Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
banner
xornalistas.bsky.social
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
@xornalistas.bsky.social
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é unha entidade de dereito público, creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia, que agrupa e pon en contacto os e ás xornalistas de Galicia e defende os dereitos da profesión.
Pinned
A presentación de 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', publicado polo CPXG coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a @facom-usc.bsky.social, un "acto de amor" a #NachoMirás, un profesional "que quería contarlle á xente o que lle pasa a xente".
www.xornalistas.gal/novas-evento...
📢📢📢 O mércores 31 de decembro remata á promoción polos #25AnosDoCPXG, grazas á cal podes colexiarte sen o pagamento dos gastos iniciais. Se aínda non formas parte do Colexio de Xornalistas, aproveita e coléxiate para contribuír á defensa da profesión!
buff.ly/3oJtzjf
December 23, 2025 at 11:30 AM
A Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas lamenta profundamente o falecemento do colexiado Francisco Varela Cachaza, redactor de 'La Voz de Galicia' en Ferrol por máis de 40 anos, e traslada as condolencias da profesión á familia e persoas achegadas.
lavozdegalicia.es/amp/noticia/...
Adiós a Francisco Varela, referente periodístico en Galicia y siempre solidario
Redactor en La Voz de Galicia en Ferrol desde 1973, falleció a los 73 años de edad tras una vida marcada por su información especializada en el área de tribunales, en el amianto o la memoria democráti...
lavozdegalicia.es
December 19, 2025 at 9:11 AM
#25AnosDoCPXG O 15 de decembro de 2008, a Asemblea Xeral do CPXG aprobaba o #CódigoDeontolóxico da profesión, que o xornalista "debe defender e aplicar rigorosamente" para garantir o dereito da sociedade a recibir unha información plural, veraz e independente.
www.xornalistas.gal/colexio/codi...
December 15, 2025 at 12:25 PM
Este sábado, a demarcación da Coruña do Colexio de Xornalistas xuntou en #XornalistasNoMercado, coa colaboración de A Parva, as xornalistas coruñesas entrevistadas en #ACrónicaRevelada: Isabel Bravo, Cristina Lombao e Carmen Merelas, nun debate moderado por Dolores Vázquez.
December 15, 2025 at 11:43 AM
A presentación de 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', publicado polo CPXG coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a @facom-usc.bsky.social, un "acto de amor" a #NachoMirás, un profesional "que quería contarlle á xente o que lle pasa a xente".
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 12, 2025 at 12:54 PM
Nunha hora comezamos na @facom-usc.bsky.social a presentación de 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', un libro homenaxe a #NachoMirás, elaborado polo Colexio de Xornalistas coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade. xornalistas.gal/novas-evento...
O venres 12 de decembro preséntase en Santiago o libro...
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o vindeiro venres 12 de decembro, ás 11:00 horas, a presentación do libro Mirás: Xornalismo...
xornalistas.gal
December 12, 2025 at 9:00 AM
Mañá, venres 12, preséntase na @facom-usc.bsky.social 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', un libro con textos de #NachoMirás, elaborado polo CPXG coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade, que serve de homenaxe ao xornalista. xornalistas.gal/novas-evento...
O venres 12 de decembro preséntase en Santiago o libro...
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o vindeiro venres 12 de decembro, ás 11:00 horas, a presentación do libro Mirás: Xornalismo...
xornalistas.gal
December 11, 2025 at 11:55 AM
O ciclo #XornalistasNoMercado', organizado pola demarcación da Coruña do CPXG coa colaboración de A Parva, regresa o sábado ás 12:00 ao mercado de San Agustín coas coruñesas entrevistadas en #ACrónicaRevelada: Isabel Bravo, Cristina Lombao e Carmen Merelas.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 9, 2025 at 12:16 PM
#25AnosDoCPXG O 8 de decembro de 2002, a Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas denunciaba o apagamento informativo imposto polas autoridades estatal e galega en relación á cobertura da marea negra causada polo naufraxio do #Prestige buff.ly/6GjFMMV
December 8, 2025 at 11:15 AM
A @facom-usc.bsky.social acolle o venres 12 a presentación de 'Mirás: Xornalismo gaiteiro', un libro elaborado polo CPXG, coa colaboración da Deputación da Coruña, La Voz de Galicia e a Facultade, que recolle textos de #NachoMirás e serve de homenaxe ao xornalista
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 4, 2025 at 11:41 AM
O Colexio de Xornalistas publica o informe 'A #intelixenciaartificial nos medios de comunicación', que inclúe un decálogo sobre o uso da #IA no xornalismo 🧵.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
O Colexio de Xornalistas publica un informe e un decálogo de boas...
O Colexio de Xornalistas dispoñibiliza A intelixencia artificial nos medios de comunicación, un informe sobre os desafíos da introdución desta...
www.xornalistas.gal
December 3, 2025 at 11:42 AM
O CPXG, @concellopontevedra.bsky.social e o Culturgal celebraron o sábado o Encontro de xornalismo cultural, con Marta Gómez, @belamistura.bsky.social, @tamaricah.bsky.social, Ramón Rozas, Iolanda F. Casal, @sancarnota.bsky.social, Sonia Díaz, Alejandro Espiño, Susana Regueira e Carme D. Prol.
