A Hedreira
banner
hedreira.bsky.social
A Hedreira
@hedreira.bsky.social
Centro social autoxestionado en Lugo. Móvenos a cultura alternativa, a creación colectiva, a xustiza social e a defensa do territorio. Podes informarte e afiliarte en: ahedreira.noblogs.org

Rúa Catasol, 17 (LUGO)
Pinned
Aquí vai a axenda de decembro
Hoxe a partir das 17:30 na praza de Abastos a cativada luguesa ten unha cita co Apalpador.
December 20, 2025 at 12:57 PM
Hoxe como facer graffitis con musgo
December 19, 2025 at 4:46 PM
Hoxe ás 19h cinefórum na Hedreira: We're all going to the world's fair.
December 18, 2025 at 4:26 PM
Concentración de apoio ás encausadxs propalestinxs polas protestas contra "La Vuelta" diante do xulgado de Lugo.
December 10, 2025 at 9:57 PM
Mércores 10 - 18:30

Presentación do libro 'Insubmisión ambigua' na Hedreira.
December 9, 2025 at 3:34 PM
Este venres última cea do ano!
December 8, 2025 at 1:04 PM
Aquí vai a axenda de decembro
December 2, 2025 at 1:04 PM
Cineforum | "Después de... no se os puede dejar solos". Documental censurado durante a transición ata 1983.

Con apenas narración, percorre a transición con testemuñas e un gran documentario de imaxes da época.

Dirixido por Cecilia Bartolomé e José Juan Bartolomé.

Xoves 20 ás 19h.
November 18, 2025 at 1:11 PM
Na xornada do sábado a Comunidade Saharauí en Galiza anunciou que poñería un bus desde Lugo para a manifestación anual estatal contra a venda española do Sáhara Occidental cando se cumpren 50 anos do Acordo Tripartito de Madrid.
November 14, 2025 at 12:08 AM
Este domingo ás 18h o escritor Carlos López Bacardí e o historiador Moisès Nadal falarannos dun proxecto educativo no que participaron: Ta Spol Be, no municipio autónomo zapatista de San Pedro Polhó (Chiapas). Carlos atópase visitando Galiza desde México e é co-autor dun libro sobre este proxecto.
November 12, 2025 at 6:16 PM
🌰🌰🌰🌰💥O venres 14 tes unha cita para papar castañas e botar uns bailes 🕺🕺🕺🕺

Ás 19h na praza da rúa Paxariños (entre o bar A Fouce e o Clavicémbalo)
November 12, 2025 at 10:44 AM
🫂Este xoves 13 ás 21h, breve charla informativa e consellos prácticos a cargo de José Ángel Ríos Casos sobre: lumbalxia, dorsalxia e cervicalxia.
November 11, 2025 at 2:34 PM
Este sábado ás 21:30 temos a cea vegana mensual. Reservade por correo: [email protected]
November 10, 2025 at 3:39 PM
Este domingo, 9 de novembro, desde as 11h, acolleremos unha xornada polo 50 aniversario da Marcha Verde que dá inicio, co beneplácito español, á ocupación marroquí do Sáhara Occidental que se mantén ata a actualidade. Inclúe palestras, proxección dun documental e xantar saharauí.
November 6, 2025 at 1:07 PM
O sábado 8 de novembro ás 17:30h na Hedreira, xornada de autodefensa laboral. Non as perdas.

👉 Pasado, presente e futuro do movemento obreiro
👉 A inspección de traballo como recurso para o traballador
👉 Crítica e ética sobre o traballo
👉 A xurisdicción social como garantía dos dereitos conquistados
November 5, 2025 at 9:16 AM
Actividades de novembro na Hedreira!!

R/ Catasol, 17, Lugo
November 2, 2025 at 9:09 PM
🎃👻 Hoxe, cinefórum temático especial polo tempo de defuntos 👻🎃

🍿 Proxectaremos dúas curtas e unha longametraxe.
October 30, 2025 at 2:05 PM
🔭🧪 II XORNADAS DE DIVULGACIÓN NA HEDREIRA 📚🧬

Vide escoitar e aprender sobre que cousas estudou a xente que nos rodea. Ven compartir esa paixón tan específica sobre a que sabe moito a túa colega e nunca che quedou claro de todo de que ía !! ♥️
October 27, 2025 at 1:21 PM
🚨 AVISO: As xornadas de divulgación da Hedreira reduciranse a un só día, o próximo luns 27 de outubro. Cancelamos a deste xoves 23.
October 21, 2025 at 3:58 PM
E despois... Aprendemos catalán coa práctica. Faladoiro en catalán os martes de 20:15 a 21:30. I tant que sí!
October 6, 2025 at 6:23 PM
Mañá volven as clases de galego, orientadas para persoas procedentes de fóra de Galiza. Desta vez, os martes de 18:45 a 20:15. Pásallo as túas amizades inmigrantes!
October 6, 2025 at 6:20 PM
Actividades de outubro
October 3, 2025 at 12:17 PM
Charla-degustación: A Landra (belota) como alimento ecolóxico, rico e nutritivo.

Agora que comeza a tempada de landras, explicaranse varios métodos de preparación deste alimento silvestre adecuados para o consumo humano. Tamén faremos unha tortas de landra para degustalas.
September 28, 2025 at 7:52 AM
🔭🧪 II XORNADAS DE DIVULGACIÓN 📚🧬

Se te frustra que ninguén coñeza o teu TFG/TFM/..., isto é para ti 🫵

📆 Acolleremos unha nova edición os próximos 23 e 27 de outubro.

📩 Envíanos a túa proposta a [email protected]
September 25, 2025 at 2:38 PM
🔥🎬CINEFORUM QUENTE, XOVES 25 ÁS 18:30:

Nesta primeira edición do coñecido como cine quente veremos unha película onde en canto de facer calar aos expectadores e odiar os comentarios polo baixiño das nosas acompañantes, os espectadores interrumpirán a película cantas veces o consideren oportuno.
September 24, 2025 at 1:40 PM