REDMETEO (meteoroloxía en Galego)
@redmeteo.bsky.social
360 followers 15 following 540 posts
🏃🏼‍♂️ David ⛈️ Soño con ser "home do tempo" 👀 Aquí atoparas prognósticos, actualidade e divulgación desta marabillosa ciencia, pero sempre en galego! 🥰
Posts Media Videos Starter Packs
redmeteo.bsky.social
🌤️ Bo día! Comeza un venres e un fin de semana anticiclónico, con máis nubes na Mariña e Ortegal debido ao nordés e moito sol no resto de #Galicia con valores que volverán rondar os 25/26°C. Pola contra, no Mediterráneo segue chovendo forte.
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos moito sol con algunhas nubes na Mariña e Ortegal. Vento do nordés.

📈📉 Máximas en ascenso e mínimas en descenso

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Por diante un xoves de máis nubes no extremo norte, onde se dará algún chuvasco feble. Moito sol no resto de #Galicia, coa circulación de nordés como protagonista. Os termómetros, sen grandes variacións.

A polo xoves!
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Perdemos transitoriamente a plena influencia do anticiclón. Nubes na metade norte con algún chuvasco, máis sol no sur. Volve o nordés coas temperaturas en descenso, agás nas Rías Baixas, onde subirán moi lixeiramente.

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
redmeteo.bsky.social
🌫️ Galicia é emoción meteorolóxica en estado puro

#Redmeteo #Galicia
redmeteo.bsky.social
👉 Xa reparaches en como o tempo en Galicia marca cada momento da nosa vida?
Non só pasa, deixa pegada

Segue o fío ⬇️
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Martes marcado polas nubes altas que irán decorando o ceo galego. Tamén chegarán nubes baixas a partir da tarde ao oeste debido ao aporte húmido do vento do mar. As temperaturas, en descenso na franxa atlántica, sen cambios significativos no resto de #Galicia.
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos nubes altas. O vento do oeste achegará máis nubes de tipo baixo á marxe atlántica. Risco dalgún chuvasco treboento no interior pola tarde.

📈 Maximas en lixeiro descenso (na mariña subirán), e mínimas en ascenso.

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
☀️ Bo día! Por diante un luns de moito sol en toda #Galicia con algunha nube alta sen importancia. O fresco da primeira hora da paso a un mediodía e primeiras horas da tarde con temperaturas elevadas para a época, rondando os 26°C en moitas zonas.

Feliz luns! 🥰
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos moito sol en xeral con algunha nube de tipo alto. Vento frouxo en xeral.

📈 Temperaturas en ascenso, volve a caloriña nas horas centráis.

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
🌤️ Bo día! Por diante un domingo anticiclónico, volve o nordés polo que hai que agardar máis nubes no extremo norte, especialmente na Mariña e Ortegal. No resto, moito sol e temperaturas en ascenso nas horas centráis 📈
redmeteo.bsky.social
🌧️ Bo día! Por diante un sábado gris e húmido debido a unha fronte pouco activa que cruzará #Galicia de norte a sur, deixando as chuvias máis intensas na metade norte, no sur pouca cantidade caerá. As temperaturas, en descenso 📉
redmeteo.bsky.social
👉 bo día! Venres de nubes altas, as cales anuncian o cambio de tempo que teremos o sábado. Polo momento, xornada tranquila con vento do suroeste que aportará máis humidade á costa oeste onde haberá algunhas nubes de tipo baixo (máis contra a noite). Descenso térmico 📉
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos nubes altas decorando o ceo. O vento do suroeste podería aportar máis nubes de tipo baixo ao litoral oeste.

📉 Temperaturas en descenso

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Por diante outra xornada anticiclónica onde teremos nubes altas paseando polo ceo galego. O vento vira a noroeste polo que na costa oeste poderá haber máis nubes de tipo baixo. As temperaturas baixan lixeiramente.
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Comezamos outubro con influencia anticiclónica, seguimos con altas presións, tempo seco, vento frouxo e temperaturas cálidas nas horas centráis, o clásico veranillo de san Miguel.

Que teñades un bo mércores! 🥰
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos moito sol en xeral con máis nubes na Mariña, estancadas polo nordés.

📈Máximas en ascenso e mínimas en lixeiro descenso

#AbreAXanela, e comparte!
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Por diante un luns anticiclónico con máis nubes no extremo norte e moito sol no resto. Segue a circulación do nordés, que por momentos soprará bastante forte. As temperaturas diurnas, sen grandes cambios, aínda que poden subir moi lixeiramente.

A poñerlle lombo 🙂‍↕️
redmeteo.bsky.social
🌧️ Importante masa de chuvia fronte as Rías Baixas agora mesmo (09:18h), veremos como se comporta. Polo de pronto, xa está a deixar precipitacións puntualmente intensas en bastantes lugares.
redmeteo.bsky.social
O que queda de Gabrielle, ao oeste de #Galicia. Moi hipnótico mirar a animación do satélite 🌀
redmeteo.bsky.social
🌦️Primeiras liñas de chuvia achegándose dende o mar. Irán entrando nas vindeiras horas deixando chuvascos puntualmente intensos, especialmente no oeste onde tamén poderán vir con treboadas.
redmeteo.bsky.social
👉 Bo día! Fermosa imaxe de satélite co centro da borrasca Gabrielle moi preto da península. Achegarase ao longo do día, as nubes irán en aumento e as chuvias aparecerán dende o mediodía, podendo caer en calquer punto pero con especial incidencia nas Rías Baixas 🌧️
redmeteo.bsky.social
☀️ Bo día! Por diante un venres de sol con entrada de nubes altas co avance do día. Vemos a #Gabrielle pasando por riba das illas Azores, irase achegando, pero semella que en #Galicia afectaranos de refilón.
redmeteo.bsky.social
👉 Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos moito sol con entrada de nubes altas pola tarde, sen máis. Vento do suroeste.

📈 Máximas en ascenso no norte de #Lugo. Mínimas en ascenso xeneralizado.

#AbreAXanela, e comparte! 🥰
redmeteo.bsky.social
☀️ Bo día! Imos a por un xoves anticiclónico no que o sol volverá ser protagonista, todo con temperaturas moi suaves nas horas centráis.