Museos Históricos da Coruña
@museoshistoricosac.bsky.social
110 followers 150 following 150 posts
Posts Media Videos Starter Packs
Reposted by Museos Históricos da Coruña
concellodacoruna.bsky.social
📣 A Casa Museo Casares Quiroga acolleu unha mesa redonda con superviventes de correccionais para mulleres do franquismo

👉 O encontro analizou o papel do Padroado de Protección á Muller que funcionou ata 1985
museoshistoricosac.bsky.social
Hoxe, a Casa Museo Casares Quiroga énchese coas voces de Elena Fariña, Salomé da Torre, Consuelo García del Cid, Loly Benito e Paca Blanco. No silencio da biblioteca, ainda que temos a sala chea, comparten as vivencias arredor do Padroado de Protección á Muller.
museoshistoricosac.bsky.social
Mañá, martes 7 ás 19.00 horas temos visita guiada na Casa Museo María Pita. Non a perdas!!!
museoshistoricosac.bsky.social
Contaremos cos testemuños directos de cinco sobreviventes: Elena Fariña, Salomé da Torre, Consuelo García del Cid, Loly Benito e Paca Blanco.
museoshistoricosac.bsky.social
O Padroado foi unha rede institucional creada en 1941 polo réxime franquista co obxectivo de “preservar” e “reeducar” ás mulleres que non cumprían os canons impostos polo nacionalcatolicismo.👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼
museoshistoricosac.bsky.social
📣Mañá, martes 7 de outubro, ás 18:30 horas, a Casa Museo Casares Quiroga acolle unha xornada sobre o Padroado de Protección á Muller.

Entrada de balde ata completar espazo.
Abrimos fío con información 👇🏼👇🏼👇🏼
museoshistoricosac.bsky.social
🎉 Pechamos o 57 aniversario do Museo Arqueolóxico e Histórico cunha mañá inesquecible: visita guiada polos segredos do Castelo e o concerto de “O Acorde Secreto”, que encheu de música este espazo único. Grazas a todas e todos por manter viva a nosa historia!
#57Aniversario #Culturacoruña #museovivo
museoshistoricosac.bsky.social
Hoxe ás 19 horas na Casa Museo Casares Quiroga inauguramos a exposición "A semente de vencer. 50º aniversario do asesinato de Moncho Reboiras pola ditadura franquista”.
Reposted by Museos Históricos da Coruña
concellodacoruna.bsky.social
🎨 A Casa Museo Pablo Picasso acolle a mostra ‘Tempo suspendido. Xeografía da espera’ do artista coruñés Roberto Díaz

🤝 O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou no acto de apertura
museoshistoricosac.bsky.social
Onte inauguramos na Casa Museo Picasso a exposición "Tempo suspendido. Xeografía da espera" de Roberto Díaz. Unha mostra dunha serie de 26 obras que exploran a soidade cotiá e a universalidade da espera. Ata o 29 de novembro.
museoshistoricosac.bsky.social
🌕 Noite Internacional da Observación da Lúa!
Este venres 3/10 ás 20.30 h, vive a maxia da Lúa dende o Castro de Elviña coa Agrupación Astronómica ÍO, nesta finde especial do 57 aniversario do Museo Arqueolóxico.
🔭 Sen reserva. Aforo limitado!
#agrupacionastronomicaÍO #CastrodeElviña #CulturaCoruña
museoshistoricosac.bsky.social
Ainda non coñeces "Wobbly", a exposición de Dave Cooper na Casa Museo Picasso? 🎨 Unha mostra incrible cun estilo único que mestura o onírico co grotesco e o divertido.
⏳ Data límite: Só ata o 28 de setembro!
museoshistoricosac.bsky.social
Queres coñecer a exposición "Do caixón ao aire" da man da propia artista? O vindeiro xoves 25, ás 19:00 h, Mercedes Touzón contaranos todos os segredos da súa obra na Casa Museo María Pita. Anímaste?
museoshistoricosac.bsky.social
Últimos días para visitar a exposición “Francisco Miguel Fernández Díaz, 1897-1936” na Casa Museo Casares Quiroga. Esta mostra conclúe o vindeiro 29 de setembro, coincidindo co 89º aniversario do seu asasinato, cando os seus restos regresarán ao cemiterio de San Amaro na Coruña.
museoshistoricosac.bsky.social
Esta finde estamos de festa no castro de Elviña con "Sons e saberes no monte dos Crutos". Comenzamos cun obradoiro de construción de valas tradicionais.🛖🪨⚒️
#MuseosHistoricosCoruna #Museoarqueoloxicocastelodesananton #castrodeelviña #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva
museoshistoricosac.bsky.social
Esta finde o Castro de Elviña cobra vida! Sons e Saberes non Monte dous Crutos, venres e sábado.
Visitas guiadas, obradoiros, concertos...🎶🛖
Reservar praza para as actividades ☎️ 651498212 Esperámoste!!

@gnhabitat
@_eli_rios
@ce.orquestrapantasma
@do_rives_pandeireteiras
@fransygc @davide_salvado
Reposted by Museos Históricos da Coruña
manuelrivas.bsky.social
Ninguén por enriba de nós: Deus fratresque gallaeciae, dicían os Imandiños. Entre o primeiro e o último faro, o país da fraternidade. Unha Galiza ceibe, internacionalista e solidaria.

Imaxe de Francisco Miguel, pintor antifascista, mártir da liberdade en 1936.
Reposted by Museos Históricos da Coruña
concellodacoruna.bsky.social
✏️A Coruña restitúe a memoria do pintor Francisco Miguel cunha exposición que pon en valor o seu legado e a aposta da cidade pola cultura como ferramenta de xustiza histórica

ℹ️https://i.gal/8Lmxi
Reposted by Museos Históricos da Coruña
concellodacoruna.bsky.social
🗣️ O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou hoxe no acto inaugural da mostra ‘Do caixón ao aire’, de Mercedes Touzón.

📍 Aberta xa a visitas na Casa Museo María Pita, na Cidade Vella. Achégate!
museoshistoricosac.bsky.social
Onte inauguramos na Casa Museo Casares Quiroga a exposición de Memoria Histórica “Francisco Miguel Fernández Díaz (1897-1936)”.

Unha homenaxe ao pintor que seguirá este mes de setembro co enterro solemne de Francisco Miguel no cemiterio de San Amaro, tras a recuperación dos seus restos.
museoshistoricosac.bsky.social
No último obradoiro deste verán, coñecemos, en famila, os grandes tesouros da colección de orivería do Museo de San Antón, para logo elaborar xuntos un torques castrexo.
Grazas por este verán de Arqueoloxía e diversión!🏰😍
#museoarqueoloxicoastelodesananton #CulturaCoruña #museovivo
museoshistoricosac.bsky.social
O vindeiro xoves 4 de setembro ás 19.00 horas, na Casa Museo María Pita, Mercedes Touzón presenta a súa obra.

A mostra da autora, dunha gran delicadeza toma forma dos seus collages tridemensio­nais con pezas de ferro, debuxando e adop­tando materiais reciclados.
museoshistoricosac.bsky.social
Este xoves, na Casa Museo Maria Pita. Ás 19.00 horas