Ana Pontón
@anaponton.gal
2.4K followers 9 following 190 posts
Nai de Icía 🗣️ Portavoz Nacional do BNG 🩵 Amor e confianza en Galiza. En Telegram ➡️ http://t.me/PontonBng
Posts Media Videos Starter Packs
anaponton.gal
Hoxe fomos de visita a CONXEMAR 🦐🐟

Parabéns por esta 26 edición, unha lonxevidade acorde coa fortaleza do sector do conxelado de produtos do mar para Galiza, con empresas referentes tanto dentro como fora das nosas fronteiras.
anaponton.gal
Palestina vencerá 🇵🇸
anaponton.gal
Emocionante despedida do mellor alcalde da historia de Carballo e referente político e humano. Grazas Evencio, por tanto 🩵
anaponton.gal
Está en xogo o triunfo da humanidade fronte a barbarie. Hai que parar o xenocidio.

Vémonos este domingo na manifestación.
anaponton.gal
Coa veciñanza da parroquia do Sexo, en Agolada, unha das afectadas no Deza pola última vaga de incendios.

Hai que cambiar a política forestal do PP e aplicar unha moratoria indefinida do eucalipto para lograr un monte ordenado e multifuncional que nos protexa dos lumes.
anaponton.gal
Todo o apoio e solidariedade ás persoas que forman parte da Flotilla a Gaza.

O Goberno central debe actuar para a súa liberación inmediata.

E o Parlamento galego ten que rexeitar este novo atropelo do Estado criminal de Israel e posicionarse en apoio do pobo palestino.
anaponton.gal
Hoxe reunímonos coas familias do CEIP Ana María Diéguez de Rianxo, que reclaman docentes de apoio para os nenos e nenas con necesidades educativas especiais.  

Non piden privilexios. Atender as súas reivindicacións é de xustiza.
anaponton.gal
Desde o BNG presentamos a Axenda Galega do Litoral, un decálogo de propostas para que Galiza tome o temón do seu mar e da súa costa porque é o medio de vida de miles de familias, é historia, cultura, riqueza e emprego.
anaponton.gal
Ao lado dos alcaldes, alcaldesas e responsables municipais, estamos analizar as propostas para o noso litoral, tendo en conta que Galiza ten 1.500 quilómetros de costa, que definen a identidade, o presente e o futuro de moitos dos nosos concellos.
anaponton.gal
Galiza é unha nación pesqueira e non se entende sen o seu mar, sen a súa costa e por iso estamos hoxe aquí en Cangas nun encontro de concellos costeiros do BNG.
anaponton.gal
Non podemos seguir cun tren do século pasado mentres máis de 500.000 persoas quedan sen mobilidade útil entre Ferrol e A Coruña ou cara Ribadeo. O tren debe ser alternativa real, debe ser rápido, con horarios e frecuencias axeitadas e infraestruturas modernas.

Ferrol merece un tren do século XXI.
anaponton.gal
Interesante encontro co embaixador chinés, Yao Jing.

Vemos estratéxica a relación co país asiático, onde as nosas empresas teñen grandes oportunidades de negocio.

Abertos a investimentos sustentables e a aumentar o coñecemento de ambas culturas, sempre en beneficio mutuo.
anaponton.gal
Hoxe trasladamos en Monforte toda a nosa solidariedade a Prodeme.

Rueda debe rectificar, deixar de copiar o discurso ultra e de odio da señora Ayuso e integrar os nenos e nenas migrantes no sistema de acollemento de menores.

Sen discriminacións, sen estigmas e sen guetos.
anaponton.gal
12.000 traballadoras do SAF coidan dos nosos maiores. A maioría non cobra nin o salario mínimo. Que fai Rueda? Quitarlles 17 millóns de euros.
anaponton.gal
Negar o xenocidio é permitir que a barbarie triunfe sobre a humanidade. Se non o impedimos, niguén estará a salvo.
anaponton.gal
Ao PP impórtalle un "bledo" que Galiza arda.
anaponton.gal
O Goberno do PP segue sen tomar medidas dous meses despois do asasinato dunha auxiliar do Servizo de Atención no Fogar no Porriño.

Urxe cambiar a normativa para protexer as traballadoras do SAF e aumentar o financiamento dun servizo ao que, sen embargo, Rueda xa recortou 17 M€ no que vai de ano.
anaponton.gal
Rueda está trasladando a Galiza o discurso racista e de odio da señora Ayuso e a extrema dereita e iso ten consecuencias. Vímolo en Monforte.
anaponton.gal
Condenamos enerxicamente o atentado contra o centro de Monforte que vai acoller menores migrantes e pídolle a Rueda que abandone os discursos de odio. Galiza é un pobo de emigrantes e unha terra de acollida e iso debemos seguir sendo.
anaponton.gal
Na reunión do Consello Nacional, orgullosa de formar parte dun BNG que funciona como auténtico goberno alternativo fronte a un Executivo de Rueda que só ofrece insultos, propaganda e deslealdade a Galiza.
anaponton.gal
🌱 En Pontevedra demostramos que hai alternativa á política forestal pirófita do PP: no Monte da Tomba temos 400.000 árbores autóctonas, parques forestais e sendas verdes.

Galiza merece futuro, non abandono.
anaponton.gal
A ampliación do CHUAC, unhas obras que se van retrasar durante anos, afectan á atención sanitaria de máis de 510.000 galegos e galegas.

O goberno de Rueda prometeu que en 2025 estaría executado o 80%, pero a realidade é que o 95% das obras seguirá sen facer.
anaponton.gal
Na comarca do Ribeiro, analizando con representantes desta denominación de orixe a situación dun sector para o que propoñemos medidas concretas, como que as axudas aos viñedos queimados polos lumes inclúan o lucro cesante.

Grazas Antonio por abrirnos as portas de Boas Vides.
anaponton.gal
Por que Rueda boicotea unha declaración institucional contra o xenocidio en Gaza?