Undodez
banner
undodez.bsky.social
Undodez
@undodez.bsky.social
Producimos desde Galicia para todas as pantallas pensando no público. Comprometidos coa cultura e a lingua do noso país.
2025 en Undodez foi un ano de estreas, premios e novos proxectos.

Seguimos a contar historias en galego, coidando os procesos e a comunidade que nos acompaña 🌟
Un ano de creación, recoñecementos e novos camiños: así foi o 2025 en Undodez · Undodez
Undodez fai balance do 2025, un ano de proxectos en continuidade, creación cultural coidada e aposta pola infancia e a música en galego.
undodez.gal
December 31, 2025 at 5:06 PM
A app oficial de 'Bibopalula' está dispoñible para Android e iOS 📱

Unha porta de acceso diferente ao universo da Banda do Bosque, con contidos audiovisuais, música e xogos pensados para a cativada.
Amplía o universo da Banda do Bosque con contidos educativos e interactivos · Undodez
A app de Bibopalula xa está dispoñible para Android e iOS, con capítulos, música e xogos interactivos dirixidos á cativada entre 2 e 6 anos.
undodez.gal
December 24, 2025 at 5:30 PM
🎬 ‘Nena’ segue sumando éxitos!

Desde a súa estrea en 2023, a curtametraxe acumula máis de 50 seleccións e 20 premios.

Protagonizada por Antía Touriñán, Carlos Blanco e David Perdomo, conta unha historia conmovedora sobre familia e coidados.

Dispoñible na plataforma AGalega.
‘Nena’, a curtametraxe que segue unha viaxe imparable · Undodez
Nena, a curtametraxe de Undodez, supera as 50 seleccións e os 20 premios en festivais de todo o mundo desde a súa estrea en 2023.
undodez.gal
December 23, 2025 at 5:35 PM
O frío xa se fai notar! 🫧

E non todo vai ser quedar na casa: Carpin e Merli atoparon un sitio quentiño no medio do bosque nevado, unha poza un tanto curiosa… 🤭

Que terá de especial?

🎬 Mira o capítulo completo en xabarin.gal!
Burbullas - Bibopalula
Contra todo prognóstico, a Banda do Bosque atopa un refuxio no frío exterior do inverno. Un sitio quentiño do que xa non van querer saír!
bibopalula.gal
December 18, 2025 at 4:56 PM
📖 Unha porta de entrada ao universo da Banda do Bosque

O conto de Bibopalula narra a primeira aventura de Robin, Carpin, Pegui e Merli, e propón outra forma tranquila e creativa de achegar o bosque á cativada máis alá das pantallas. Dispoñible na app, na web e durante a xira.

Máis en undodez.gal
Unha porta de entrada ao universo da Banda do Bosque · Undodez
O conto de Bibopalula ofrece aos máis pequenos unha introdución ao universo da serie dun xeito diferente. Dispoñible na web, na app e nos stands da xira!
undodez.gal
December 18, 2025 at 4:48 PM
🎬 Xa podes ver o trailer de ‘Ao son da nova regueifa’

Un documental estreado no Culturgal, dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas, que percorre Galicia seguindo as voces que están a renovar a improvisación oral galega, entre tradición e futuro.
Ao son da nova regueifa · Teaser
Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón…
vimeo.com
December 10, 2025 at 10:15 PM
'Bibopalula' celebra a chegada das festas co videoclip 'Ninguén canta mal'. O tema orixinal está tamén dispoñible nas principais plataformas de audio: lnk.to/bibopalulach...
December 8, 2025 at 7:08 PM
Reposted by Undodez
📝 Lanzamos unha nova oferta de emprego para incorporar unha ou un profesional da comunicación e as estratexias de promoción. Contar ben o que facemos e chegar ao público é unha das partes máis importantes do noso traballo!

