o Marcos Tesouro Montecelo
banner
omtesouro.bsky.social
o Marcos Tesouro Montecelo
@omtesouro.bsky.social
De como un rapaciño de Ourense acaba vivindo da meteoroloxía ou nas nubes, vai ti a saber...
Un pracer o rato compartido á conta d'A lei do mar...
Onte a marea subiu ata Ourense. Por sorte a libraría Eixo deunos abrigo para falar d'A lei do mar.

Grazas a @franalonso-gal.bsky.social por acompañarme. A Óscar, a @omtesouro.bsky.social e aos demais por vir naufragar a mantenta.

E grazas, claro, ao meu faro no cantil.
October 29, 2025 at 12:02 PM
Acabouse o que se daba, se non choveu xa no #tempoGZ, ata a vindeira semana nada, salvo polo norte mañá...

E aínda que volva a calor, non volverá ao tolo como estes días pasados 😌
August 20, 2025 at 7:18 PM
Polo menos algo de "boa noticia" no #tempoGZ, especialmente por #Ourense (exemplo a cidade) onde a partir de mañá comezan a baixar as temperaturas dun xeito importante...

O da chuvia xa é outro conto, hai que ir véndoo 👀
August 17, 2025 at 7:07 PM
Outro día máis non podo co anoxo que teño enriba!!

De novo #Ourense (foto desde o barrio do Couto da cidade) respirando fume, así que segue os consellos e non saias se non é imprescindible...

Moitos azos a toda esa que segue a loitar contra o lume xogándose a vida #chapeau #LUMESNUNCAMÁIS
August 16, 2025 at 11:37 AM
Pois temos a cidade e a provincia de #Ourense afumada onde entre a calor abafante e o fume é imposible sair ao aire libre sen que che afecte a saúde sen contar á toda esa xente que se está a deixar a vida, literalmente, apagando nesta vaga de lumes que nos asola

#LUMESNUNCAMÁIS
August 15, 2025 at 2:16 PM
August 12, 2025 at 7:52 PM
Fiel á miña cita de verán acudín a #Oira #Ourense a contarlle ás nenas e nenos que están alí coas actividades de verán que é iso do #CambioClimático para que se conciencien, conciencien e dicirlles que poden facer para mitigalo para que este noso planeta non se nos vaia a pique...
August 8, 2025 at 8:20 PM
Por se te queres entreter un ratiño de nada, aquí che deixo o meu #RelatoDeVerán publicado hoxe en @vozdegalicia.bsky.social

Espero que che guste!!!
www.lavozdegalicia.es/noticia/info...
August 3, 2025 at 2:35 PM
Feliz Día da Patria/Matria Galega!!!
youtu.be/YnYKpdFx1vI?...
Los Suaves - Himno galego (e solo) [Ourense, 18/09/10]
YouTube video by Alberto Fdez Mtnez
youtu.be
July 25, 2025 at 7:04 AM
Contento, pero á súa vez un pouco amolado porque puido sair mellor.
Aínda así non me podo queixar de como me foi no meu 1° torneo de #Xadrez (XVIII Copa Galicia de Ajedrez) con 2 victorias (puideron ser 2 máis, pero paguei a novatada) e 4 derrotas dentro dun nivel alto dos participantes...
June 7, 2025 at 9:01 PM
Pois si, xa van 25 anos que unhas/uns compañeiras/os crearon #MeteoGalicia e aí aparecemos outras/os polo camiño e todas/os xuntas/os mantemos en pé a casa e vos informamos do que pasa na atmosfera e no mar cada día neste o noso país galego...

www.g24.gal/-/meteogalic...
MeteoGalicia celebra 25 anos de servizo rigoroso e trato humano - G24
160 estacións e 25 traballadores teñen monitorizado todo o territorio para predicir o tempo 
www.g24.gal
June 5, 2025 at 8:21 PM
Quería #PedroFeijoo estar á miña altura física, esforzouse, pero eu nunca estarei á súa altura literaria e menos despois da estupenda presentación do seu novo libro #OndeNacenAsBestas en #Ourense onde nos contou a concepción do libro, anécdotas e a súa integración en #Rebordechao
May 29, 2025 at 7:38 PM
Parecerache unha parvada, pero non sabes a ilusión parva que me fixo gañar o Certame Literario da AVV Loureiro e do que onte me fixeron entrega do premio

GRAZAS ao xurado e á AVV

E que carallo, que estou moi contento!!!

