Libraría Cartabón
banner
librariacartabon.bsky.social
Libraría Cartabón
@librariacartabon.bsky.social
230 followers 83 following 210 posts
Libraría de Vigo. Especializados en literatura e cultura galegas desde hai 40 anos.
Posts Media Videos Starter Packs
Sempre co pobo palestino💪🏻💪🏻
Mañá, ás 19:30 horas, presentación de “Atravesar o don”, de Fran Fernández Davila.
Estará acompañado por Antonio García Teijeiro.
Parabéns, Carmen V. Valiña 👏🏻👏🏻
Moitos parabéns, Isabel Soto, gañadora do premio de Tradución Plácido Castro por “A herdanza de Ferramonti”, editado por Hugin e Munin 👏🏻👏🏻
#parabéns #culturagañadora
Un día: hoxe, ás 19:00 horas.
Un lugar: a Cartabón.
Un libro: “Baobab”.
Unha editora: Tempo Galiza.
Un autor: Moncho Iglesias Míguez.
Unha actuación: Elisa e Manuel.
Un propósito: apostar pola cultura en galego.
O sábado, 13 de setembro, ás 19:00 horas, presentación de “Baobab”👇🏻
Esta noite rematou o Cartabón Tour 2025 nas feiras do libro.

Moitas grazas a todas as persoas que ledes libro en galego e apostades por seguir invertindo na nosa lingua.
A loita continúa 💪🏻💪🏻 Sempre apostando polo noso.
#libraríacartabón #40anosapostandopolonoso #engalego #cartabóntour #atéoanoqueven
En Foz até o 19 de agosto. Os libros en galego en ruta no Cartabón Tour!
Dende Libraría Cartabón queremos enviar todo o noso apoio e ánimo á familia e amizades de Carlos Taboada.
D. E. P.
Até o ano que ven, A Coruña.
Medre o mar e medren os libros en galego!!
#atéoanoqueven #cartabóntour #seguinteparada
Dende Libraría Cartabón queremos enviar todo o noso apoio e ánimo para a familia e amizades de Manuel Lourenzo.
D. E. P.
O Cartabón Tour estará dende o 1 ao 10 de agosto na Coruña para achegarte o mellor libro en galego.
Facendo Patria Galega dende a caseta da Feira do Libro de Rianxo👇🏻
No Día da Patria Galega, Gonzalo recomenda apostar pola nosa cultura, pola nosa historia e pola nosa lingua.

Bo Día da Galiza a todxs!!

#cartabóntour #gonzalorecomenda #díadapatriagalega #galizasempre #galiza #25dexullo
O Cartabón Tour continúa!!

Dende hoxe até o 27 de xullo estaremos na Feira do Libro de Rianxo.

Ven!! Os libros saen á rúa por ti.

#libraríacartabón #cartabóntour #rianxo #concelloderianxo #feiradolibro #feiradolibroderianxo
O xoves pola tarde, pechado👇🏻
Unha celebración: os 40 anos da Libraría Cartabón.
Un lugar: pub Radar.
Unha cidade: Vigo.
Un gran concerto: Orquestra Bravú Xangai.
Unha data: xoves, 17 de xullo de 2025.
Unha entrada: só por invitación expresa de Maribel e Gonzalo.

Ven á libraría e dille a Maribel e a Gonzalo que eres da Cartabón
Queres ir de concerto da Orquestra Bravú Xangai?
Queres celebrar os nosos 40 anos?

Pasa pola libraría para conseguir a túa entrada!

@orquestrabxangai.bsky.social
Unha tarde para lembrar, compartir e festexar estes 40 anos de libros, música e resistencia cultural galega.

Queres pasalo ben a prol da nosa cultura? Vén á libraría e dille a Maribel e a Gonzalo que queres vir a festexar a nosa historia.