Camilo Franco
banner
camilofranco.bsky.social
Camilo Franco
@camilofranco.bsky.social
Cal é a distancia entre os soños e os pesadelos? Un texto de #PisoFranco que ten a súa historia. Descarga nas tendas de app’s e subcribe aínda que este vaia por conta da casa.

i.gal/PisoFrancoBu...
Cada cousa no seu lugar - Piso Franco
Cando acordou do sono decatouse de que a súa casa estaba chea de buratos como se estivera en Blackburn, Lancashire. Descolocado polo descubrimento non conseguiu recordar nada do que lle era habitual. ...
i.gal
December 20, 2025 at 3:39 PM
A imaxe de #NachoGómez ten algo que ver con #AEsmorga de Blanco Amor e con outras esmorgas peor escritas. Estamos en decembro e o mundo está a entrando nese túnel no que canto máis festivo menos real. Descarga e subscribe. SenCabalgatas. Ou festa ou mercado.

i.gal/PisoFrancoMo...
Eu son o morse - Piso Franco
-Vente con nós, que hai merenda. Que nos leva o vento. Escóitase a música. Hai boureo. E así todas as festas. Provocando unha resposta masculinamente seria. Entendida como desprezo aínda que podería s...
i.gal
December 11, 2025 at 7:01 PM
A televisión dá moito e non pide nada. Dá moito pero hai que ver como acaba esa xenerosidade. Se queredes saber que tiñamos en común Bin Laden e máis eu tendes que leer #PisoFranco. Non custa o que vale. Descarga e subscribe.

i.gal/PisoFrancoPo...
A ala oeste de San Caetano - Piso Franco
Osama Bin Laden e mais eu, cando moi nenos, viamos as mesmas series de televisión. Bonanza e Furia. Había ranchos e cabalos nas dúas. Aventuras familiares nun país que non era nin o seu nin o meu
i.gal
December 10, 2025 at 7:21 PM
Sabemos que todo o mundo anda en cousas importantes e urxentes, pero as respostas que Manuel Lourenzo daba para o teatro valían para asuntos que andan nas conversas. Descarga e subscribe #PisoFranco. Non hai operación retorno.

i.gal/MLourenzo4
Debería haber un espazo para os que non temos présa - Piso Franco
En moitos sentidos Manuel Lourenzo é un escritor cunha dedicación á literatura moi por riba da media mundial. Ten un problema: é dramaturgo e esta circunstancia impide en moitos casos que a súa escrit...
i.gal
August 29, 2025 at 4:51 PM
Outra aproximación a Manuel Lourenzo a propósito de ser un dramaturgo máis premiado que representado. En #PisoFranco podedes ler de balde con instalar a aplicación.

i.gal/PisoFrancoLo...
No tempo e no lugar - Piso Franco
Cando estamos febles case todo o que sucede é para mal. O teatro en Galicia ten a extraordinaria resistencia dos febles que, ben mirada, é unha fortaleza que se manifesta máis no tempo que no lugar. O...
i.gal
August 15, 2025 at 3:16 PM
En #PisoFranco imos facer un pequeno repaso ao que podemos contar de Manuel Lourenzo. Entrevistas e textos de media vida. Comezamos por algo que non se corresponde a un xénero concreto.
Vai en aberto. Descarga e subscribe PisoFranco non teu móbil.

i.gal/PisoFrancoLo...
Un clásico discreto - Piso Franco
Non podemos afirmar que Manuel Lourenzo teña marchado. Non se razoamos que na vida cultural os fíos se van ligando uns con outros moito máis que toda a cablería de internet. Lourenzo deixou leccións i...
i.gal
August 13, 2025 at 2:36 PM
As bestas existen, a pregunta é como nos facemos con elas. En #PisoFranco estamos de verán e pasamos por Sabucedo con foto de Moncho Fuentes.
Descarga e subscribe a casa máis fresca de Galicia, polo menos.

i.gal/PisoFrancoRapa
Levar a besta ao sitio - Piso Franco
A tensión nin se crea nin se destrúe, só se transforma. Vai pasando do público ao privado ou do xeral ao particular. Pode ser íntima ou colectiva e por iso hai tanta confusión sobre que facer con ela....
i.gal
July 4, 2025 at 6:08 PM
Non deixamos de facernos cruces. A crucifixión pasou de castigo a deporte. En #PisoFranco cunha foto de #NachoGómez. Descarga e subscribe nas tendas de aplicacións.

