Campus Terra USC
banner
campusterrausc.bsky.social
Campus Terra USC
@campusterrausc.bsky.social
Conta oficial do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.
📍 Lugo.
🕸 https://www.usc.gal/gl/campusterra
🤖 O vindeiro 18 de febreiro terá lugar na @facultadadelugo.bsky.social a xornada ‘Intelixencia Artificial aplicada en educación e na contorna empresarial’, un evento no que destacados profesionais compartirán as súas experiencias sobre os retos da intelixencia artificial na xestión organizativa
February 13, 2026 at 10:22 AM
🔬🍺 O vindeiro 26 de febreiro volven os ‘Xoves de Ciencia e Cañas’, un punto de encontro do persoal investigador do @campusterrausc.bsky.social para intercambiar ideas, impulsar a colaboración interdisciplinar e fortalecer a vida académica do noso campus.

Esperámoste! 🤗
February 12, 2026 at 4:07 PM
Reposted by Campus Terra USC
No Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, polas que somos e polas que serán. Polo fomento das vocacións temperás e para que ningunha de nós quede polo camiño na súa carreira.
@usc.gal
@campusterrausc.bsky.social
February 11, 2026 at 12:44 PM
👩‍🔬 Hoxe celébrase o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

Unha data para poñer o foco no traballo de tódalas mulleres científicas, referentes femininos para a infancia e a mocidade. Para acadar, en definitiva, a igualdade de xénero no ámbito científico. Feliz #11F! 💜
February 11, 2026 at 10:14 AM
🤝 Aproveitar as potencialidades dos tres campus de especialización acreditados do SUG.

Esta foi a meta principal da xuntanza de traballo mantida recentemente en Ferrol entre a Xunta de Galicia e o Campus Terra, o Campus Industrial de Ferrol e o Campus Auga de Ourense.

www.usc.gal/gl/xornal/no...
Os tres campus galegos de especialización avanzan no aproveitamento de sinerxías no ámbito da investigación | Universidade de Santiago de Compostela
Avanzar na cooperación mutua e no intercambio de estratexias co fin de aproveitar ao máximo as súas potencialidades foi a finalidade da xuntanza de traballo entre os tres campus de especialización acr...
www.usc.gal
February 9, 2026 at 4:14 PM
🐮🍦 ‘Bico de xeado’ vén de erixirse como a proposta gañadora do XXVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural polo seu gran vencello co medio rural e o sector primario, así como pola súa aposta por crear valor engadido cos seus propios produtos 👇

www.usc.gal/gl/xornal/no...
‘Bico de xeado’ faise co XXVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural | Universidade de Santiago de Compostela
O xurado da vixésimo sexta edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural escolleu como gañador a ‘Bico de Xeado’ pola súa “inmensa ligazón co medio rural e o sector primario e polas súas tres liñas...
www.usc.gal
February 9, 2026 at 11:27 AM
Reposted by Campus Terra USC
O @ciferrol.bsky.social acolleu unha reunión de traballo entre a Xunta e os tres campus de especialización acreditados do Sug, o Campus Industrial de Ferrol, o @campusterrausc.bsky.social e o Campus Auga @uvigo.bsky.social para compartir proxectos e crear novas sinerxías.

🔗https://bit.ly/ReuCESUG
February 6, 2026 at 2:19 PM
🐄 Jacobo Álvarez Torres, investigador predoutoral no Campus Terra, crea ferramentas para medir as emisións de metano en vacas de leite en condicións reais de explotación.

Hoxe falamos con el de ciencia aplicada para unha gandería máis eficiente, rendible e sostible. 🌱

www.usc.gal/gl/campuster...
Jacobo Álvarez Torres: «Reducir as emisións de metano pasa por medilas en condicións reais de explotación» | Universidade de Santiago de Compostela
O traballo de Jacobo Álvarez Torres, investigador predoutoral do Grupo Reprogal (Reprodución e Obstetricia) da Facultade de Veterinaria do Campus Terra, sitúase na intersección entre produción animal,...
www.usc.gal
February 5, 2026 at 8:07 AM
🌳🗺️ Impulsar a integración da infraestrutura verde na planificación territorial grazas a unha cartografía dinámica e colaborativa.

Este é o obxectivo principal de Greenzone, un proxecto que será presentado este xoves, ás 11:00 horas, no IBADER

www.usc.gal/gl/xornal/no...
Greenzone mellorará a xestión das zonas multifuncionais da infraestrutura verde no marco da loita contra o cambio climático | Universidade de Santiago de Compostela
O proxecto ‘Planificación de zonas multifuncionais e multiobxectivo da infraestrutura verde para a súa integración na ordenación e xestión territorial’ (Greenzone) preséntase este xoves 5 de febreiro,...
www.usc.gal
February 2, 2026 at 4:08 PM
🔬🐮 A Facultade de Veterinaria xa ten un novo decano.

