ADEGA
banner
adegagz.bsky.social
ADEGA
@adegagz.bsky.social
ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA - Galician Environmental NGO - Declarada de Utilidade Pública
O vindeiro 14D, na mani contra Altri, queremos converter o Obradoiro nun gran monte vivo e diverso! Axúdasnos?🌳🌳🌳

✍🏼Info e inscricións: adega.gal/axenda.php?i...

#AltriNON
December 4, 2025 at 6:45 PM
O voluntariado de ADEGA volve aos montes queimados🔥

Unhas 20 persoas achegarémonos esta fin de semana ata O Sexo, na Agolada, para desenvolver tarefas de control da erosión na contorna do rego e fervenza da Baíña.

Toda a info👉🏼 adega.gal/novas.php?id...
December 4, 2025 at 9:54 AM
🌿Se tes que facer un agasallo, lembra que en ADEGA podes reservar este paquetiño cunha saca, unha camisola e o libro "Informe Altri. Celulosa do século XX para o XXI", do doutor en Bioloxía, Ramón Varela.

👀👉Consultar prezos e faite co que máis che guste: bit.ly/libro_altri

#AltriNON
December 2, 2025 at 8:25 PM
💧🐦ADEGA mobilizou máis de 1.400 persoas pola conservación dos ríos galegos nos tres anos de traballo do Proxecto Fluviatilis, que agora chega ao seu fin...

🥰🌱GRAZAS a todo o voluntariado que fixo parte deste proxecto. Vémonos nos ríos!

👉🏻Velaquí os resultados: adega.gal/novas.php?id...
December 1, 2025 at 8:04 PM
🧐Ollo! Mañá estaremos nesta mesa redonda na que debullaremos todos os impactos do proxecto de Altri.

📍Salón de Actos da Deputación de Lugo
🕐 Ás 20:00 h

Desde a Ulloa ata o mar, polas que somos e as que virán! Acude! #AltriNon #CelulosasFóra
December 1, 2025 at 12:22 PM
💭Lembrete para estes días en que a roda do consumismo fai todo o posible por atraparnos (aínda máis se cabe).

#consumoresponsable #blackfriday #consumismo
November 28, 2025 at 1:02 PM
📣 ❌A Xunta quere declarar compatibles os parques eólicos coa paisaxe. Mais por moita lei que cambien, non nos taparán os ollos.

👉 Acude á chamada da coordinadora #EólicaAsíNon o 16 de decembro diante do Parlamento de Galiza.

🌿Nós tamén somos paisaxe. Vémonos alí ás 16:30 horas. Comparte!
November 27, 2025 at 10:09 AM
🌬️🌊Son xa unha vintena os proxectos de eólica mariña que pousaron os seus ollos na costa galega. Todos os seus condicionantes ambientais e sociais, analizámolos no primeiro número da Cerna Temática 👉🏻👉🏻👉🏻

🔸Lectura: bit.ly/47U6x8O
🔹Descarga: bit.ly/3Kbq0IV

🌱🐦Le. Comparte. #EólicaAsíNON
November 26, 2025 at 7:09 PM
📖🌱 CERNA TEMÁTICA N° 1 | A eólica mariña en Galiza. Condicionantes ambientais e sociais

ADEGA lanza a Cerna Temática, unha nova publicación que abordará cada ano un asunto de actualidade ambiental galega. Arrincamos coa eólica mariña👇🏼

🔸Le: bit.ly/47U6x8O
🔹Descarga: bit.ly/3Kbq0IV

👉🏻 Compártea!
November 25, 2025 at 8:41 AM
💚 Esta semana coñecimos "As aves amigas" canda á rapazada do CEIP das Nogais.

🐦🐦‍⬛Falamos sobre os beneficios das aves comúns para a agricultura e logo construímos un pequeno comedeiro con material de refugallo.
November 23, 2025 at 8:06 PM
A exposición conmemorativa dos 50 anos de ADEGA chegou a Lugo🌱💚

Estará na Praza Horta do Seminario ata o próximo 2 de decembro. Non dubides en achegarte a visitala!

Toda a info sobre o acto de inauguración aquí👉🏻 adega.gal/novas.php?id...

#ecoloxismogalego
November 21, 2025 at 7:00 PM
✊O 14 de decembro volveremos encher Santiago de Compostela para dicir alto e claro: Altri, non. Fóra xa.

Desde a Ulloa ata o mar, polas que somos e as que virán.