i.gal/PisoFrancoCr...
Nacido para crucificar - Piso Franco
Unha das poucas ensinanzas de valor derivada da literaria vida de Cristo é que, fagas o que fagas, as posibilidades de acabar crucificado son moi altas. Por motivos estratéxicos, o catolicismo fixo de...
i.gal
May 30, 2025 at 6:41 PM
En #PisoFranco unha imaxe de #MonchoFuentes para falar do poder que, polos visto, é como turrón: brando e duro. Non compartimos esa opinión como non compartimos o turrón.
Descarga e subscribe a app para ler. En Appstore e en Google Play

i.gal/PisoFrancoPo...
Non descansa - Piso Franco
Sobre que descansa o poder? O poder non descansa. Aparque onde aparque, está sempre de servizo con esa rara localización que non precisa mapas. Necesitas preguntar se hai un médico na sala, pero non n...
i.gal
May 16, 2025 at 6:04 PM
Unha historia con algo de terrorífico para un sábado de tronadas. En #PisoFranco un relato breve pero amplio. Descarga e subscribe por moito menos do que gastas en Audasa.

i.gal/PFMullerFaneca
Muller faneca - Piso Franco
Como era muller ciumenta, o destino envioulle un home  casado. Puxo a proba cada unha das severas afirmacións ante as amizades. Renegou dos xuramentos para aceptar que nada é totalmente propio. Sentía...
i.gal
May 3, 2025 at 5:52 PM
Unha nova foto de #MonchoFuentes queda incorporada ao interior de #PisoFranco como o que é unha porta aberta para ver que fai o mundo. Descarga e subscribe a app.

i.gal/PisoFrancoPa...
Rara forma de vida - Piso Franco
Despois de pasar media vida observando paxaros seguía sen entender os seus comportamentos. Dos paxaros. Apegados a quedarse onde lles cae de comer cando poderían estar en calquera outro sitio. Afeccio...
i.gal
May 2, 2025 at 6:49 PM
Hoxe é festa do traballo, o que quere dicir que non hai que ir. En #PisoFranco publicamos unha brevísima historia de hai 15 anos para ter libre. Quizais agora precisa outra explicación. Quizais un día laborable.

i.gal/PisoFrancoERE
Condicións obxectivas - Piso Franco
Eran miles. Berraban: o pobo unido nunca máis será vencido. Cargaron os ERE e saíron correndo cada quen polo seu lado.
i.gal
May 1, 2025 at 6:02 PM
En #PisoFranco aproveitamos os días con traballos variados. Aquí unha demostración. Descarga e subscribe aínda que tarden en volver os festivos. En Appstore e Google Play.

i.gal/PisoFrancoHe...
Hey Porto - Piso Franco
Abril. Porto. Domingo solleiro. Rebumbio e voces cruzadas. Xente que quere descansar do que fai buscando cousas que facer. Manda o sol despois dun tempo de inverno. Como en case todo o mundo, as terra...
i.gal
April 20, 2025 at 7:22 PM
Chove? Hai cousa peores! En #PisoFranco temos historias novas e a cuberta perfectamente illada. Descarga e subscribe para gozar do mellor clima. Pica na ligazón ou vai as tendas de apps

i.gal/PisoFrancoCi...
Cinco palabras - Piso Franco
Non era indignación, nin rebeldía, nin ningunha das marcas que deixa no corpo toda unha vida de reprimir as respostas. Non era exactamente rabia, nin aproximadamente frustración, nin completamente a c...
i.gal
April 19, 2025 at 3:46 PM
Seguimos no festival de festivos. Con foto de #NachoGómez. Non fiarse do título porque chove sobre mollado. Aínda que chova podes ler #PisoFranco. Descarga e subscribe en lugar de deprimirte comprobando o clima.

i.gal/PisoFrancoLe...
Let it be - Piso Franco
Houbo un momento no que a igrexa católica tentou pasar por ye-ye. Dous mil anos traballando no mesmo só se pode facer se entre as túas habilidades está a da camuflaxe. Por aquel entón chegaba cunha...
i.gal
April 18, 2025 at 10:41 AM
Xa que estamos nestes días tres historias breves sobre virtudes e para que sirven. Descarga e subscribe #PisoFranco.

i.gal/PisoFrancoVi...
Virtudes teologais - Piso Franco
Fe Baleirou medio frasco de colonia e o aire encheuse da empalagadora esperanza de dar cun home. Urxida pola bioloxía, a fame e o desespero, apostou todo o seu caudal sentimental ao home apoiado no ca...
i.gal
April 17, 2025 at 2:17 PM
Se se aplica o paso do tempo case ninguén sae ganando. En Níxer tampouco. Abrimos semana que non sabemos porque é santa coa cantidade de vicio que hai. Non marchamos de vacacións. Le #PisoFranco como quen mira a outro lado. Descarga e subscribe aínda que hoxe se de balde.