📲 Recibimos candidaturas ata o 20 de xuño!
Oferta de traballo: buscamos un perfil de comunicación e promoción · Ainé
Queremos ampliar o noso equipo cunha persoa que poida axudarnos nunha das partes máis importantes do noso traballo: contar o que facemos e chegar ao público.
aine.gal
June 9, 2025 at 2:22 PM
🥁 Hoxe están de estrea na Banda do Bosque! O musical infantil de Bibopalula inicia a súa xira no Teatro Colón da Coruña!
Chega a gran estrea do espectáculo de Bibopalula! - Bibopalula
A Coruña e Santiago acollen esta fin de semana as primeiras funcións do primeiro musical infantil en galego, protagonizado por Lidia Veiga e dirixido por Marta Lado.
bibopalula.gal
June 7, 2025 at 6:06 AM
Reposted by Undodez
'Bibopalula' sae de xira cun espectáculo infantil ao grande
Robin, Carpin, Merli e Pegui son A Banda do Bosque, un grupo de paxaros que fan música. Déronse a coñecer entre as nenas e nenos a través das pantallas en Xabarin.gal cunha serie musical de cincuenta e cinco capítulos que en poucos días conseguiu ser o contido máis visto da plataforma de contidos infantís. Tal foi o éxito que desde Ainé, a produtora do actor Xosé A. Touriñán, non o dubidaron. Habituados a encher teatros e auditorios por toda Galicia cos seus espectáculos de comedia decidiron lanzarse á produción escénica infantil cunha proposta que o ten todo para triunfar: cancións, coreografías, efectos especiais... O espectáculo de Bibopalula sae de xira durante todo o mes de xuño cunha proposta nada habitual en Galicia: cinco actrices sobre as táboas, un equipo técnico e de produción de máis de dez persoas, un decorado que fará de cada escenario un gran bosque, decenas de focos e proxeccións para que a experiencia das pequenas e pequenos espectadores sexa inesquecible. O espectáculo de Bibopalula sae de xiraAiné Producións Lidia Veiga é a protagonista da peza e interpreta a Ava, unha experta observadora de paxaros, encargada de guiar ao público nunha divertidísima viaxe polo bosque na procura dun gran tesouro. Os fenómenos meteorolóxicos, a escuridade da noite ou os medos e inquedanzas de cada un dos membros da Banda do Bosque serán obstáculos a superar durante os cincuenta minutos de espectáculo. Non faltarán sobre o escenario outros personaxes queridos polas nenas e nenos, como o Señor Moucho ou Pombo, que interpreta o propio Touriñán. A peza está dirixida a cativas e cativos de entre 3 e 8 anos, que sairán do teatro cun pequeno agasallo co que revivir a experiencia a través dun xogo interactivo co que aprenderán moito máis sobre o bosque e os paxaros que o habitan, e desfrutarán de máis cancións. O espectáculo de Bibopalula estrearase o 7 de xuño na Coruña e xirará por toda Galicia todas as fins de semana do mes. En Pontevedra estará o sábado 14, no Auditorio Sede Afundación, cun pase previsto ás 17.30 horas para o que as entradas xa están á venda. A Xunta de Galicia, a través das súas subvencións á creación escénica, o Concello da Coruña e Deleite fan posible esta produción de Ainé, a compañía que lidera a venda de entradas para espectáculos en galego desde hai xa varios anos con propostas como Somos Criminais ou Fariña.
www.pontevedraviva.com
May 23, 2025 at 5:08 AM
🎬 'Nena' acumula máis de cincuenta seleccións en festivais de todo o mundo! Dirixida por @xatouri.bsky.social e Jairo Iglesias, está dispoñible en #AGalega
May 23, 2025 at 9:08 PM
📣 Bibopalula medra aínda máis, e estreará o 7 de xuño espectáculo teatral, producido por @aine-gal.bsky.social e dirixido por Marta Lado!

🎪 Unha proposta escénica de gran formato, musical, protagonizada por Lidia Veiga, que xirará por toda Galicia durante o mes de xuño.
'Bibopalula' estreará en xuño espectáculo teatral · Undodez
Producido por Ainé, e escrito e dirixido por Marta Lado, coa actriz Lidia Veiga como protagonista, estrearase na Coruña o 7 de xuño.
undodez.gal
May 4, 2025 at 12:06 PM
📣 Atención! Nenas e nenos da Coruña! Cita mañá ao mediodía nos Xardíns de Méndez Núñez!
'Bibopalula' convoca ás nenas e nenos da Coruña este sábado ao mediodía · Undodez
A través dunha mensaxe de Carpin e Robin nas redes sociais convidan ás familias a asistir aos Xardíns de Méndez Núñez para un "anuncio importante".
undodez.gal
May 2, 2025 at 9:08 PM
🎪 Este sábado ás 12.00, na Coruña, Bibopalula promete un anuncio importante!

