o Carlos Callón
banner
carloscallon.bsky.social
o Carlos Callón
@carloscallon.bsky.social
Os meus últimos libros son Vidas e historias LGBT da Idade Media e Maxicamente vella, eternamente nova: a literatura tradicional galega.
Que ten a cultura tradicional galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre?
November 23, 2025 at 8:43 PM
Hoxe é un bo día para falarmos da “censura democrática” que existe en Galiza e que non precisa de lapis vermellos nin azuis.
November 20, 2025 at 2:21 PM
A Idade Média saiu do armário na Livraria Aberta do Porto 🥰

Falamos de santos trans com túmulo em Barcelos ou transmitidos no convento da Alcobaça, da diversidade afectiva no trovadorismo galego-português, de casamentos entre homens na Galiza e Portugal há séculos…
November 20, 2025 at 7:20 AM
Leo agora o panteón do xornal El País: 47 títulos en castelán, 2 en catalán, 1 en vasco e 0 en galego. Como de costume, é reflexo do peso político e non dos valores literarios.

Rosalía (a primeira) dicía aquilo de que Galiza non pode chamarse española. El País tamén o pensa.
November 19, 2025 at 9:49 AM
Algo ten o nome Rosalía!

(A primeira foto é no concerto a que lle fun en 2022 en Braga. A segunda, de onte no Porto).
November 18, 2025 at 7:00 AM
Reposted by o Carlos Callón
Quérote, Rosi.
November 15, 2025 at 9:53 AM
Na verdade, ainda não conheço muitas pessoas no Porto. Ajudem-me a espalhar! ☺️
November 14, 2025 at 10:20 AM
Penduro aquí a entrevista que tiveron a xentileza de me realizar para o Boletín de Birmed, a base de datos coa Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval.

Aproveito para anunciar que o libro se vai lanzar no Porto a próxima cuarta feira, 19 de novembro, ás 18h30 na Livraria aberta ☺️
November 12, 2025 at 10:37 PM
Reposted by o Carlos Callón
OPINIÓN | Pegadas

✍️ Carme Adán

nosdiario.gal/opinion/carm...
November 11, 2025 at 8:38 AM
Algunhas historias e vidas que o poder tentou eliminar da memoria ergueron a voz en Barro. Grazas á Agrupación Cultural Barosa por lles dar fogar e luz.

Avante toda coas Vidas e historias LGBT da Idade Media!
November 11, 2025 at 8:10 AM
DUAS VIAGENS DE RISCO.
November 10, 2025 at 10:39 PM
Nestes días púxenme a pensar nas anteriores veces que visitei Londres e decateime de que, en cada unha delas, eu era un home diferente. A vida dá tantas voltas!
November 5, 2025 at 10:50 AM
Quen coida o ensino coida do futuro todo.
October 28, 2025 at 8:16 PM
Reposted by o Carlos Callón
Polo que se ve, @carloscallon.bsky.social non para!!

Este sábado, no Teatro Principal, temos unha cita con el.

🎟️ Merca a túa entrada en lgx15.gal!
October 22, 2025 at 6:37 AM
Onde nos vemos? 🥰
October 22, 2025 at 6:27 AM
Reposted by o Carlos Callón
O diñeiro non dá a felicidade, pero pode dar outras cousas como a alcaldía de Ribeira.
October 22, 2025 at 6:25 AM
É boa verdade que non se consegue estar a todo e que, quen fai o que pode, fai o que debe, mais... se non se activar o BNG para restaurar o galego, quen o vai facer?

Hai un camiño acordado para revitalizarmos a nosa lingua. Andémolo, xuntas e xuntos ♥️
October 21, 2025 at 6:18 AM
Eu ♥️ o ensino en galego

Nós ♥️ o ensino en galego

📷 Currais Domingues
October 20, 2025 at 9:37 AM
A proximidade entre o castelán e o galego, que tantas veces xoga na nosa contra ao erosionar de xeito constante a nosa lingua, tamén pode ser unha fortaleza para a súa revitalización. Se existiren espazos a facilitar o uso do galego, o camiño de volta é posíbel. Camiñemos, xuntas e xuntos!
October 18, 2025 at 7:46 AM
Reposted by o Carlos Callón
October 17, 2025 at 12:10 PM
A libraría Soños de Papel (Lugo) acolleu unha conversa moi especial sobre Maxicamente vella, eternamente nova: a literatura tradicional galega.

Foi un auténtico luxo partillar este espazo co profundo saber de Antonio Reigosa.
October 17, 2025 at 6:22 AM
“O portugués: unha ferramenta galega para a xestión cultural” é a conferencia que ofrezo para institutos no programa A Ponte, da Universidade de Santiago de Compostela.

Os centros interesados poden inscribirse aquí: www.usc.gal/gl/servizos/...
October 15, 2025 at 11:11 AM
Hai quen di que o 12 de outubro non hai nada para celebrar. É inexacto. No 12 de outubro festexamos o aniversario da miña tía Pepita, un exemplo vital de esforzo, xenerosidade e amor ♥️
October 12, 2025 at 10:32 AM
Annie Hall vina un día na TV de pura casualidade. Deixoume coa boca e o corazón abertos. É un dos filmes aos que máis volto. Descansa en paz, Annie. Estás en nós.
October 12, 2025 at 5:41 AM
Dáme da pera que comes,
da mazán, un bocadiño;
dáme da boca unha fala,
do corazón, un cariño.

🍐 Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega 🍎
October 11, 2025 at 7:13 AM