i.gal/PisoFrancoNi...
Calquera tempo pasado - Piso Franco
En Níxer todo remite a un tempo mellor. Os edificios ou a distribución das rúas ou a maneira en que se conservan as formas lembran algo anterior do que tampouco queda nostalxia. Un tempo que parece...
i.gal
April 16, 2025 at 6:31 PM
En calquera kit de supervivencia debería figurar #PisoFranco. Para que saibades o que dixo o corvo, entre outras cousas…
Descarga e subscribe agora que chegou a primavera. Con foto de #MonchoFuentes

i.gal/PisoFrancoCo...
E o corvo dixo… - Piso Franco
Nas fábulas os animais falan. E din sentenzas sensatas ou divertidas. Tamén din burramias por necesidades do guión. Buscamos que os animais nos representen e pedimos imposibles como ben se ve nos parl...
i.gal
March 28, 2025 at 5:06 PM
Con ou sen borrascas a realidade vai adquirindo formas de pesadelo. E os pesadelos tenden a parecerse uns a outros. Aquí vai un clásico. En #PisoFranco, instala e subscribe sen medo.

i.gal/PisoFrancoKa...
O cristo de Kafka - Piso Franco
Acordou coas mans inmóbiles, os brazos ríxidos, unha intensa dor na cabeza, nas palmas e cambras nas pernas. Non sentía os pés. Tiña a vista escurecida e para cando conseguiu abrir lixeiramente un dos...
i.gal
March 22, 2025 at 10:23 AM
Canto peor van os tempos máis importantes son os exempros. Unha imaxe impresionante de #MonchoFuentes e algunhas palabras para non desviarnos do importante.
En #PisoFranco, descarga e subscribe.

i.gal/PisoFrancoHe...
Os ósos espidos - Piso Franco
Isto que a impasibilidade do presente chamará peronés, tibias, fémures, botas vellas, foron noutro tempo xente. Persoas vestidas con roupas e ideas, coas conviccións suficientes como para mantelas. Is...
i.gal
March 12, 2025 at 7:12 PM
É tan breve que está dito todo. E non convén enganarse. Pero descarga e subscribe #PisoFranco que se le moito mellor.

i.gal/PisoFrancoPa...
Patito feo (Non máis contos) - Piso Franco
Era unha meniña fea. Medrou e converteuse nunha muller fea.
i.gal
March 6, 2025 at 6:51 PM
Despois do Entroido, #PisoFranco disfrázase de biblioteca ou de rede social. Para falar de vida útil porque inútil no debería haber Imaxe de Moncho Fuentes para lembrar que a utilidade pode ser moi longa e non convén descartar nada por estética Instala e subscribe

i.gal/PisoFrancoVi...
Vida Útil - Piso Franco
Dicimos que é o tempo, pero somos nós. Dicimos que é a présa ou a multitarefa, pero seguimos sendo nós tentando abeirarnos aos recantos da desgana. Dicímoslle abandono, pero quen abandona somos nós. P...
i.gal
March 5, 2025 at 1:21 PM
Distinguides ben o Entroido do resto do tempo? A confusión é terror, como o conto de hoxe aquí, en #PisoFranco
Comparte, descarga e subscribe. Vale calquera disfraz.

i.gal/PisoFrancoJack
Estaba de ser - Piso Franco
Chamábase Jack, era carniceiro, viñera do norte. A xente desconfiaba del, que logo din que a literatura non serve  para nada. A natural prevención que levantaba a súa mala prensa quedaba compensada co...
i.gal
March 4, 2025 at 12:44 PM
Na fin de semana chega #PisoFranco con subscrición pero sen aranceis. Unha historia de tres minutos que dura case unha infancia. Non é que todo vaia a peor: xa o é. Descarga a única app do mundo sen fakes.

i.gal/PisoFrancoBo...
Eu fun co meu pai ao bosque - Piso Franco
Saír pola mañá era unha das virtudes. Cando clarexa. Cando non se distinguen os límites das cousas por máis que se saiban de memoria. Saír madrugando non porque o mundo sexa outro. Saír con medio sono...
i.gal
February 7, 2025 at 5:28 PM
Estes días fálase moito de televisión. En #PisoFranco temos algúns argumentos. Descarga a aplicación e subscribe que é máis barata que calquera cousa. Con foto de #MonchoFuentes

i.gal/PisoFrancoTe...
A televisión nunca dimite - Piso Franco
Algunhas familias do mundo teñen máis televisores que integrantes. Non digo pantallas. Televisores: co seu mando a distancia, cos cables ensarillados e o pó descansando sobre a súa traseira. O televis...
i.gal
January 29, 2025 at 7:14 PM