GCiencia
gciencia.bsky.social
GCiencia
@gciencia.bsky.social
Xornalismo + Divulgación
O corpo metaboliza mellor as calorías durante o día, polo que cear tarde pode favorecer o sobrepeso se se converte en hábito.

Comer lixeiro, equilibrado e antes das 21:00 axuda a manter a saúde.
Comer de noite engorda máis? O que di a ciencia sobre a hora da cea
A crononutrición evidencia que o momento das comidas pode influír no metabolismo, na resposta á insulina e na acumulación de graxa
www.gciencia.com
November 26, 2025 at 6:05 PM
O Black Friday é unha data que alenta as compras impulsivas e emocionais. Así o analiza en @es.theconversation.com o investigador Matías Membiela-Pollán da @udc.gal.
Black Friday e compras impulsivas: como adquirir produtos de forma máis responsable?
Os asistentes de IA poden servir para razoar as nosas decisións, comparar prezos e evitar o compoñente emocional en datas tan sinaladas
www.gciencia.com
November 26, 2025 at 5:53 PM
Xa está dispoñible o último episodio de Desmontando Mitos en Spotify!

Mergullámonos na crononutrición, a disciplina que estudia como o momento das comidas afecta ao noso corpo.
Comer de noite engorda máis?
open.spotify.com
November 26, 2025 at 12:53 PM
O Centro Infográfico Avanzado de Galicia recupera o patrimonio histórico galego en 3D, desde casas galaicas ata edificios e prazas do século XX.
Casas galaicas e edificios perdidos: así se reconstrúe en 3D o patrimonio histórico galego
O CIAG emprega a tecnoloxía 3D para recuperar espazos e edificios perdidos, combinando rigor histórico e innovación
www.gciencia.com
November 26, 2025 at 12:04 PM
O investimento da Xunta no Plan de Dixitalización Plena achégase aos 10 millóns de euros para avanzar en tecnoloxías como a intelixencia artificial e a analítica de procesos.
O 95% dos procedementos administrativos da Xunta máis solicitados serán dixitais en 2027
O investimento no Plan de Dixitalización Plena achégase aos 10 millóns de euros para avanzar en IA e analítica de procesos
www.gciencia.com
November 26, 2025 at 10:50 AM
Cear tarde non engorda por si só, pero o corpo metaboliza peor as calorías pola noite.

Coñece máis no último episodio de Desmontando Mitos.
Comer de noite engorda máis?
YouTube video by GCiencia
youtu.be
November 26, 2025 at 9:45 AM
A investigadora do IDIS, María José Currás, foi premiada pola súa investigación sobre a Heteroplasia Ósea Progresiva, unha enfermidade ultrarrara de orixe xenética que forma óso onde non debería existir.
Un equipo galego crea un novo modelo celular para investigar unha doenza ultrarrara
A heteroplasia ósea progresiva é unha patoloxía de orixe xenética que provoca a formación gradual de óso en tecidos onde non debería existir
www.gciencia.com
November 25, 2025 at 5:28 PM
A empresa galega Alén Space completa un novo satélite. Lanzarase nos próximos días dende Corea do Sur para a validación en órbita de tecnoloxías avanzadas en comunicacións.
Alén Space completa un novo satélite para un instituto tecnolóxico de Corea do Sur
A partida do aparello, creado integramente en Nigrán, está prevista os próximos días desde o Centro Espacial Naro
www.gciencia.com
November 25, 2025 at 4:38 PM
O químico José Luis Mascareñas do @ciqus.bsky.social recolle o Premio Rei Jaume I de Investigación Básica polos seus “traballos pioneiros en química organometálica”.
O químico José Luis Mascareñas recolle o Premio Rei Jaume I de Investigación Básica
O investigador do CiQUS foi distinguido polos seus pioneiros traballos que introducen reaccións catalizadas por metais en células vivas
www.gciencia.com
November 25, 2025 at 3:30 PM
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

E neste artigo de @es.theconversation.com repasan as violencias médicas exercidas contra as mulleres no século XIX.
#25N
Vivas de milagre: violencias médicas contra as mulleres do século XIX
Cando a Xinecoloxía e a Obstetricia se consolidan como materias nas Facultades de Medicina, a teoría médica “inventa” dúas enfermidades
www.gciencia.com
November 25, 2025 at 12:28 PM
O grupo MetBioCat do @ciqus.bsky.social foi o gañador dos Premios GCiencia Galicia Spin-off na categoría de Grupos de Investigación.
MetBioCat, un grupo pioneiro que actúa na fronteira entre a química e a biomedicina
O equipo foi o gañador dos Premios GCiencia Galicia Spin-off na categoría de Grupos de Investigación e está dirixido por José Luis Mascareñas
www.gciencia.com
November 25, 2025 at 11:08 AM
Unha mutación no xene LMNA está asociada a un tipo de lipodistrofia, unha enfermidade rara que causa perda de graxa. E é especialmente prevalente na Baixa Limia.

Cóntanolo David Araujo-Vilar do @cimususc.bsky.social
Identificada na Baixa Limia unha mutación asociada cunha doenza rara que causa perda de graxa
O investigador do CiMUS David Araujo-Vilar descubriu que varios pacientes cunha variante no xene LMNA proviñan da comarca ourensá
www.gciencia.com
November 25, 2025 at 8:46 AM
Un posible quecemento súbito estratosférico podería alterar a circulación atmosférica e incrementar a chegada de frío a Europa.

Se se confirma, Galicia notaría os seus efectos cun tempo máis invernal e húmido.
Que é o quecemento súbito estratosférico que podería afectar a Galicia este Nadal?
As previsións apuntan que as primeiras consecuencias deste fenómeno se manifestarían na segunda quincena de decembro
www.gciencia.com
November 24, 2025 at 5:21 PM
Un escrito polo galego Pedro de Gracia Rei recolleu as normas de comportamento e cortesía para a infanta Isabel, filla dos Reis Católicos.

