Santi Vieito
banner
santivieito.bsky.social
Santi Vieito
@santivieito.bsky.social
Gústame crer que son maker... o meu currículo di que son arqueólogo...
Maker, archaeologist, designer, gamer, geek...sometimes I explain interesting things.
No BONUS de "ingredi mundum somniorum" de hoxe, tráiovos a tres irmáns que non atopan sitio para arrimar o cú a pesares de ter toda a sabana para cada un. Total, o que pasa en calquera familia.
November 25, 2025 at 8:19 PM
Aaaaaata mañá, guapísimes!
November 25, 2025 at 8:13 PM
Non sei como fago, pero cando vou pasando a tinta os bocexos, aparécenme istes dous por algún lado...Total, que sigo co mesmo xogo e segue sendo un tostonazo entre combates, se liches o manga (que non sei eu, pero dame que aos xaponeses lles tiran estas matracas...en fin).
November 25, 2025 at 8:07 PM
Despóis dunha xornada de choio con rapazada adolescente e 200 quilómetros de estrada con choiva, apetéceme compartir convosco un "fóra de carta" de como esperta e se estarriga unha londra mariña, porque, a vós non sei, pero a min devólveme ao estado de calma que preciso agora mesmo.
November 25, 2025 at 5:26 PM
No BONUS de soñar con son THX e Dolby Stereo de hoxe, un corvo cos seus exercicios de calistenia. Sen máis.
November 24, 2025 at 8:55 PM
Aaaaaata mañá.
November 24, 2025 at 8:51 PM
Estou xogando a algo despois de acabar co Arkham City (prometo rematar o borrancho que veño de facer no caderno friki) e...menudo culebronazo que é!!! Un combate, 20 minutos de historia (xeralmente con mooooito, mooooito diálogo), outro combate e volta a burra ao trigal! Abornucio, Demo fóra!!
November 24, 2025 at 6:33 PM
Reposted by Santi Vieito
Nunhas horas andaremos pola Libraría Follas Novas para falar de astronomía.

A excusa, se é que se precisa excusa para falar das estrelas (de verdade), a presentación dos #CeosGalegos26. Acceso libre e sen compromiso. E con sorpresas. Sempre temos sorpresas nestas cousas. 🥳

Martes 25, 19 horas.
November 24, 2025 at 12:58 PM
Reposted by Santi Vieito
Me llamo Chema y soy dibujante tradicional. Desde que llegó la IA casi no tengo trabajo, pero yo seguiré dibujando hasta que no pueda.
¿Me ayudas a difundir mi trabajo? Por cada repost ayudas a visibilizar el arte generado por las personas y Skynet pierde una batalla. ¡Gracias!
November 23, 2025 at 12:23 PM
No BONUS de oniriquear con xeito de hoxe, outro lembrete de que os michis non poden resistir guindar calquera cousa que vexan nunha beira. Calquera.
November 23, 2025 at 8:54 PM
Aaaaata mañá.
November 23, 2025 at 8:52 PM
No BONUS de comezar ben o periplo polo mundo onírico de hoxe: Juno, unha leopardo das neves cunha relación "complicada" coas cabazas.
November 22, 2025 at 7:38 PM
Aaaaata mañá.
November 22, 2025 at 7:36 PM
No BONUS de soñar bonito deste venres/sexta un señor castor que me ten bastante confundido. Aínda non me queda claro se improvisou un chapeu para a choiva ou leva o postre aí para cando acabe cos repolos e demáis. 🤔
November 21, 2025 at 8:16 PM
Aaaaata mañá.
November 21, 2025 at 8:10 PM
Outra vez me adianto á hora de mandar bechiños, pero é que Natibu ten unha cara e mirada de pillabán que ben o merece.
November 21, 2025 at 4:43 PM
Vós non sabedes porque non entendedes disto, pero os polbos veñen en bancos (coma xurelos) desde Marrocos, entran no Miño, soben ata Ribadavia, onde tiran Avia arriba ata chegar ao Arenteiro e aí, xa pasan ao caldeiro. Coma salmóns pero en octópodo, vamos. Que volo hai que explicar todo!
November 21, 2025 at 3:13 PM
No BONUS de durmir, con contiña de que os soños non lle parezan mal a certos xuices do Tribunal Supremo, de hoxe: "déixoche á criatura un segundiño que teño que por unhas ienas no seu sitio e xa volvo".
November 20, 2025 at 9:04 PM
Aaaaaata mañá.
November 20, 2025 at 8:57 PM
Home, relacionado...relacionado...
November 20, 2025 at 5:30 PM
Reposted by Santi Vieito
November 20, 2025 at 11:05 AM
O que tiñan que estar prohibidas e ilegalizadas desde sempre son as organizacións que fan apoloxía do franquismo, pero ese é un tema que a plana política e xudicial deixaron para outro século.
November 20, 2025 at 9:13 AM
No BONUS de durmir soñando (mesmo solando con durmir) de hoxe: un elefantiño torpe e asustadizo e un exemplo que como funcionan as/os elefantas/es en canto a coidado e protección da súa prole. O máis lamentable das imaxes, coma case sempre, os humanos.
November 19, 2025 at 10:13 PM
Aaaaata mañá.
November 19, 2025 at 10:08 PM
Antes Epi e Blas non tiñan visitas tan molonas. Estan xentrificando o barrio e só se mudan famosos. O seguinte será a casa de Espinete convertida nun Airbnb.
November 18, 2025 at 11:28 PM