#ler #lectura #escribir #escritura #galego #cultura
May 17, 2025 at 2:28 PM
Hoxe tocou a quenda de poder coñecer a #MaríaOruña na presentación de #ElAlbatrosNegro #OAlbatrosNegro e charlar con ela un rato a conta, sobre todo, de #ElBosqueDeLosCuatroVientos e traerme para casa ambos os libros asinados de recordo e aumentar a miña colección particular...

#ler #cultura
April 5, 2025 at 6:23 PM
Se non recordas o que é non chover varios días seguidos no #tempoGZ, halo recordar a partir de mañá...
March 24, 2025 at 8:37 PM
Unha vez enterrada a sardiña e con ela o fin deste #Entroido, toca facer o correspondente balance de lecturas do mes de febreiro nas que un pasou parte do seu tempo de lecer, asi que se queres tomar nota, adiante...

Algún libro que che apeteza?

#ler #lectura #cultura #relax
March 5, 2025 at 9:09 PM
Pois seguimos costa abaixo, sen freos?

Non sei que lle está a pasar a este @cobsad.bsky.social que non levanta cabeza e xa van 5 derrotas seguidas e, de seguir así, sumando máis #ForzaCOB

MONTOYA, POR FAVOR!!
February 12, 2025 at 9:53 PM
Esta fin de semana tocou vivir a experiencia de animar ao @cobsad.bsky.social en campo contrario rodeado da xente de #Zamora facendo o mesmo co seu equipo, pero non fun o único de #Ourense xa que no fondo as peñas #OsBoinasdoCOB e os #EnchufadasCOB tampouco deixaron so a este equipo
February 10, 2025 at 9:38 PM
As referencias eran boas, e a realidade confirmoume que #Tonhitodepoi é un AUTÉNTICO CRACK con quen pasei un moi rato comentando concertos dos #HeredeirosDaCrus e respondendo ás súas dúbidas sobre meteoroloxía para comprobar que meteo e música mezclan ben...
January 29, 2025 at 8:21 PM
Grazas a #ÓscarGuzman e ao #ClubDeLectura da AAVV Loureiro do Couto pola organización deste roteiro pola cidade de #Ourense á conta do libro #PeroComoMorrenAsPegas permitíndonos recorrer distintos lugares emblemáticos onde transcorre a historia (faltan algúns por falta de tempo)
January 26, 2025 at 7:21 PM
No ecuador desta competida #PrimeraFEB temos ao @cobsad.bsky.social aí metido no medio dos galos e mais ricos da categoría con 10 victorias e mostrando un gran xogo e moita competitividade

Se nos chegan a dicir ao comezo que iamos estar así, todas/os as/os cobistas firmabamos!!!

#ForzaCOB
January 23, 2025 at 9:39 PM
Neste 1° día do ano toca facer o meu balance lector deste 2024 que acaba de rematar e no que 62 libros con 16934 páxinas (máis as 402 paxinas dese "escarabajo" que ando a ler por capítulos) permitiron que a miña mente se relaxara e desconectara para poder afrontar a rutina dia 👇🏼
January 1, 2025 at 8:05 PM
FELIZ 2025!!!
December 31, 2024 at 5:48 PM
Pois pasou #Noiteboa e non me queixo de agasallo, o contrario, porque xa teño xoguete novo para pór en práctica as clases de xadrez; así que, se queres botar unha partida, avisa e veste a xogar por aquí e, de paso, convídote a unha cervexa ou LK (será a única forma de gañar, embebedándote 😂)
December 25, 2024 at 7:54 PM