ADEGA
@adegagz.bsky.social
500 followers 590 following 370 posts
ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA - Galician Environmental NGO - Declarada de Utilidade Pública
Posts Media Videos Starter Packs
adegagz.bsky.social
🌿🧐Hoxe inauguramos canda ao Concello de Pontevedra a exposición de ADEGA "50 anos coidando a terra" na Praza de Ourense. Moitas grazas pola acollida!

👉🏻Poderás visitala ata o vindeiro 21 de outubro. Non perdas a oportunidade de ir vela!

#50anosADEGA #EcoloxismoGalego #Pontevedra
Reposted by ADEGA
concellosantiago.bsky.social
🌱ADEGA e o Concello de Santiago completan con éxito as actividades de "Compostela composta" no CEIP de Roxos

🏫O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental,
@dominguezxesus.bsky.social
acudiu para dar resposta a algunhas das dúbidas sobre compostaxe

🔗https://i.gal/CDdXJ
adegagz.bsky.social
Estas actividades están organizadas por ADEGA en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras, Concello de Petín, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras e O Bolo.

#LumesNuncaMáis #incendios #incendiosforestais #Valdeorras
adegagz.bsky.social
👉Importante: esta acción de voluntariado está dirixida a aqueles grupos e persoas que se inscribiron previamente no formulario que puxemos a disposición o pasado 3 de setembro. Se é o teu caso, revisa o teu correo electrónico. Se non chegan a cubrirse prazas, abriremos inscrición a novas solicitudes
adegagz.bsky.social
📅 Fin de semana do 17, 18 e 19 de outubro.
📍 O Barco de Valdeorras, Petín, A Rúa, O Bolo, Vilarmartín de Valdeorras e A Veiga
(con previsión de actuar en accións posteriores tamén en Casaio).

⚒ Nestes espazos faremos accións para o control da erosión, freo de escorrentías e restauración ambiental.
adegagz.bsky.social
🔴Voluntariado nas zonas queimadas🔴

🔥ADEGA leva varias semanas traballando sobre o terreo para concretar accións simultáneas de restauración ambiental en zonas queimadas da comarca de Valdeorras. Hoxe, podemos confirmar as primeiras datas e a previsión de zonas de actuación👇🏻
adegagz.bsky.social
✋🏻Xaquín Rubido, Xocas (PDRA) e Juan Pedro Sánchez (Ulloa Viva) tamén explicaron que se presentarán alegacións para evitar calquera volta atrás ata a aprobación última da planificación eléctrica 2025-2030, da que o Miteco excluíu as demandas eléctricas de Altri.

Sempre #AltriNON! #CelulosasFóra
adegagz.bsky.social
✊🏻Un ano despois da histórica marcha que encheu o Obradoiro, o obxectivo é volver facelo para acadar a denegación definitiva de todo o expediente da macrocelulosa. Hoxe, a presión mobilizadora é máis necesaria ca nunca!
adegagz.bsky.social
📣🏭 Hoxe acompañamos en rolda de prensa á Plataforma Ulloa Viva e á @pdrarousa, canda a demais colectivos integrados na coordinadora galega contra Altri, para anunciar a convocatoria dunha gran mobilización nacional o 14 de decembro en Compostela.
adegagz.bsky.social
👉Porque as queimas e rozas masivas son ferramentas moi cuestionables: xa teñen causado danos e lumes incontrolados en zonas da Rede Natura.

❌ É outra mostra máis da súa preocupante deriva acientífica e trumpista.

📝Toda a info:

#incendiosforestais #lumesnuncamáis
ADEGA. A proposta da Xunta para previr incendios: queimar a Rede Natura!
Na súa liña trumpista, Ángeles Vázquez propón flexibilizar os permisos para rozar e queimar os espazos protexidos, en plena época de reprodución de moitas especies
adega.gal
adegagz.bsky.social
🔴 ADEGA considera moi preocupante esta proposta da Xunta:

👉Porque transmite que a idea de que a Rede Natura é un risco, cando os hábitats ben conservados frean os incendios e mitigan a crise climática.
👉Porque se faría en plena época de cría de especies, algunhas en perigo e ameazadas.
adegagz.bsky.social
❌ A Consellaría de Medio Ambiente anunciou como “medida estrela” para previr incendios forestais en espazos protexidos que se poidan facer lumes técnicos en Rede Natura entre os meses de marzo e maio, e tamén aumentar as rozas.

