Edicións Laiovento
banner
laiovento.bsky.social
Edicións Laiovento
@laiovento.bsky.social
Libros que fan País. Laiovento ten como obxectivo principal contribuír, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á construción nacional da Galiza
Velaí as imaxes da presentación do poemario de Cesareo Sanchez Iglesias O RUMOR DO DISTANTE, publicado na colección 'VentoaLto Poesía' de #Laiovento, que tivo lugar no espazo OZOCOgz do Carballiño o 26 de novembro (fotografías de OZOCOgz)
November 27, 2025 at 5:28 AM
O venres 28 de novembro David Otero presentará o seu poemario CONECTA CO ÍNTIMO, publicado na colección 'VentoaLto Poesía' de #Laiovento, no Museo da Terra de Melide, ás 19:30h. Velaí vos deixamos o convite cos detalles do acto
November 27, 2025 at 5:18 AM
A profesora Dolores Vilavedra comentou no ZigZag da TVG o libro de Alba Rodríguez Saavedra @albars-1980.bsky.social RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, que vén de publicar #Laiovento
Percorremos Galicia a través das fotografías de Ruth Matilda Anderson - G24
Ruth Matilda Anderson, que, ademais de percorrer Galicia a principios do século XX fotografando a vida, tamén traduciu textos galegos ao inglés Agora Alba Rodríguez Saavedra reivindica a súa figura n...
www.g24.gal
November 26, 2025 at 4:38 PM
Publicamos a tradución realizada por Claudio López Garrido do DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, obra de Étienne de La Boétie. Un ensaio sobre a tiranía do consentimento, que #Laiovento publica agora en galego. A partir da semana que vén nas librarías
November 26, 2025 at 8:50 AM
O mércores 26 de novembro Xosé de Cea presentará o seu libro O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO "ALTRI NON" publicado por #Laiovento, no marco da libraría Eixo de Ourense, ás 19:30h.
November 25, 2025 at 4:46 AM
Falou @laureanoaraujo.bsky.social e falou ben! No perdades a súa última tradución, a novela da autora suíza Rebekka Salm AS COUSAS POLO NOME, que vén de publicar #Laiovento
"Quen crea que a burla é dolorosa non coñece o martirio do silencio."
laiovento.gal/CATALOGO/139...
#literatura #tradución @laiovento.bsky.social #laiovento #rebekkasalm #prohelvetia #feminismo #suíza #schweiz #laureanoaraujo
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025
November 24, 2025 at 6:56 PM
O mércores 26 de novembro Cesáreo Sánchez Iglesias presentará o seu poemario O RUMOR DO DISTANTE, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía, no espazo ozoco.gz do Carballiño ás 20h. O autor estará acompañado lo polo historiador Felipe-Senén López
November 24, 2025 at 3:04 PM
No #FarodaCultura Estro Montaña avalía a produción bibliográfica co gallo do 75 cabodano do pasamento de #Castelao, achegándose a dous libros de #Laiovento: o de Pilar García Negro ARREDOR DE CASTELAO NO SÉCULO XXI e o de Carlos L. Bernárdez NOVO DIÁLOGO. ACHEGAS Á OBRA PLÁSTICA DE CASTELAO
November 22, 2025 at 12:13 PM
Aló van 50 anos da morte do ditador, infelizmente non podemos dicir a mesmo do franquismo, que segue demasiado presente entre nós. No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Manuel Monge OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA, publicado en 2020, que repasaba as pervivencias da ditadura
November 21, 2025 at 11:13 AM
O sábado 22 de novembro, no marco das II Xornadas de Mulleres, memoria e dignidade, Alba Rodríguez Saavedra @albars-1980.bsky.social presentará o seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, no Espazo Bitácora do Ézaro (Dumbría), ás 10:30h.
November 20, 2025 at 11:53 AM
O dixital @culturagalega.bsky.social recolle a publicación do libro de Alba Rodríguez Saavedra @albars-1980.bsky.social RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, unha libro que vén de editar #Laiovento
Alba Rodríguez reivindica o labor de tradución de Ruth Matilda Anderson . Laiovento publica <i>Ruth Matilda Anderson. Tradutora nas marxes</i>
Laiovento publica <i>Ruth Matilda Anderson. Tradutora nas marxes</i>
culturagalega.gal
November 19, 2025 at 6:06 PM
Da man de @laureanoaraujo.bsky.social volvemos visitar a Suíza de lingua alemá: #Laiovento edita a novela de Rebekka Salm AS COUSAS POLO NOME, co apoio de prohelvetia. Máis unha vez non todo e felicidade e fartura en Suíza, convidámosvos a mergullarvos nas páxinas deste libro para comprobalo.
