Antón Escuredo
banner
antonescuredo.bsky.social
Antón Escuredo
@antonescuredo.bsky.social
Xornalista
Está segunda feira, após o visionado do filme 'Lola' de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro no Cineuropa, xurdiu no faladoiro posterior a idea da necesidade dun cinema galego que falara da nosa historia e da nosa memoria. Coincido e reclamo apoios, máis alá das 'luces'.
November 11, 2025 at 8:21 PM
A colleita de kiwis por terras do Deza superou as espectativas. O resultado está a ser moito mellor que en 2024 malia as altas temperaturas e a pouca choiva.
November 5, 2025 at 11:55 AM
Outro ano máis no Día da Castaña en Os Anguieiros, lugar da parroquia de Montefurado (Quiroga), organizado pola Asociación Boca do Monte. Obradoiro de cabazas, castañas e a sempre formidábel participación do grupo de música tradicional Abertal da Rúa.
November 2, 2025 at 11:34 PM
O Samaín gaña a partida ao Halloween en Compostela.
October 31, 2025 at 11:51 PM
Mobilización en Compostela por Palestina. A Faixa de Gaza apoiada por centos de persoas en varias localidades galegas despois de dous anos saíndo á rúa en Galiza.
October 15, 2025 at 12:37 PM
Este 15 de outubro toca parar laboralmente en solidariedade con Palestina. Vémonos nas mobilizacións.
October 15, 2025 at 7:23 AM
Deixounos Diane Keaton, quedan con nós para sempre as súas películas. Como non lembrar obras como Manhattan ou O Padriño?
October 12, 2025 at 7:25 AM
O pobo galego respondeu de maneira masiva polas rúas de Compostela contra o xenocidio que está realizando o Estado sionista na Faixa de Gaza. O horror que vive Palestina non se esquecerá.
October 5, 2025 at 12:34 PM
Bona Diada al poble català i Visca Catalunya Lliure!
September 11, 2025 at 6:58 AM
O Simposio Homenaxe Xosé Lois García en Chantada está a ser todo un acontecemento que reivindica a figura do activista, poeta e investigador. Foi tamén un reencontro coas amizades e un palco reivindicativo ante o xenocidio que realiza Israel en Palestina.
September 6, 2025 at 4:12 PM
Compostela respondeu co berro de #LumesNuncaMáis
August 21, 2025 at 8:48 PM
Incendio agora en Fafián, Rodeiro, ao carón das casas. Controlado polos veciños dúas horas despois de que comezara. As chamadas ao 112 e outros números non fixeron que se achegaran os corpos anti incendios. Tivemos que activar cadeas de cubos e empregar mangueiras.
August 10, 2025 at 2:52 PM
Preparando o Día da Patria Galega este #25deXullo
July 24, 2025 at 12:23 PM
Se falamos de taxa turística semella que falemos de algo negativo. Todo o contrario. Compostela será das últimas en poñelo en marcha polos atrancos da Xunta e parte do sector. Pola contra, en Portugal é normal como acontece cando en Braga tes que pagar 1,5€ por noite. O turismo ten que colaborar.
July 18, 2025 at 11:00 PM
Esta sexta feira comeza na freguesía de Porto Covo, en Sines (Alentejo) o Festival Músicas do Mundo. Se non estades lonxe achegádevos o domingo para ver en directo a Ugia Pedreira (A Pedreira). A entrada é de balde e a programación ben o merece.
July 17, 2025 at 5:46 PM
En Porto Covo, no Alentejo portugués, procuran activar a lectura con esta orixinal iniciativa. Calquera día, de balde, podes acceder ao préstamo dun libro ou mesmo podes deixar un para que outras persoas gocen del.
July 15, 2025 at 8:01 PM
Hai librarías e librarías. Logo está Portugal e os seus templos dedicados á literatura máis variada. Non importa que algúns digan que o papel está morto. A realidade é que este morto goza de moi boa saúde.
July 11, 2025 at 8:55 AM
10 horas da mañá e 26° en Compostela. Xa non somos "refuxio climático".
June 17, 2025 at 8:00 AM
A veciñanza de Mondariz-Balneario reactiva a plataforma SOS Troncoso en defensa dunha fonte que é patrimonio de todas as galegas e todos os galegos. Por iso mesmo a Xunta ten que reaccionar. Recibe cada ano moitos visitantes que non entenden como esa marabilla cae a pedazos. Reaccione sr. Rueda!
June 5, 2025 at 3:57 PM
Nunca antes vira a praza da Quintana como hoxe na Ascensión para ver as @tanxugueiras . Parabéns ao Concello de Santiago por esta noite máxica. E que veñan moitas máis!
May 29, 2025 at 8:26 PM
Compostela hoxe. Aínda non chegou o verán e xa estamos con estas temperaturas. Logo diredes que neste país chove moito.
May 29, 2025 at 2:26 PM
Agasallos así agradécense. Non me faledes de Zara e Arteixo, o futuro téxtil está en Santa Comba #madeingaliza #feitonagaliza
May 22, 2025 at 7:56 PM
Mensaxe para as persoas que onte puxeron a televisión e participaron do branqueo do estado sionista:
May 18, 2025 at 9:25 AM
No epicentro dos seráns, en Moscoso (Pazos de Borbén) na presentación do libro 'Aida e Rosa Garrido. Cantadeiras de Moscoso' de Luis Prego Fernández. Emocion contida cando o público comezou a cantar. O de hoxe foi algo máis que unha celebración polas Letras Galegas.
May 17, 2025 at 6:31 PM
As Letras Galegas este ano en Compostela viñeron con música e festa para defender as nosas língua. #QueremosGalego #Galiza
May 17, 2025 at 1:25 PM