ForoESGal
@foroesgal.bsky.social
27 followers 15 following 160 posts
Foro pola Economía Social Galega. Espazo de encontro entre entidades da Economía Social Galega. Integrado por Aeiga, Aesgal, Agaca, Cegasal e EspazoCoop. https://foroesgal.org/
Posts Media Videos Starter Packs
foroesgal.bsky.social
Parabéns a COGAMI Empresarial pola súa achega a unha sociedade máis xusta, sostible e inclusiva. 🌟
foroesgal.bsky.social
👥 Mais tamén pon o foco nos grupos de interese cos que interrelaciona na súa estratexia e operativa. O ForoESGal ten o privilexio de formar parte dese grupo de axentes ligados ao ecosistema da economía social, o que permite reforzar os vínculos e seguir impulsando o noso sector.
foroesgal.bsky.social
👉 O documento permite salientar e avaliar os aspectos claves do desempeño das empresas que forman parte do grupo desde unha perspectiva integral.
foroesgal.bsky.social
📄Cogami Empresarial vén de publicar recentemente a súa Memoria de Sostibilidade 2024, unha mostra do seu compromiso coa tripla liña de impacto e beneficio: social, económica e ambiental.
foroesgal.bsky.social
➡️ Xa sabedes! Se a vosa iniciativa comparte os principios da ESS, non dubidedes en achegar a vosa solicitude (antes do 19 de outubro) para formar parte desta novidosa iniciativa! Toda a información en REAS Galicia.
foroesgal.bsky.social
📢 Compartimos por aquí a interesante proposta que se está a impulsar desde #REAS Galicia: a creación dun catálogo web de proxectos galegos de Economía Social e Solidaria. Un recurso máis en prol dun consumo crítico, consciente e transformador.
foroesgal.bsky.social
✅ Ferramentas coas que poder dar un salto cualitativo nos investimentos e, polo tanto, na competitividade das empresas do noso sector.
foroesgal.bsky.social
🖥️ O pasado venres, o Ministerio de Traballo e Economía Social (MITES) celebrou unha xornada para coñecer en detalle os instrumentos financeiros que están a disposición da #EconomíaSocial.
foroesgal.bsky.social
👏Tres exemplos de traballo e acción en favor dos dereitos das mulleres. Porque só desde a igualdade será posible acadar unha sociedade máis xusta, inclusiva e solidaria. 🌟
foroesgal.bsky.social
💫Parabéns ás galardonadas deste ano: a política e ex conselleira Manuela López Besteiro; a deportista olímpica Teresa Portela; e a Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia(UPA), encargada de dar protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
foroesgal.bsky.social
➡️ O ForoESGal estivo hoxe presente, a través do noso presidente Mino Martínez, na gala de entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán 2025 coas que a Xunta de Galicia recoñece o traballo de persoas e entidades en favor da igualdade, un dos principios fundamentais da Economía Social.
foroesgal.bsky.social
➡️ O novo marco normativo, as boas prácticas na prevención do desperdicio alimentario, iniciativas de éxito e modelos de negocio neste eido son algunhas das cuestións que están a ser abordadas por diferentes profesionais.
foroesgal.bsky.social
🗣️O noso presidente, Mino Martínez, interviu ao comezo da sesión para saudar aos participantes e destacar a organización dunha proposta que tenta achegar as oportunidades de negocio que a Lei 1/2025, de 1 de abril, de Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentario, abre para a Economía Social.
foroesgal.bsky.social
✅ Esta mañá se está a celebrar, vía online, a interesante xornada sobre Reaproveitamento Alimentario impulsada por Aeiga e Agaca, entidades socias do ForoESGal.
foroesgal.bsky.social
🕛 A acción formativa desenvolverase entre as 10.00 e 11.15 horas e será impartida por unha relatora da Universidade de Mondragón.
foroesgal.bsky.social
💻O impacto da Intelixencia Artificial na Economía Social, o emprego eficaz da mesma e casos de aplicación práctica serán algunhas das cuestións nas que se centrará a Webinar prevista por CEPES para o 23 de outubro, en colaboración con Fundae.
foroesgal.bsky.social
👥 No decurso da mesma daranse a coñecer, a través da intervención de diferentes profesionais, experiencias e modelos encamiñados ao reaproveitamento alimentario, con exemplos inspiradores e aplicacións prácticas que contribúen á sostibilidade, á innovación e á xeración de valor económico e social.
foroesgal.bsky.social
🖥️ A cita desenvolverase na modalidade online, a través de Teams, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
foroesgal.bsky.social
♻️ A nova norma abre un novo escenario e novas oportunidades de negocio para a ECONOMÍA SOCIAL, cuestión sobre a que xirará a xornada organizada para este venres por Aeiga e Agaca, entidades socias do ForoESGal.
foroesgal.bsky.social
✅ Concienciar sobre o consumo responsable e fomentar boas prácticas tanto nos produtores como nos consumidores son dous dos principais obxectivos da Lei 1/2025, de 1 de abril, de Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentario.
foroesgal.bsky.social
Participar cun posto non ten custe algún, e desde a organización facilitaranse os soportes expositivos completamente de balde.

ℹ️ Toda a información nas redes de Reas Galicia.