Carmen de Milmanda
@carmendemilmanda.bsky.social
360 followers 500 following 680 posts
(eu/son) proxecto poético. a medio camiño entre rosalía de castro e kurt cobain. meus poemas + miñas fotos e debuxos. afirmo: "a poem a day keeps the doctor away" poetry cinema photo drawing "Os mil e un días" (Xerais, 2023)
Posts Media Videos Starter Packs
carmendemilmanda.bsky.social
xa non enxergamos
sombreiros
e menos aínda boas que merendan elefantes
nos debuxos desfeitos

agora
o que vemos
son tan só
feridas no cemento
carmendemilmanda.bsky.social
ás veces
carrar pedras
é o único síntona
de que estamos vivos
carmendemilmanda.bsky.social
seguen os amenceres
no mundo
e aínda que pareza ousadía
aguantan as estrelas no ceo
e resiate a poesía
carmendemilmanda.bsky.social
debaixo
das pedras

todo ese mundo que prospera
malia que non digamos
nada

debaixo
do ar

todo eses soños que medran
mentres alguén de nós
soñar
carmendemilmanda.bsky.social
ás veces
confundimos o reflexo
coa realidade
e a realidade
co reflexo

ás veces
confundímonos
con outro
nós mesmos
carmendemilmanda.bsky.social
Sirgo.

A Pousada da Galicia Imaxinaria

💙💙💙
carmendemilmanda.bsky.social
En Melide, vendo museos coma este, moi dignos, dos que debería haber en cada bisbarra, e expos ben chulas coma esta. 💕💕
carmendemilmanda.bsky.social
preparar
o abismo

abonar o mar
para que sexa quen
de recibirnos
carmendemilmanda.bsky.social
erixir altares
na memoria

ese lugar
onde o futuro
xa non pelexa
cos historia
que imaxinamos
carmendemilmanda.bsky.social
vivir
é
fabricar os remorsos
suficientes
para loitar contra a corrente
dos mansíos
carmendemilmanda.bsky.social
o que deixamos
ao azar

a marxe
que o azar nos deixa

medrar
na orde correcta;
empezar abaixo
e tirar cara as dstrelas
carmendemilmanda.bsky.social
facerse cargo
de todos os amenceres non vividos

imaxinar
que este ou aquel
serán perdidos
e aínda así
seguir andando
carmendemilmanda.bsky.social
apreixarnos
con cadeas

botar
neve nos ouvidos

que non poidan
persuadirnos
as sereas
carmendemilmanda.bsky.social
There will be fight.🔷🔶🚸🧑‍🧒
carmendemilmanda.bsky.social
hai contos
nos que é mellor
non entrar
e contos
dos que sería mellor
non ter saído
carmendemilmanda.bsky.social
Trece cancións bomitísimas.
Fermosa actiación de Germán Díaz, Benxamín Otero e Vidya Shah. 🩵
carmendemilmanda.bsky.social
capturar
a sombra
que nos medra dentro

iluminar
cada unha das certezas

amansar
os berros
que nos gritan: “sexa”

descompor
en liñas simples
o pensamento
carmendemilmanda.bsky.social
Superconcerto, coma sempre, de “Pablo und destruktion”.
Festival Maré. No Riquela.
“¿Cómo volver a ser puro y ligero?”