacional do nacionalismo galego

É de visita imperdíbel e dá pra orgullármonos da cidade que somos, berce das Irmandades da Fala, do galeguismo político.
November 13, 2025 at 6:45 PM
Coñecemos, no salón de Plenos, o novo desafío de 𝗘𝗺𝗽𝘂𝗷𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗦𝗼𝗻𝗿𝗶𝘀𝗮𝘀: cruzar o Atlántico para percorrer 100 quilómetros nos Andes arxentinos durante 3 días.

Non hai reto que a vontade de superación e de practicar deporte inclusivo non dean superado!

Avante toda!
November 13, 2025 at 5:16 PM
#NaWeb

A nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 acompaña a caravana dos taxistas en protesta pola competencia desleal dos VTC.

👉Fai moita falta que as administracións galega e local actúen ante a actuación ilegal das empresas que rexen estes servizos.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Avia Veira acompaña a caravana dos taxistas en protesta pola competencia desleal dos VTC
A concelleira Avia Veira, responsábel de Mobilidade do grupo municipal do BNG, acompañou esta mañá a mobilización do sector do taxi para facer valer os seus dereitos fronte á competencia desleal dos V...
acorunha.bng.gal
November 13, 2025 at 11:24 AM
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔

Este xoves 13N, o noso portavoz no Concello 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮
volve visitar os estudios de 𝗥𝗮𝗱𝗶𝗼 𝗖𝗼𝗿𝘂𝗻̃𝗮 para participar no seu faladoiro sobre a actualidade informativa, moderado polo xornalista 𝗔𝗻𝘁𝗼́𝗻 𝗟𝗼𝗱𝗲𝗶𝗿𝗼.

⏳Ás 9 h
📻No 101.9 da FM
November 12, 2025 at 7:32 PM
#NaWeb

A nosa deputada 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 arranca un compromiso da Xunta sobre o CEIP de Prácticas.

acorunha.bng.gal/articulo/nov...
November 12, 2025 at 5:54 PM
📽

O PP continúa a acreditar que unha mentira mil veces repetida se converte nunha verdade.

Mais non é así. A mentira, mentira é.

E na Coruña non van subir as taxas.

Ao contrario: e non o van facer grazas ao BNG.

(1).

youtube.com/shorts/otDR2...
Jorquera desvenda as mentiras do PP: as taxas non soben, en realidade baixan
YouTube video by BNG A Coruña
youtube.com
November 12, 2025 at 12:07 PM