Red de Bibliotecas Municipales de A Coruña
banner
bibcoruna.bsky.social
Red de Bibliotecas Municipales de A Coruña
@bibcoruna.bsky.social
📚 Rede de Bibliotecas Municipais 📍 Concello da Coruña
✨ Conectamos persoas e historias #biblioteca #lectura #cultura #actividades #servizos
📖 Acompáñanos a explorar o mundo das palabras e o coñecemento dende #ACoruña
Actividade familiar para público a partir de 8 anos. Con inscrición previa na biblioteca, no teléfono 981 18 43 82 ou na nosa páxina web 👇
Representación teatral: Pedras Vivas polo grupo teatral Noite Bohemia
Vinde coñecer a historia das bibliotecas municipais da man da compañía teatral Noite Bohemia.
goo.su
December 15, 2025 at 7:03 PM
Os nomes da nosa literatura son os grandes protagonistas desta viaxe no tempo que agora se achega até os interiores desas bibliotecas que foron medrando ao longo de todo un século. Esta cita busca levar ao público dos barrios a nosa cultura.
December 15, 2025 at 7:03 PM
Noite Bohemia, compañía teatral coruñesa que vén de gañar o Premio Nacional de Teatro clásico, elabora da man da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda unha proposta que fai cobrar vida ás pedras dos xardíns, os xardíns da literatura e o mar.
December 15, 2025 at 7:03 PM
Os xardíns do recheo é o lugar elixido. A literatura cobra protagonismo neste recuncho arborado á beira do mar que se converteu en escaparate para visitantes e refuxio cultural para a cidadanía. As bibliotecas municipais comezan así a súa singradura que hoxe deriva nunha rede cultural de referencia.
December 15, 2025 at 7:03 PM
Unha mítica! Fixechésnos lembrar ao Rivas e as súas voces baixas: "O monte dos montes era o Xalo. Cando chega a noite ten esa disposición de terra brava e testana que quere ver de novo o mar. Aínda agora é moito monte, pero daquela érao moito máis". 😍😍😍
December 15, 2025 at 9:09 AM
E non van ser!! Pensas nalgunha montaña especial á que parabenizar? 😄
December 12, 2025 at 11:59 AM