ADEGA
@adegagz.bsky.social
500 followers 590 following 370 posts
ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA - Galician Environmental NGO - Declarada de Utilidade Pública
Posts Media Videos Starter Packs
adegagz.bsky.social
✋🏻Xaquín Rubido, Xocas (PDRA) e Juan Pedro Sánchez (Ulloa Viva) tamén explicaron que se presentarán alegacións para evitar calquera volta atrás ata a aprobación última da planificación eléctrica 2025-2030, da que o Miteco excluíu as demandas eléctricas de Altri.

Sempre #AltriNON! #CelulosasFóra
adegagz.bsky.social
✊🏻Un ano despois da histórica marcha que encheu o Obradoiro, o obxectivo é volver facelo para acadar a denegación definitiva de todo o expediente da macrocelulosa. Hoxe, a presión mobilizadora é máis necesaria ca nunca!
adegagz.bsky.social
📣🏭 Hoxe acompañamos en rolda de prensa á Plataforma Ulloa Viva e á @pdrarousa, canda a demais colectivos integrados na coordinadora galega contra Altri, para anunciar a convocatoria dunha gran mobilización nacional o 14 de decembro en Compostela.
adegagz.bsky.social
👉Porque as queimas e rozas masivas son ferramentas moi cuestionables: xa teñen causado danos e lumes incontrolados en zonas da Rede Natura.

❌ É outra mostra máis da súa preocupante deriva acientífica e trumpista.

📝Toda a info:

#incendiosforestais #lumesnuncamáis
ADEGA. A proposta da Xunta para previr incendios: queimar a Rede Natura!
Na súa liña trumpista, Ángeles Vázquez propón flexibilizar os permisos para rozar e queimar os espazos protexidos, en plena época de reprodución de moitas especies
adega.gal
adegagz.bsky.social
🔴 ADEGA considera moi preocupante esta proposta da Xunta:

👉Porque transmite que a idea de que a Rede Natura é un risco, cando os hábitats ben conservados frean os incendios e mitigan a crise climática.
👉Porque se faría en plena época de cría de especies, algunhas en perigo e ameazadas.
adegagz.bsky.social
❌ A Consellaría de Medio Ambiente anunciou como “medida estrela” para previr incendios forestais en espazos protexidos que se poidan facer lumes técnicos en Rede Natura entre os meses de marzo e maio, e tamén aumentar as rozas.

👇🏻👇🏻
adegagz.bsky.social
✊🏻O pobo galego respondeu. Unha marea de solidariedade con Palestina desbordou hoxe as rúas de Compostela e ateigou o Obradoiro. Pola fin da ocupación, pola liberdade e o dereito de autodeterminación do pobo palestino. Desde o río ata o mar, Palestina vencerá. Orgullo de país!✊🏻
adegagz.bsky.social
Desde Ons, #PalestinaVencerá🇵🇸✊🏼

As que hoxe estamos na illa queremos facer chegar todo o noso alento ao berro unánime pola paz que resoará en Compostela, e expresar a nosa solidariedade co pobo palestino. Fin á ocupación xa!

A solidariedade galega non se detén. A resistencia palestina tampouco.
adegagz.bsky.social
✋🏻📄 Primeiros contenciosos interpostos contra Altri no TSXG.

📣 SEN AUGA NON HAI CELOSA!

@galizacig.bsky.social

Toda a info: adega.gal/novas.php?id...

#ecoloxismogalego #AltriNON #CelulosasFóra
adegagz.bsky.social
🌊Conta atrás para a XIV Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA🌊

📆 19 de outubro
📍Galiza

Prazo límite para comunicarnos a túa limpeza: mércores, 8 de outubro.

Chamamos a todas as asociacións, centros de ensino, concellos e grupos de voluntariado a unirse á marea

Anímate!🩵😉
adegagz.bsky.social
⚒🍁ADEGA continúa a traballar pola conservación do Monte da Fraga na Coruña, e convidámoste a unirte ás vindeiras actividades!

👀😊Ollo! Estas actividades teñen recoñecemento de créditos para o estudantado da UDC.

📎Inscríbete aquí: docs.google.com/forms/d/e/1F...
#voluntariadoambiental
adegagz.bsky.social
Aínda non fuches ver a mostra de ADEGA "50 anos coidando a terra"???😉

📆📍Tes ata o 7 de outubro para ir botarlle un ollo no paseo da Alameda. Que non se che pase!

