Cabonorteblog
banner
cabonorteblog.bsky.social
Cabonorteblog
@cabonorteblog.bsky.social
Blogue de viaxes desde 2009. Viaxes en coche, caravana, mochileiros, en bici, Camiños de Santiago e guías prácticas.

www.cabonorteblog.com
Pinned
Así foi a nosa viaxe aos Alpes en caravana. A ruta e gastos: www.cabonorteblog.com/2025/12/08/v...
VIAXE AOS ALPES EN CARAVANA - CaboNorte blog
caravanas caravana Alpes Europa
www.cabonorteblog.com
Feliz 2026. Cabo de Gata (Almería).
December 31, 2025 at 6:50 PM
Almería: O Cable Inglés, a Catedral e a Alcazaba.
December 30, 2025 at 8:56 PM
Asentamento prehistórico de Los Millares (Almería). Foi un poboado amurallado da Idade do Cobre, onde se pode ver tamén a súa necrópole. A súa localización, sobre o Río Andarax, é espectacular.
December 29, 2025 at 8:34 PM
Cabo de Gata (Almería).
December 28, 2025 at 8:06 PM
Parque Natural de El Fondo (Crevillent, Alacante). Fermoso lugar para ver aves. Pódense ver moitísimos flamencos.
December 27, 2025 at 8:46 PM
Cuevas del Rodeo (Rojales, Alacante).
December 27, 2025 at 8:40 PM
Lago Rosa en Torrevieja (Alacante).
December 27, 2025 at 8:37 PM
Cruzando a Península
December 26, 2025 at 9:11 PM
5000 km coa bici eléctrica Specialized Tero4. En 2 anos e 5000 km, a bici segue en boa forma. De momento a batería non parece que baixase o seu rendemento.
December 14, 2025 at 9:16 PM
Así foi a nosa viaxe aos Alpes en caravana. A ruta e gastos: www.cabonorteblog.com/2025/12/08/v...
VIAXE AOS ALPES EN CARAVANA - CaboNorte blog
caravanas caravana Alpes Europa
www.cabonorteblog.com
December 9, 2025 at 10:00 PM
Ruta polos montes de Lugo, pasando polo Monte de San Fitorio (ou Carballeira de Labio), que está dentro da Rede Europea de Marteloscopios. Un panel no lugar indica en que consiste isto.
December 8, 2025 at 7:12 PM
Outono polos arredores da cidade de Lugo.
December 7, 2025 at 5:40 PM
Compostela desde O Viso hoxe.
November 18, 2025 at 7:37 PM
O Río Sil ao pouco do seu nacemento nas terras de Babia (León). Xusto despois, xa está o primeiro dos moitos encoros que ten ata xuntarse co Miño nos Peares.
November 5, 2025 at 9:27 PM
O Cantábrico entre Luanco e o Cabo Peñas (Asturies).
November 3, 2025 at 8:18 PM
Igrexa de Santianes de Pravia (Asturies). Dise que foi fundada no século VIII polo Rei Silo. Sometida a múltiples reformas, hoxe aínda se pode ver algún detalle da época prerrománica. Na entrada, hai unha réplica da lápida fundacional da mesma.
November 2, 2025 at 8:42 PM
Mina de Arnao (Castrillón, Asturias). Unha mina de carbón traballada xa desde principios do século XIX, coa particularidade que gran parte de ela está baixo o mar. Hai visitas guiadas que paga a pena facer,descendendo ata xusto o nivel de auga que foi enchendo a mina despois do seu abandono no 1915.
November 1, 2025 at 8:57 PM
O fin da tarde e a néboa despois das chuvias no Monte Taúme. Con vistas á Ría de Muros e Noia, Corrubedo e as Dunas.
October 19, 2025 at 9:12 PM
A volta de onte. Cunha bici de 30 anos.
October 19, 2025 at 9:03 AM
Compostela hoxe.
September 18, 2025 at 8:07 PM
Petróglifos da Pedra que Fala, na parroquia de San Xoán de Fecha (Compostela). Pódese ver varias combinacións circulares e cazoletas. Tamén hai algunhas cruces moito máis recentes.
September 18, 2025 at 8:04 PM
Paseando polo monte II. Londras? Estaba o río preto.
September 7, 2025 at 10:02 PM
Paseando polo monte
September 7, 2025 at 10:01 PM
E como entreter a un neno de 7 anos nunha viaxe de máis de 6000km? Pois poñéndoo a conducir tamén. Nesta nova versión 2.0 do modelo anterior, ten tamén que poñer as luces.
September 2, 2025 at 9:03 PM
Nesta viaxe aos Alpes en caravana estivemos en 13 campings diferentes, con prezos entre os 25 e 55 € noite. Nalgúns só pasamos unha noite e, no que máis, 6 noites en Aosta (Italia). Como xa teño dito noutras ocasións, penso que os mellores campings son os franceses, por cantidade, prezo e servizos.
September 1, 2025 at 9:25 PM