O profesor Fernando Muñoz Guzón tomou posesión esta semana como novo decano de Veterinaria nun acto presidido polo reitor da @usc.gal, Antonio López Díaz e no que tamén interveu o decano saínte, Gonzalo Fernández

www.usc.gal/gl/xornal/no...
Fernando Muñoz gobernará Veterinaria “co diálogo, coa transparencia e cunha vocación profundamente colaborativa” | Universidade de Santiago de Compostela
“Nesta nova etapa, o meu compromiso é claro: liderar co diálogo, coa transparencia e cunha vocación profundamente colaborativa”. Con esta folla de ruta, o profesor Fernando Muñoz Guzón tomou posesión ...
www.usc.gal
January 30, 2026 at 10:19 AM
Reposted by Campus Terra USC
🎶A Primavera Cultural 2026 xa agroma na USC grazas a @culturausc.bsky.social

Música, audiovisuais, exposicións, fotografía, teatro, danza, Faíscas Culturais, foros, formación, certames, convocatorias... Todo isto e moito máis nos campus de Lugo e Compostela!

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 28, 2026 at 10:51 AM
🌳 As árbores como arquivo do clima: Ignacio García González nos explica hoxe como os aneis de crecemento revelan a historia ambiental dos bosques e axudan a anticipar a súa resposta ao cambio climático 👇

www.usc.gal/gl/campuster...
Ignacio García González: «As árbores funcionan como unha caixa negra que rexistra a historia ambiental dos bosques» | Universidade de Santiago de Compostela
A historia ambiental dun bosque pode lerse na madeira das súas árbores. Esa é a premisa que atravesa a traxectoria investigadora de Ignacio García González e que dá sentido a unha entrevista na que o ...
www.usc.gal
January 29, 2026 at 8:46 AM
🔬 O II Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora xa está en marcha!

Esta semana, a organización do ‘II Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra: Raíces do Coñecemento’ deu os seus primeiros pasos cunha xuntanza mantida no edificio CACTUS
January 28, 2026 at 4:12 PM
🌱 Reiterar “o compromiso claro da Universidade con Lugo e a súa provincia”.

Estas foron algunhas das palabras pronunciadas por Antonio López Díaz no que foi o seu derradeiro discurso como reitor da @usc.gal no acto de celebración da festividade de San Tomé

www.usc.gal/gl/xornal/no...
O reitor salienta na festividade de San Tomé “o compromiso claro da Universidade con Lugo e a súa provincia” | Universidade de Santiago de Compostela
Sete anos despois das súas primeiras verbas á fronte da USC na festividade de San Tomé, Antonio López Díaz pronunciou este luns 26 o seu derradeiro discurso como reitor no acto institucional de maior ...
www.usc.gal
January 27, 2026 at 10:16 AM
🚁 A EPS de Enxeñaría vén de celebrar unha xornada de formación que versou arredor das últimas aplicacións tecnolóxicas de drons, na que se presentaron as investigacións máis punteiras da contorna galega e do norte de Portugal

www.usc.gal/gl/xornal/no...
Coñecen na EPSE as investigacións máis punteiras no ámbito dos drons de Galicia e Norte de Portugal | Universidade de Santiago de Compostela
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo reuniu este xoves estudantes, profesionais e persoas interesadas nas tecnoloxías emerxentes do sector aeronáutico. Foi nunha xornada...
www.usc.gal
January 26, 2026 at 4:02 PM
🏆🥖 A Cátedra do Pan e do Cereal vén de facer entrega dos seus galardóns, destinados a recoñecer a excelencia de traballos académicos vencellados ao pan e aos cereais, no marco da súa cuarta edición. Parabéns ás galardoadas! 👏

www.usc.gal/gl/xornal/no...
Entregados os premios da Cátedra do Pan e do Cereal | Universidade de Santiago de Compostela
Esperanza María Méndez Sánchez co Traballo Fin de Grao (TFG) titulado Determinación In Vitro da Dixestibilidade do Amidón e do Índice Glicémico de Diferentes Tipos de Pans do Mercado Galego acaba de o...
www.usc.gal
January 23, 2026 at 10:16 AM
A monitorización continua é clave para tomar decisións forestais informadas e sostibles 🌲📊.