Poderás percorrer a historia de ADEGA e do movemento ecoloxista galego a través dos 16 paneis que a compoñen😊🌱

Achégate!
adegagz.bsky.social
📣Máis de 130 entidades e colectivos galegos, entre eles ADEGA, facemos un chamado a participar na manifestación nacional que este domingo encherá a praza do Obradoiro de solidariedade baixo o lema #GalizaConPalestina.

Acude! Palestina vencerá✊

#Palestinalibre #ecoloxismogalego
adegagz.bsky.social
🌱A contadora de historias Sole Felloza convídate a descubrir este xoves 2 ás 16:30h as vidas e lendas que se refuxian na Selva Negra, un dos parques naturais máis grandes e antigos de Compostela. Non o perdas!

Inscríbete👉🏼 bit.ly/50anos_compo...
@concellosantiago.bsky.social
adegagz.bsky.social
Esta xornada forma parte do ciclo de actividades co que celebramos en Compostela o 50 aniversario de ADEGA, en colaboración co @concellosantiago.bsky.social

#mesaredonda #ecoloxismogalego #SantiagodeCompostela #50anosADEGA
adegagz.bsky.social
📣 Proxección documental e mesa redonda "O movemento social compostelán na defensa da terra"

📅 Este mércores
📍Casa das Asociacións

🎬☕🗣 Unha boa ocasión para ver o documental "A terra por gañar", partillar un café e conversar arredor do papel do movemento social na defensa da terra en Compostela.
adegagz.bsky.social
📢🏭ADEGA, PDRA e @galizacig.bsky.social levamos ao xulgado o procedemento de concesión de augas para Altri❗

🗣✊Deste xeito, as tres organizacións facémonos eco dos milleiros de alegacións achegadas pola cidadanía. SEN AUGA NON HAI CELULOSA!

Info: adega.gal/novas.php?id...

#AltriNON
adegagz.bsky.social
🔜 E isto non para... Seguinte cita: Limpeza Simultánea de Praias! 🏖
📅 19 de outubro, en calquera praia do país.

Infórmate e anótate aquí: adega.gal/axenda.php?i...

Os nosos mares precísannos. Únete á marea!🌊🌊🌊
#voluntariadoambiental #voluntariado
ADEGA. XIV Limpeza Simultánea de Praias
Este 19 de outubro, o voluntariado galego está convidado a unirse á marea na Limpeza Simultánea de Praias.
adega.gal
adegagz.bsky.social
🥰💧Hai hoxe unha semana, centos de persoas saímos limpar os ríos do país na que é unha das grandes xornadas de voluntariado ambiental ano tras ano. Retiramos en torno a 8 toneladas de lixo!🚮

♻ GRAZAS a todo o voluntariado galego polo seu compromiso.
adegagz.bsky.social
🌿 Roteiro "Refuxios de vida e lendas" 🌿

📆 Este xoves 2 de outubro
🕒 16:30 h
📍Pto encontro: Aparcadoiro Granxa do Xesto, O Pedroso, Compostela

✨ Escoita as palabras da terra e das árbores.

🔗Inscricións: bit.ly/50anos_compo...
adegagz.bsky.social
🌱A exposición do 50 aniversario de ADEGA chegou hoxe á Alameda de Santiago de Compostela. Non perdas a oportunidade de visitala!

📣📣A presentación desta mostra marca o inicio dun amplo programa de actividades que terán lugar en Compostela ata o 7 de outubro.

👉🏼Toda a info: adega.gal/novas.php?id...
adegagz.bsky.social
Visita á EDAR de Aríns 💧

Prazas limitadas. Anótate axiña! 👉🏼 bit.ly/50anos_compostela

Olla a programación completa do ciclo de actividades de ADEGA en Compostela (do 26set ao 7out): adega.gal/axenda.php?i...

Celebra canda nós os 50 anos da asociación!🥳
adegagz.bsky.social
Obradoiro de reciclaxe 💁🏻‍♀️🛍️

Prazas limitadas. Anótate axiña! 👉🏼 bit.ly/50anos_compostela

Olla a programación completa do ciclo de actividades de ADEGA en Compostela (do 26set ao 7out): adega.gal/axenda.php?i...

Celebra canda nós os 50 anos da asociación!🥳