December 2, 2025 at 12:56 PM
🚨🚨🚨 Este mes de decembro é o último para aproveitar a promoción dos #25AnosDoCPXG, grazas á cal podes darte de alta no Colexio de Xornalistas sen pagar gastos iniciais de colexiación. Se aínda non estás colexiada/o, apura! 🏃
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 2, 2025 at 11:50 AM
O Colexio de Xornalistas e a Asociación de Fotoxornalistas esixen ao Concello de Ourense que non limite a toma de imaxes nos plenos. Esta medida non só restrinxiría inxustificadamente o dereito á información, senón que é contraria á lexislación.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
December 1, 2025 at 10:51 AM
#25AnosDoCPXG O 30 de novembro de 2015, o Colexio de Xornalistas convocaba seis prazas para impartir os obradoiros da 1ª edición de #XornalismoNaEscola. Comezaba así este programa de alfabetización mediática que levou durante 6 anos a comunicación ás aulas galegas www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 30, 2025 at 11:30 AM
#25AnosDoCPXG Hai 6 anos, o CPXG celebraba a xornada #Desinformación e ameazas á liberdade de expresión, con expertos como Paolo Berizzi, @minipetite.bsky.social ou @edithrcachera.bsky.social, para responder ao aumento dos extremismos e as noticias falsas.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 28, 2025 at 11:52 AM
María Guerra e @angelsuanzes.bsky.social debullaron onte en Pontevedra os pormenores da información cinematográfica, na conversa 'Informar sobre cine' 🎥, organizada polo Colexio de Xornalistas, o Concello de Pontevedra e a AICE dentro da programación dos @premiosferoz.bsky.social.
November 27, 2025 at 12:21 PM
O Colexio de Xornalistas dispoñibiliza as gravacións da xornada e os seminarios 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', organizado coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da @facom-usc.bsky.social.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG disponibiliza as gravacións do ciclo 'A comunicación...
O ciclo A comunicación corporativa: Comunicar con estratexia, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa subvención da...
www.xornalistas.gal
November 27, 2025 at 11:16 AM
Hoxe ás 19:00, na Casa da Luz de Pontevedra, o CPXG, o Concello de Pontevedra e a AICE organizan a conversa aberta 'Informar sobre cine', con María Guerra, @angelsuanzes.bsky.social e @andreavife.bsky.social, dentro da programación dos @premiosferoz.bsky.social.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
A información cinematográfica a debate, o mércores 26 en...
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Concello de Pontevedra e a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) organizan o...
www.xornalistas.gal
November 26, 2025 at 11:07 AM
#25AnosDoCPXG O 25 de novembro de 2007 celebrábase no Pazo da Cultura de Pontevedra a xornada presencial do Foro sobre Comunicación e #Xénero, o primeiro dos organizados polo Observatorio dos Medios do Colexio de Xornalistas, e presentábanse as súas conclusións: www.xornalistas.gal/biblioteca/r...
November 25, 2025 at 3:58 PM
No #25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Colexio de Xornalistas insiste na importancia da formación para combater as #violenciasmachistas desde as redaccións.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
November 25, 2025 at 10:40 AM
O auditorio da @facom-usc.bsky.social acolleu a xornada 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', organizada polo CPXG coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da Facultade, que explorou as posibilidades do xornalismo alén dos medios.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
A xornada 'A comunicación corporativa: Comunicar con...
O auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu na mañá de onte a xornada A comunicación corporativa: Comunicar con estratexia,...
www.xornalistas.gal
November 21, 2025 at 11:10 AM
O CPXG realizou en La Voz de Galicia, da man de Fátima Frieiro, o último dos 5 obradoiros sobre tratamento das #violenciasmachistas nas redaccións. Esta experiencia está organizada grazas ao convenio coa Consellería de Politica Social e Igualdade.
www.xornalistas.gal/novas-evento...
'La Voz de Galicia' pecha esta edición dos obradoiros...
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia realizou o mércores nas instalacións de La Voz de Galicia en Arteixo, da man de Fátima Frieiro, o...
www.xornalistas.gal
November 21, 2025 at 9:22 AM
En media hora comeza a xornada 'A #comunicacióncorporativa: Comunicar con estratexia', organizada polo Colexio de Xornalistas coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración da @facom-usc.bsky.social. Se non podes achegarte, podes seguila en streaming aquí:
A comunicación corporativa. Comunicar con estratexia.
O fomento do emprego na comunicación empresarial.Xornada presencial organizada polo CPXG no Auditorio da FaCom (USC).Actividade subvencionada pola Deputación...
buff.ly
November 20, 2025 at 8:30 AM
O vindeiro mércores 26, o Colexio de Xornalistas, o Concello de Pontevedra e a AICE organizan a conversa 'Informar sobre cine'. Ás 19:00 na Casa da Luz de Pontevedra, con María Guerra, @angelsuanzes.bsky.social e @andreavife.bsky.social. Inscríbete aquí para poder asistir: forms.gle/e2h219RDqq2t....
November 19, 2025 at 12:15 PM