@concellodacoruna.bsky.social
May 1, 2025 at 12:14 PM
👏🏼 Outra selección para a curta de @xatouri.bsky.social, que tamén protagoniza xunto con Antía Touriñán, Carlos Blanco e David Perdomo.
'Nena' suma unha nova selección no FIC Andaina de Redondela · Undodez
A curtametraxe de Xosé A. Touriñán, que codirixiu con Jairo Iglesias, supera xa o medio cento de seleccións en certames de todo o mundo, e proxectarase na localidade do Morrazo o 26 de abril.
undodez.gal
April 23, 2025 at 8:18 PM
✈️ Estivemos no Series Mania Forum, en Lille, presentando os nosos proxectos 'Mar de Fóra' e 'Lola, Porco & Paco' a produtoras e canles 👇🏼
Undodez participa en Lille no Series Mania Forum · Undodez
O equipo da produtora estivo nun dos mercados de contidos de ficción máis relevantes en Europa presentando dous proxectos a distintas produtoras e canles.
undodez.gal
April 21, 2025 at 6:22 AM
Reposted by Undodez
Mulleres de Castelo, un documental colaborativo realizado junto a 13 mujeres de Castelo forma parte del catálogo de producciones de la Xunta de Galicia 2025 para su distribución internacional! Una coproducción de GRIGRI y @undodez.bsky.social

lnkd.in/eazgGkBa
April 14, 2025 at 2:47 PM
Os nosos proxectos no catálogo Films from Galicia:

🐦‍⬛ Bibopalula
🪴 Mulleres de Castelo
🚗 Alan Lomax andou por aquí
📦 Mar de fóra
🐷 Lola, Porco & Paco

📝 Contámolo en undodez.gal!
Cinco proxectos de Undodez no catálogo Films from Galicia · Undodez
A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia publicou a pasada semana a súa publicación anual de referencia para a distribución internacional de contidos audiovisuais.
undodez.gal
April 18, 2025 at 7:20 AM
🐦‍⬛ O 24 de abril visitamos a gran cita dos contidos dixitais en Galicia!
'Bibopalula', na programación do Carballo Interplay · Undodez
O festival carballés proxectará dous capítulos da serie o xoves 24 de abril na biblioteca Rego da Balsa.
undodez.gal
April 8, 2025 at 8:38 PM
📖 Na segunda xornada do Salón do Libro do @concellopontevedra.bsky.social a directora de Bibopalula, Laura Mahía, debuxou coas máis pequenas e pequenos, e non faltou a visita de Robin, o paporrubio máis querido! Estaremos no Pazo da Cultura coa Banda do Bosque durante as próximas tres semanas 😊
'Bibopalula' triunfa entre os máis pequenos no Salón do Libro · Undodez
A Banda do Bosque estará presente ata o 6 de abril no espazo expositivo do Pazo da Cultura de Pontevedra. Laura Mahía, directora da serie, compartiu coas cativas e cativos a segunda xornada do Salón.
undodez.gal
March 22, 2025 at 8:36 PM
🏆 Tan felices como agradecidos polo noso primeiro Mestre Mateo na categoría de mellor programa!

🥁 Grazas a todo o equipo de 'Recollendo Músicas' por un traballo marabilloso, e ás artistas e formacións que participaron no programa!
'Recollendo Músicas' gaña o Mestre Mateo a mellor programa · Undodez
Dirixido por Saúl Rivas e Borja Casal, e producido por Undodez para a Televisión de Galicia, o formato explora a pegada que a música de raíz e os ritmos tradicionais galegos teñen nas músicas actuais.
undodez.gal
March 16, 2025 at 6:53 PM
Reposted by Undodez
🏆 XXIII #PremiosMestreMateo | MELLOR PROGRAMA

🟣 RECOLLENDO MÚSICAS | Undodez para TVG
March 15, 2025 at 11:46 PM
⏱️ Últimas horas para votar nos Premios #AGalega.gal, que se entregan este xoves. Os nosos proxectos 'Bibopalula', 'Nosoutras', 'Na Gloria', 'Recollendo Músicas' e 'Bechos' son candidatos en distintas categorías! Podes votalos aquí 👉🏼 a.cstmapp.com/p/991451
March 4, 2025 at 4:48 PM
🥳 Novo premio para 'Nena', a curtametraxe de @xatouri.bsky.social, desta volta no Curt-Movies de Barcelona!
'Nena' gaña o premio á mellor curtametraxe no Curt-Movies de Barcelona · Undodez
O filme, dirixido por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias e protagonizado por Antía Touriñán, suma máis de vinte premios e cincuenta seleccións en festivais de todo o mundo.
undodez.gal
March 4, 2025 at 8:18 AM
💛 Moi felices de recibir este premio para Bibopalula, a nosa serie musical de animación! Moitas grazas a Deleite e aos Premios Mestre Mateo!
Bibopalula gaña o Premio Deleite á promoción da lingua · Undodez
Os Premios Mestre Mateo entregaron en Pontevedra os seus galardóns especiais a producións que promoven valores como a sostibilidade ou o coidado do idioma.
undodez.gal
March 1, 2025 at 10:23 AM