Carlos Vieito
@carlosvieito.gal
530 followers 22 following 140 posts
Activista dixital. Promotor de @engalego.gal
Posts Media Videos Starter Packs
carlosvieito.gal
Ola Iberdrola, por que o galego segue a ser a única lingua non dispoñíbel para os clientes que temos contrado o servizo coa vosa empresa.
carlosvieito.gal
Erros de raccord é un fanzine chulísimo e rigoroso editado polo Obradoiro dixital, que analiza e debate o estado da cuestión do cinema en Galiza, converténdose nun punto de encontro imprescindíbel para a comunidade amante da sétima arte.
carlosvieito.gal
Unha visita que paga a pena para calquera sábado do ano é ao Museo do Videoxogo. Unha viaxe interactiva e única pola historia dos videoxogos. O seu punto forte é que non só podes ver, senón xogar: dende máquinas arcade icónicas ata un espazo pioneiro para o videoxogo galego.
carlosvieito.gal
Podería recomendar unha serie para adultos que me gustase e quedar tan pancho, mais creo que, teñamos crianzas na casa ou non, debemos recomendar e visionar series como Bibopalula (made in Galiza), para non truncar a transmisión interxeracional da nosa lingua.
carlosvieito.gal
Se sabes de alguén relacionado coa docencia, seguro que coñece a Pablo. Posiblemente a canle de YouTube e Twitch que máis seguimento activo ten na nosa lingua. A maior comunidade de profesionais e estudantes, na que se comparten ideas, experiencias e recursos do eido educativo.
carlosvieito.gal
Descifrando a Historia non é o típico podcast sobre historia. Máis alá de simples curiosidades, o programa ofrece un contido rigoroso que convida ao oínte a realizar a súa propia reflexión persoal, construíndo unha visión máis completa e complexa do pasado do noso pobo.
carlosvieito.gal
Sei de primeira man que Kike Varela comezou a fregar nos turntable (eses pratos que xiran os DJ coas mans) no seu cuarto dende moi novo, que xunto con esa paixón e a fusión do techno coa nosa música tradicional, a lingua galega resoa en estadios e festivais internacionais.
carlosvieito.gal
O que máis me fascina do perfil creativo de Nuska é a transversalidade do seu contido e público. Ademais de ser das contas máis seguidas (con diferenza) da comunidade galegofalante, o seu público é do máis heteroxéneo, algo tremenda difícil de conseguir.
carlosvieito.gal
Un libro que compre ler para fortalecer a empatía dende ben cativos e lembra: a literatura infantil non é só para cativos.
carlosvieito.gal
Un libro no que se repasa a vida e traxectoria política do líder soviético, comparando o impacto que ten a día de hoxe a súa figura e profundando no custe persoal que implica dirixir unha revolución.

Este libro sairá traducido ao galego en breve.
carlosvieito.gal
É unha obra de teatro que no seu canto, propón unha reflexión sobre a herdanza colectiva e os mecanismos do poder que hai no Estado. Cun elenco de actores e actrices de dez, non tirar entradas para ir gozar desta obra é un pecado.
carlosvieito.gal
No @nosdiario.bsky.social de hoxe as miñas recomendacións culturais ⬇️
carlosvieito.gal
Chamei por se se trataba dun erro informático e que me deran cita por teléfono.

➡️ Resposta: Non hai citas en moito tempo.
‼️ Solución: Vai por uxencias.

Se agochamos o calendario, agochamos o problema. Esta é a realidade da sanidade do PP.
carlosvieito.gal
Nun mundo cheo de desinformación e mensaxes de odio, que importante é falar de ética e valores nas redes.

E de militancia dixital foi do que falamos nas xornadas de verán de @galizanova.gal

Obrigado polo convite 🩵
carlosvieito.gal
Primeiro non tiña cartos para poder pagalo, despois xa non vivía en Barcelona e cando tiña cartos, xa non tiña tempo para preparalo.

Era unha espiña que tiña clavada. Unha promesa que me puxera cando comecei estudar esta lingua que por fiiin, logrei cumprir.
carlosvieito.gal
Non podes imaxinar o inmensamente feliz que estou de tirar o C1 de català 💛
carlosvieito.gal
Se es estudante, recentemente tituladx, ou simplemente tes curiosidade polo mundo da política e a súa aplicación práctica, este evento é para ti!

📅 Luns, 22 de setembro
🕕 18:00 h.
📍 Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC)
carlosvieito.gal
Abordaremos as múltiples saídas profesionais da nosa disciplina, dende as institucións públicas ata a comunicación e a consultoría, compartindo a nosa experiencia persoal e traxectoria en distintos ámbitos.
carlosvieito.gal
Voltamos á facultade! 🎓 Terei o pracer de debater xunto a Natalia Álvarez Bermúdez sobre unha pregunta crucial: "Para que serve un politólogx?".
carlosvieito.gal
El mòbil del meu avi és dels objectes que més guardo amb afecte ❤️‍🩹
carlosvieito.gal
«Creo que paga a pena asumir o custe de, lamentablemente, algunhas mortes por armas de fogo cada ano para poder manter a Segunda Emenda. É un trato sensato. É racional» Charlie Kirk, 2023.

Acaba de ser asasinado durante un evento por unha persoa armada.