📍 Santiago de Compostela – Alameda
🕛 14 de decembro · 12:00 h

Comparte!
#AltriNON #CelulosasFóra
November 20, 2025 at 9:15 PM
🌱👏ADEGA recibe o Premio Dragona Iberia Colectivo 2025 da Fundación Nueva Cultura del Agua pola súa traxectoria na defensa dos ríos e a loita contra a macrocelulosa de Altri

💚Un recoñecemento para a defensa ambiental e ecolóxica de Galiza no sentido máis amplo 🐦🩵

Grazas!👉 adega.gal/novas.php?id...
November 19, 2025 at 7:57 PM
🟣Xornadas 'O rural galego en feminino'🟣

Desde ADEGA convidámoste a participar nestas xornadas coas que queremos visibilizar e debater o papel das mulleres no rural desde unha perspectiva ecofeminista.

Programa completo: adega.gal/axenda.php?i...

Vémonos? :)

@concellodacoruna.bsky.social
November 18, 2025 at 12:57 PM
📣❌O PP na Xunta teima en “simplificar” todo o relacionado cos controis ambientais, e xa postos, co medio ambiente. Fíxoo compulsivamente durante a era Feijóo, e Rueda quere rematar o traballo de reducir a Xunta a un simple portelo de expedición de permisos.

👉Info: adega.gal/novas.php?id...
November 14, 2025 at 12:58 PM
📣O Proxecto Fluviatilis chega ao seu fin.

👉Convidámoste á xornada de clausura desta iniciativa a través da que cinco entidades do Estado nos unimos para contribuír á adaptación de diversos ríos fronte ao cambio climático.

📅21 de novembro
🕐de 11:30 a 13:00 h

📝Inscríbete. Agardámoste! :)
November 13, 2025 at 2:03 PM
Queres coñecer a riqueza micolóxica dos nosos montes? Este roteiro pola ribeira do río Te é o mellor plan para a finde que vén😌🍂🍄

📆 Sábado 15
📍Río Te, Rianxo
🕞 De 10:30 a 14:30

✍🏼Inscríbete en bit.ly/roteiromicoloxico
November 9, 2025 at 7:10 PM
🌿 Xornada de Eliminación de Invasoras no Río Tambre

📅 Mércores 12 de novembro
⏰ 10:30 – 14:00 h
📍 Río Tambre (Ames)

💧 Se queres botar unha man, anímate a participar!

👉 Inscrición previa obrigatoria aquí: adega.gal/axenda.php?i...
November 8, 2025 at 8:11 PM
🎥💬Proxección documental e mesa redonda "A defensa da terra en Pontevedra: pasado, presente e futuro" para celebrar o 50 aniversario de ADEGA!

📍 Pazo da Cultura, Pontevedra
🗓 Mércores, 12 de novembro
🕣 18:30 h

Vémonos alí! 💚

👉🏻Coa colaboración do Concello de Pontevedra
November 7, 2025 at 7:46 PM
‼️Xa temos nova data para o encontro musicado e magosto en Moaña 🌰🎶

📅 Venres, 14 de novembro
📍Rialdarca (Moaña)

Achégateee :)

adega.gal/axenda.php?i...
November 6, 2025 at 12:58 PM
A exposición sobre compostaxe segue facendo xira polos centros de ensino de Compostela!🪱🥳

💚A rapazada de Vite, do IES de Sar, do Xelmirez I e do Xelmírez II puido afianzar a través desta mostra os seus coñecementos para xestionar correctamente os residuos.

Grazas á cativada pola súa curiosidade!
November 4, 2025 at 10:16 AM
🇵🇸🚲Desde ADEGA queremos expresar o noso apoio ás persoas detidas en Monforte e Lugo polo seu compromiso coa causa palestina durante o paso da Volta a España.

Facemos un chamado a colaborar nesta campaña para facer fronte ás sancións impostas:
💸ES60 3070 0032 9764 4952 6927

✊13 de Lugo: absolución!
November 3, 2025 at 6:56 PM
💧🦎🍂Hoxe conmemórase o Día Internacional das Reservas da Biosfera!

Con ese motivo, este xoves, 6 de novembro, organizamos unha actividade de voluntariado ambiental na parcela Rego Salgueiro en Friol, custodiada por ADEGA.

Alí realizaremos traballos de acondicionamento da charca. Acompáñasnos?🙂
November 3, 2025 at 1:10 PM
🚫 ICOMOS-España alerta de incumprimentos na protección da Muralla de Lugo e do Camiño Primitivo

🧐Toda a información e informe en adega.gal/novas.php?id...

#patrimoniomundial #ecoloxismogalego #Lugo
November 2, 2025 at 9:50 AM
🟢 A Plataforma “Nostián con Futuro”, da que fai parte ADEGA, reclama ao Concello da Coruña e ao Consorcio das Mariñas unha campaña informativa máis ambiciosa coa chegada do quinto contedor.

🔗 Máis información: adega.gal/novas.php?id...

#lixo #residuos #ACoruña
November 1, 2025 at 8:12 AM