Joel Rodríguez Ruiz, investigador de PROePLA, analiza no noso blog como a tecnoloxía e os datos están a transformar a xestión dos bosques e montes.

www.usc.gal/gl/campuster...
Joel Rodríguez Ruiz: «Hoxe é inconcibible tomar decisións forestais sen sistemas de monitorización continua» | Universidade de Santiago de Compostela
Joel Rodríguez Ruiz é investigador asociado do Campus Terra no Grupo Proxectos e Planificación (PROePLA), desde onde traballa no ámbito da monitorización forestal e a análise avanzada de datos aplicad...
www.usc.gal
January 22, 2026 at 10:36 AM
🏆 Damián Copena, profesor na @facultadadelugo.bsky.social , recibiu recentemente unha Mención de Honra no XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou polo seu traballo sobre a historia económica do sector das sambesugas en España 👇

www.elprogreso.es/articulo/lug...
El profesor de Historia Económica Damián Copena, mención de honor en el premio Ramón Garrabou
El jurado valoró la originalidad y el impacto científico del trabajo del docente en el Campus de Lugo
www.elprogreso.es
January 22, 2026 at 10:32 AM
🌱🐮 Aina Mena, alumna do Grao en Robótica, concedeu recentemente unha entrevista a La Voz de Galicia na da a coñecer o seu último proxecto: Opgan Tech, unha empresa que ofrece solucións tecnolóxicas ao sector da gandaría

www.lavozdegalicia.es/noticia/merc...
La estudiante empresaria que hace avanzar al campo
Aina Mena, que cursa Robótica en Lugo, creó Opgan Tech, una empresa de soluciones tecnológicas
www.lavozdegalicia.es
January 21, 2026 at 10:19 AM
Reposted by Campus Terra USC
🍃 A Cátedra UNESCO Reservas de Biosfera Atlánticas centrarase na biodiversidade, infraestrutura verde e desenvolvemento rural.

Acaba de presentarse e está liderada polo IBADER do @campusterrausc.bsky.social

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
January 15, 2026 at 11:48 AM
Preservar a nosa biodiversidade, mellorar a calidade de vida no rural e facer fronte á crise climática e o despoboamento. Estes son os obxectivos da Cátedra UNESCO de Reservas de Biosfera Atlánticas, liderada polo IBADER do @campusterrausc.bsky.social.
www.usc.gal/gl/xornal/no...
A Cátedra UNESCO Reservas de Biosfera Atlánticas centrarase na biodiversidade, infraestrutura verde e desenvolvemento rural | Universidade de Santiago de Compostela
A Cátedra UNESCO de Reservas de Biosfera Atlánticas bota a andar como un proxecto “participativo e vivo”, que axude a “preservar a nosa Biodiversidade e que favoreza a mellora de calidade de vida no M...
www.usc.gal
January 16, 2026 at 8:45 AM
Reposted by Campus Terra USC
Hai persoas que se pegan coma carrachas. Neste vídeo aprendémosche a retirar unha carracha, pero das outras. Ciencia á Feira realízase co apoio da FECYT e a área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social @efervesciencia.org
January 14, 2026 at 12:51 PM
Poden os lodos de depuradora mellorar a fertilidade do solo sen danar o medio ambiente? 🌱♻️

Hoxe falamos con Daniel Carlos Machado, investigador en estancia no Campus Terra, sobre ciencia do solo, sustentabilidade e economía circular 👇

www.usc.gal/gl/campuster...
Daniel Carlos Machado: «Os lodos de depuradora poden mellorar a fertilidade do solo sen causar danos ao medio ambiente se se aplican correctamente» | Universidade de Santiago de Compostela
Daniel Carlos Machado é investigador en estancia no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, onde participa no Programa de Doutoramento en Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolve...
www.usc.gal
January 15, 2026 at 8:45 AM
1️⃣ de cada 3️⃣ enxeñeiros da EPSE traballan antes de graduarse.
3️⃣ de cada 4️⃣enxeñeiros graduados no último lustro atoparon traballo ao rematar a carreira.

@vozdegalicia.bsky.social analiza o éxito do modelo da EPSE do Campus-Terra ⬇️

www.lavozdegalicia.es/noticia/somo...
Un tercio de los ingenieros del campus de Lugo trabajan ya antes de graduarse: «A Escola Politécnica é un motor de talento para Galicia»
Las tres cuartas partes de los que acabaron los estudios en el centro entre el 2020 y el 2025 están ya colocados
www.lavozdegalicia.es
January 14, 2026 at 8:54 AM
Reposted by Campus Terra USC
Onde e cando podemos atopar carrachas? Escoitade as nosas veterinarias Inma Orjales e Marta López. Ciencia á Feira é un proxecto que se realiza co apoio da FECYT e da área do Medio Rural, mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. @usc.gal @campusterrausc.bsky.social
January 12, 2026 at 4:52 PM