👇🏻👇🏻
adegagz.bsky.social
✊🏻O pobo galego respondeu. Unha marea de solidariedade con Palestina desbordou hoxe as rúas de Compostela e ateigou o Obradoiro. Pola fin da ocupación, pola liberdade e o dereito de autodeterminación do pobo palestino. Desde o río ata o mar, Palestina vencerá. Orgullo de país!✊🏻
adegagz.bsky.social
Desde Ons, #PalestinaVencerá🇵🇸✊🏼

As que hoxe estamos na illa queremos facer chegar todo o noso alento ao berro unánime pola paz que resoará en Compostela, e expresar a nosa solidariedade co pobo palestino. Fin á ocupación xa!

A solidariedade galega non se detén. A resistencia palestina tampouco.
adegagz.bsky.social
✋🏻📄 Primeiros contenciosos interpostos contra Altri no TSXG.

📣 SEN AUGA NON HAI CELOSA!

@galizacig.bsky.social

Toda a info: adega.gal/novas.php?id...

#ecoloxismogalego #AltriNON #CelulosasFóra
adegagz.bsky.social
🌊Conta atrás para a XIV Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA🌊

📆 19 de outubro
📍Galiza

Prazo límite para comunicarnos a túa limpeza: mércores, 8 de outubro.

Chamamos a todas as asociacións, centros de ensino, concellos e grupos de voluntariado a unirse á marea

Anímate!🩵😉
adegagz.bsky.social
⚒🍁ADEGA continúa a traballar pola conservación do Monte da Fraga na Coruña, e convidámoste a unirte ás vindeiras actividades!

👀😊Ollo! Estas actividades teñen recoñecemento de créditos para o estudantado da UDC.

📎Inscríbete aquí: docs.google.com/forms/d/e/1F...
#voluntariadoambiental
adegagz.bsky.social
Aínda non fuches ver a mostra de ADEGA "50 anos coidando a terra"???😉

📆📍Tes ata o 7 de outubro para ir botarlle un ollo no paseo da Alameda. Que non se che pase!

Poderás percorrer a historia de ADEGA e do movemento ecoloxista galego a través dos 16 paneis que a compoñen😊🌱

Achégate!
adegagz.bsky.social
📣Máis de 130 entidades e colectivos galegos, entre eles ADEGA, facemos un chamado a participar na manifestación nacional que este domingo encherá a praza do Obradoiro de solidariedade baixo o lema #GalizaConPalestina.

Acude! Palestina vencerá✊

#Palestinalibre #ecoloxismogalego
adegagz.bsky.social
🌱A contadora de historias Sole Felloza convídate a descubrir este xoves 2 ás 16:30h as vidas e lendas que se refuxian na Selva Negra, un dos parques naturais máis grandes e antigos de Compostela. Non o perdas!

Inscríbete👉🏼 bit.ly/50anos_compo...
@concellosantiago.bsky.social
adegagz.bsky.social
Esta xornada forma parte do ciclo de actividades co que celebramos en Compostela o 50 aniversario de ADEGA, en colaboración co @concellosantiago.bsky.social

#mesaredonda #ecoloxismogalego #SantiagodeCompostela #50anosADEGA
adegagz.bsky.social
📣 Proxección documental e mesa redonda "O movemento social compostelán na defensa da terra"

📅 Este mércores
📍Casa das Asociacións

🎬☕🗣 Unha boa ocasión para ver o documental "A terra por gañar", partillar un café e conversar arredor do papel do movemento social na defensa da terra en Compostela.