November 18, 2025 at 11:27 AM
A revista Alighieria entrevista o editor Afonso Ribas, coordinador editoral de Edicións Laiovento, para falar sobre a súa traxectoria profesional e sobre os obxectivos e retos da editora
Afonso Ribas, director de Laiovento: «Trabajamos para que el gallego se utilice en todas las ramas del conocimiento y para que nuestros paisanos puedan expresarse sin complejos»
Laiovento: independencia, lengua y pensamiento crítico desde Galicia
www.alighieria.com
November 16, 2025 at 7:00 PM
No xornal @nosdiario.bsky.social Xosé Lois García escribe verbo do libro de Pär Larson ET IN GALLAECIA EGO. ESCULCAS NO MUNDO DOS TROBADORES, publicado por #Laiovento, en tradución e edición de Mariña Arbor Aldea
Esculca necesaria na arte de trobar
Un suculento agasallo, no corrente ano, en que se cumpren oitocentos anos do nacemento do trobador galego, Paio Gómez Chariño. Grata oferta editorial da nova
www.nosdiario.gal
November 16, 2025 at 5:03 PM
O xornalista Daniel Salgado repasa en eldiario.es á bibliografía aparecida nos últimos tempos sobre a figura de Xosé Manuel Beiras. Entre os títulos que destaca hai dous publicados por #Laiovento: Esperanza Mariño FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA (2025) e o libro do propio Beiras RETRATOS EN FITE (2022)
Del 'joven Beiras' a traducir Camus y el socialismo radical: varios libros repasan la figura del histórico nacionalista gallego
Activo a los casi 90 años, el que fuera carismático líder de PSG, BNG y de Anova es dueño de una polifacética trayectoria vertebrada por la política nacionalista de izquierdas y la preocupación intele...
www.eldiario.es
November 16, 2025 at 11:16 AM
O #SermosGaliza desta semana destaca o libro de Fernando Dacosta EMPATÍAS, unha obra que vén de publicar #Laiovento
November 16, 2025 at 7:43 AM
A xornalista @claudiamoran90.bsky.social escribe no xornal @nosdiario.bsky.social verbo do libro de Alba Rodríguez Saavedra @albars-1980.bsky.social RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, unha obra que vén de publicar #Laiovento
Ruth Matilda e as marxes
Ata hai pouco tempo, as mulleres pasaron pola vida coa misión de deixarnos pasar. Dixéronlles que ese era o seu papel, discreto e silencioso nas marxes, e qu
www.nosdiario.gal
November 15, 2025 at 6:42 AM
Manuel Monge estivo no Parlamento Europeo para divulgar, xunto con outras persoas do movemento memorialista, a necesidade de manter acesa a memoria histórica fronte á impunidade do franquismo. Velaí a foto que nos envía dalgunhas das súas publicacións en #Laiovento
www.publico.es/internaciona...
November 14, 2025 at 4:42 PM
Esta semana tomou posesión a nova presidenta de Irlanda, Catherine Connolly, e o seu apelido lembrounos outro dos grandes líderes da independencia irlandesa: James Connolly. Por iso no #laioventolembra recuperamos o libro NACIONALISMO E IMPERIALISMO, publicado en 1993 en tradución de Abel López
November 14, 2025 at 12:39 PM
Recuperamos esta entrevista que o xornal @nosdiario.bsky.social lle fixo a Alba Rodríguez Saavedra @albars-1980.bsky.social con motivo do lanzamento do seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, que vén de publicar #Laiovento
Alba Rodríguez Saavedra: "Ruth Matilda Anderson comprendeu que non hai unha muller, senón unha pluralidade de mulleres"
Alba Rodríguez Saavedra (Teo, 1980) reivindica a figura de Ruth Matilda Anderson nun volume que desenmascara os mecanismos para afastar a obra da fotógrafa estadounidense do sistema galego. Ruth Matil...
www.nosdiario.gal
November 10, 2025 at 8:34 PM
Velaí o testemuño fotográfico da presentación do poemario de David Otero CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', que tivo lugar no espazo ozoco_gz do Carballiño o sábado 8 de novembro
November 10, 2025 at 4:12 PM
Na revista dixital @historiadegalicia.bsky.social David M. Sobrino Platas entrevista a Alba Rodríguez Saavedra @albars-1980.bsky.social co gallo da publicación do seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, unha novidade editorial que vén de publicar #Laiovento
Alba Rodríguez Saavedra: "Necesitamos traducir a Ruth Matilda Anderson ao galego: é o noso patrimonio e foinos furtado durante décadas" - Historia de Galicia
Tempo de lectura: 5 min.A tradutora e investigadora Alba Rodríguez Saavedra, integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo, leva anos reivindicando.....
historiadegalicia.gal
November 9, 2025 at 6:29 PM
Xosé Gómez Fandiño publica no xornal El Ideal Gallego unha ampla reportaxe verbo do libro que vén de publicar Alba Rodríguez Saavedra RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, unha obra editada por #Laiovento
O legado incompleto de Ruth Matilda Anderson
O legado incompleto de Ruth Matilda Anderson
www.elidealgallego.com
November 9, 2025 at 12:15 PM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Emilio Xosé Ínsua DÍAZ CATRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939), publicado no ano 2017 co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Xosé María Díaz Castro. O libro estuda unha primeira etapa deste autor, diferente do seu galeguismo posterior
November 7, 2025 at 3:20 PM
Moitas persoas na presentación do libro de Esperanza Mariño Davila FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA. NARRATIVA, POESÍA E TRADUCIÓN EN XOSÉ MANUEL BEIRAS, publicado por #Laiovento, no marco da @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña o 30 de outubro
November 6, 2025 at 8:34 PM