Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
@bpsanxelcasal.bsky.social
310 followers 120 following 180 posts
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Inaugurada o 28 de marzo de 2008. Web: https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl
Posts Media Videos Starter Packs
bpsanxelcasal.bsky.social
Nas #bibliotecas públicas defendemos o dereito á liberdade a ler e posicionámonos contra a #censura
Nesta infografía realizada polas compañeiras e compañeiros do Consejo de Cooperación Bibliotecaria resúmese o que significa a censura nas bibliotecas e as ferramentas que empregamos para combatila 💪
bpsanxelcasal.bsky.social
O 7 de outubro ás 8.30h abrimos o prazo para inscribirse no Obradoiro de iniciación á historia da Filosofía e na Aula de maiores na #biblioteca
Toda a info na nosa web:
bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Actividades | Biblioteca Pública
bibliotecas.xunta.gal
bpsanxelcasal.bsky.social
Mañá ás 12h na Choiva de contos teremos “As lendas do Conde Breixo”, unha peza de teatro en teatro de papel en clave de contacontos, narrada a través de Emakis e Kamishibai tradicional xaponés.

Agardámosvos!

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
bpsanxelcasal.bsky.social
👩‍🍳No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as condicións...

Mañá ás 12h comeza un novo curso da Choiva de contos con Iago López e o Cociñeiro Martiño!
bpsanxelcasal.bsky.social
Mirade cantas actividades temos programadas xa para os vindeiros meses: contacontos, concertos, roteiros, obradoiros...

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...

Comezamos o sábado ás 12 con Iago López e O cociñeiro Martiño na Choiva de contos!
bpsanxelcasal.bsky.social
📢Información sobre os Clubs de lectura 2025 - 2026.

O vindeiro 15 de setembro ás 8:30 comeza a inscrición para os clubs de lectura 2025/2026.

Toda a info na nosa web: bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
bpsanxelcasal.bsky.social
Despedimos a semana cunha rolda de imaxes das nenas e nenos participantes na 5ª quenda do Campamento cultural de verán 👋
bpsanxelcasal.bsky.social
Velaí van algunhas imaxes da mostra / exposición A liña e o vento: lembrando a Carlos Taboada, que oranizamos na sala infantil como homenaxe polo seu pasamento.
bpsanxelcasal.bsky.social
📚🇵🇹 Anunciamos a creación dun novo Club de lectura en portugués para o curso 25/26.

✍️A inscrición ábrese o luns 15 de setembro ás 8:30 horas.

📍As sesións realizaránse en xoves alternos ás 19:30 nas salas de traballo do terceiro andar.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
bpsanxelcasal.bsky.social
📚💔 Adeus a Manuel Lourenzo
Marchou unha voz única da nosa literatura, pero quédanos a súa palabra.
Sirva esta mostra para acompañar o recordo, a lectura e a gratitude por todo o que nos deixou.
Achegádevos a compartir esta homenaxe a un creador imprescindible para Galicia.
bpsanxelcasal.bsky.social
🤔Queredes revisar todas as novidades da nosa colección dos últimos tres meses?

🥰Pois velaí van 104 páxinas coas novas novelas, revistas, libros de coñecemento, literatura infantil, audiovisuais...

www.calameo.com/read/0078866...
bpsanxelcasal.bsky.social
🥲Hoxe foi o último día da bolsa de formación en biblioteconomía de Inés, Paz, Roi e Alberto.

🥰Agárdalles un marabilloso futuro ben sexa vinculado ao mundo das bibliotecas ou ao que eles escollan.

👨‍👩‍👧Para nós, serán parte sempre da tribo da BPS!
bpsanxelcasal.bsky.social
📚✨ No campamento cultural da #BibliotecaÁnxelCasal, as crianzas descobren que ler é xogar, soñar e aprender.
Historias que nacen cedo e duran toda a vida.

❤️ A lectura vive aquí. E ti?

#VeránLector #LecturaTemprá #BibliotecasGalegas #Santiago
Reposted by Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
bamidala.bsky.social
Qué guay. Ojalá más y más secciones de fanzines en todos lados 🔥🔥🔥
bpsanxelcasal.bsky.social
📢 Estreamos sección de Fanzines na biblioteca!

A Biblioteca Pública Ánxel Casal amplía o seu fondo coa incorporación dunha nova sección dedicada aos fanzines, publicacións independentes e autoeditadas que reflicten a creatividade máis libre e diversa.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
Reposted by Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
kalvinger.bsky.social
Aí hai polo menos 3 fanzines de Baixo Terra👀👀
bpsanxelcasal.bsky.social
📢 Estreamos sección de Fanzines na biblioteca!

A Biblioteca Pública Ánxel Casal amplía o seu fondo coa incorporación dunha nova sección dedicada aos fanzines, publicacións independentes e autoeditadas que reflicten a creatividade máis libre e diversa.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
bpsanxelcasal.bsky.social
📢 Estreamos sección de Fanzines na biblioteca!

A Biblioteca Pública Ánxel Casal amplía o seu fondo coa incorporación dunha nova sección dedicada aos fanzines, publicacións independentes e autoeditadas que reflicten a creatividade máis libre e diversa.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
bpsanxelcasal.bsky.social
⚠️ Lembrade que a biblioteca non abre mañá pola festividade do Apóstolo. Desfrutade das festas, das comparsas dos cabezudos e dos concertos e vémonos o vindeiro luns!
bpsanxelcasal.bsky.social
Onte despedimos á cativada da 2ª quenda do Campamento cultural de verán e hoxe xa comeza a terceira!
bpsanxelcasal.bsky.social
A exposición inclúe un posto de visionado onde é posible desfrutar do documental 'Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia', producido e realizado por Nós Televisión en colaboración con Galaxia.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
bpsanxelcasal.bsky.social
A Editorial Galaxia leva acompañándonos 75 anos e queremos conmemoralo cunha mostra bibliográfica que amose as coleccións e as autoras e autores que interviron no seu éxito editorial.

Podedes visitar a exposición Un mar de estrelas no vestíbulo ata o mes de setembro.
bpsanxelcasal.bsky.social
🌞Veña! Imos compartir algunhas imaxes da 2ª quenda do Campamento Cultural do verán!
bpsanxelcasal.bsky.social
Na planta baixa, Outras realidades: cómics do imposible. Este verán, escapa da rutina e deixa voar a túa imaxinación embarcándote nesta viaxe por mundos alternativos, realidades paralelas, futuros e pasados imaxinados, versións dun mesmo que nunca foron…

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...
bpsanxelcasal.bsky.social
No 2º andar, Mulleres sen regras, unha escolma na que combinamos estudos biomédicos e socioculturais con ficción, coa que queremos mostrar o cambio de imaxe da vellez feminina, algo que no mundo no que agora habitamos non parece posible.

bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/...