Este libro único, conservado na Biblioteca Nacional de España, ofrece máis de 60 consellos que van desde a mesa ata a vida diaria en palacio.
Como facerse o parvo no século XV? O libro escrito por un galego para os Reis Católicos
O incunable 'Criança y virtuosa doctrina' trátase dun testemuño único do primeiro tratado de protocolo da Castela medieval
www.gciencia.com
November 24, 2025 at 12:42 PM
Europa impulsa o proxecto 3DBigDataSpace para organizar e compartir modelos 3D e 4D do seu patrimonio cultural.

Un equipo de atlanTTic desenvolve unha aplicación que permite visualizar, crear e contextualizar estes contidos ao longo das rutas do Camiño de Santiago.
O patrimonio cultural de Europa cobra vida en tres dimensións dende atlanTTic
atlanTTic desenvolve unha aplicación que emprega intelixencia artificial e realidade aumentada para dixitalizar miles de bens culturais
www.gciencia.com
November 24, 2025 at 10:20 AM
Os cans na praia alteran o comportamento das aves acuáticas a través de persecucións, aumentando o seu estrés e obrigándoas a desprazarse. Coñece máis información neste artigo.
Da Lanzada a Barreiros: levar o teu can á praia pon en serio perigo as aves acuáticas
Un estudo da USC revela que o 98% das perturbacións ás aves costeiras foron provocadas por animais domésticos soltos
www.gciencia.com
November 24, 2025 at 8:38 AM
A iniciativa Galicia Birding, de Turismo da Xunta, ofrece información actualizada sobre rutas e especies de aves en toda a comunidade.

Cada mes permite descubrir novas localizacións e gozar da diversidade ornitolóxica de Galicia.
Todo o que necesitas para comezar a observar aves en Galicia
A iniciativa Galicia Birding de Turismo de Galicia actualiza cada mes as rutas e especies observables no territorio
www.gciencia.com
November 23, 2025 at 11:01 AM
Un obxecto celeste chamado Theia chocou contra a Terra fai 4.500 millóns de anos, dando lugar á Lúa.

Un estudo de isótopos en rocas lunares e terrestres publicado en Science suxire pistas sobre a súa formación.
Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa
Unha análise revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos
www.gciencia.com
November 22, 2025 at 11:20 AM
A @uvigo.bsky.social Vigo únese as ceelebracións do Día Mundial da Pesca.
A UVigo promove o coidado do mar nas aulas de Vilaboa polo Día Mundial da Pesca
O alumnado do CPI do Toural participará en actividades gamificadas e artísticas en decembro
www.gciencia.com
November 21, 2025 at 6:27 PM
Imaxinas aguantar a respiración mentres vas ao supermercado ou dormes? O investigador Antonio Figueras do IIM-CSIC fálanos en @es.theconversation.com do fascinante mundo dos mamíferos mariños.
Respirar baixo a auga: a incrible historia evolutiva dos mamíferos mariños
As baleas e os os golfiños reinventaron a respiración, o sono, a reprodución e o control cardiovascular para vivir baixo a auga
www.gciencia.com
November 21, 2025 at 1:11 PM
Hai ata 14 formas distintas de falar das "bolboretas" en galego. Así o recolle un mapa do @ilgusc.bsky.social que tamén estuda as zonas limítrofes de Asturias e Castela e León, así como o norte de Portugal.
Paxarela ou voíña? 14 formas de falar das bolboretas en galego (en función de onde vivas)
Un mapa elaborado polo ILG recompila variantes léxicas en Galicia, as zonas limítrofes de Asturias e Castela e León, e norte de Portugal
www.gciencia.com
November 21, 2025 at 12:00 PM
Un plan de axudas da Deputación de Pontevedra promove a modernización e reforzamento das entidades que xestionan recursos hídricos.
A revolución silenciosa das traídas veciñais: Pontevedra transforma o abastecemento no rural
Un plan de axudas da Deputación promove a modernización e reforzamento das entidades que xestionan recursos hídricos
www.gciencia.com
November 21, 2025 at 9:59 AM
Falamos con África González, Premio María Wonenburger 2025, dos seus 30 anos de traxectoria traballando no eido da inmunoloxía dende Vigo.
África González: "Deseñamos unha nova terapia CAR-T contra os cancros de páncreas e estómago"
A catedrática da UVigo acaba de ser galardoada co Premio María Josefa Wonenburger polas súas contribucións ao eido da inmunoloxía
www.gciencia.com
November 21, 2025 at 8:40 AM
A Ruta dos Faros nos Trens Turísticos de Galicia ofrecen unha forma sostible e cómoda de descubrir esta paisaxe única das Rías Altas.

O proxecto, recoñecido internacionalmente, permite visitar lugares destacados como Cabo Ortegal e Estaca de Bares.
Do Cabo Ortegal a Fisterra: a Ruta dos Faros a bordo dun tren turístico
Un percorrido de 200 quilómetros polos paisaxes máis fermosos das Rías Altas, recoñecido co premio "Tourism-Friendly" da UIC
www.gciencia.com
November 20, 2025 at 5:52 PM
atlanTTic celebrou o seu 15º aniversario, onde puxo en valor a súa traxectoria, logros científicos e compromiso de seguir liderando retos tecnolóxicos de futuro.
atlanTTic celebra 15 anos impulsando o estudo das telecomunicacións dende Galicia
O encontro pon en valor avances en áreas como a comunicación 6G, a intelixencia artificial ou a ciberseguridade
www.gciencia.com
November 20, 2025 at 4:48 PM