@ceosgalegos.bsky.social
78 followers 23 following 8 posts
Posts Media Videos Starter Packs
ceosgalegos.bsky.social
Das cousas das que estamos orgullosos desta parte do noso proxecto, o calendario anual. Chegamos a lugares do máis curioso, do máis insospeitado e sempre cun conto por tras.

Na nosa conta, un par de ducias de países polo menos. E varios premios Nobel.
efervesciencia.org
Aquí hai unha pequena curiosidade.

No documental "Little Universe" aparece o astrocalendario de @ceosgalegos.bsky.social @dosiveiga.bsky.social que a Agrupación Astronómica ÍO regalou a Amena cando estivo en Galicia.
Reposted
mcastigarcia.bsky.social
Nesta alta distancia onde
comezan as nubes[…]
e o pórtico negro onde as estrelas se vesten de luz […]
niso penso agora
Mary Oliver

(escolma verso por @estibalizespinosa.bsky.social)
📸 Miguel Iglesias

1 de xuño na miña cociña @ceosgalegos.bsky.social
@dosiveiga.bsky.social
Cociña con calendario colgado.
Reposted
astroxabi.bsky.social
Podes ficar tranquilo, que non te equivocaches! De feito levamos a nova con bastante retranca nas sesións que restaron do congreso 🤣
E sen dúbida o material de @ceosgalegos.bsky.social triunfou!
Reposted
mcastigarcia.bsky.social
Hai algo teu no namoro dun faro. Algo ten de ti
que de tan orfa dás a luz
que tes hoxe seráns luscos, mañá alboradas fuscas
e un ollo que lle chiscar á Lúa.

Estíbaliz...Espinosa

📷 Lara Martínez
@ceosgalegos.bsky.social

1 de setembro na miña cociña.
Calendario de Ceos Galegos na parede da cociña.
Reposted
efervesciencia.org
Aquí hai unha pequena curiosidade.

No documental "Little Universe" aparece o astrocalendario de @ceosgalegos.bsky.social @dosiveiga.bsky.social que a Agrupación Astronómica ÍO regalou a Amena cando estivo en Galicia.
Reposted
ceosgalegos.bsky.social
Todos os anos, por estas datas, temos o mesmo dilema: a escolla das imaxes para a edición #CeosGalegos26

Recibimos 85 orixinais de 19 autores/as diferentes.

Nun primeiro peneirado quedaron 36. Nun segundo quedan 20. Só pode haber 13. SÓ PODE HABER 13. Isto é máis duro do que pensades.
ceosgalegos.bsky.social
Boas, fermosa foto.

Estamos a valorar publicar unha serie de imaxes no blogue co conto do apagón. Interésache? Avisa e envíoche por privado a información necesaria.

Grazas!
Reposted
adrinieto.bsky.social
Gracias al apagón y a que la noche estaba despejada tuvimos la ocasión única de disfrutar de Santiago bajo un cielo estrellado.
@ceosgalegos.bsky.social
Reposted
mcastigarcia.bsky.social
Hoxe non é na miña cociña, pero xa é maio na da filla.

Se ti foras candeliña
garabullos eu tamén fora
torcidiña que en ti ardera
até que pintara a aurora

Cantar de cantareiras

Como na casa con #CeosGalegos
@ceosgalegos.bsky.social
Mueble co calendario de Ceos Galegos.
ceosgalegos.bsky.social
😎

Terceiro premio Nobel que goza das nosas imaxes en formato de calendario.

Grazas mil!!
Reposted
ofinsgz.bsky.social
Era por maio, era por maio... #AuroraGaliza @ceosgalegos.bsky.social
Auroras boreais, 10-11 maio de 2024
Reposted
dosiveiga.bsky.social
O autor desta imaxe xa non está. Acabo de me enteirar; sinto que me atropelou un carro.

Algo "culpable" do nacemento @ceosgalegos.bsky.social hai agora 7 anos; deixa a arte que compartiu connosco.

Alfredo, unha honra habitar o mesmo planeta ca ti estes case 50 anos.
ceosgalegos.com/2018/11/08/p...
Porque unha rosa é unha rosa
Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal Aínda que non son poucos quen ven aquí unha rosa, de aí o nome de nebulosa Roseta, se fose algún astrofotógrafo galeg
ceosgalegos.com
Reposted
dosiveiga.bsky.social
Na miña foto apenas se olla. Pero antes do mediodía a natureza regalounos un halo solar completo. 😍

C/c: @ceosgalegos.bsky.social
Reposted
cfdezmunin.bsky.social
Onte tivemos a gran sorte de contar coa colaboración de @dosiveiga.bsky.social @ceosgalegos.bsky.social na xornada prelanzamento e convivencia de equipos
Paseamos polo fenómenos astronómicos nos ceos galegos e plantamos a semente para seguir investigando en #cansatgal #degaliciaaoespazo
Dosi Veiga no seu relatorio no CIFP Compostela
ceosgalegos.bsky.social
Graciñas pola confianza.

E os cumprimentos.😘

AstroBolachas xa non nos quedan por unha tempadiña. Pero lentes de eclipse, pedindo ao longo deste mércores case podemos garantir que chegan para esta eclipse do sábado. 😀
Reposted
pidroso.bsky.social
Feliz coa minha comanda de @ceosgalegos.bsky.social que vem de cheghar 🫶🏽
Som super riquinh@s e o 29 ja poderemos ver o eclipse cos super óculos e seguindo as suas fantásticas recomendacións ☺️🌞🌚💫
E as bolachas estam boas boas 😋🤗.
#Comesanha #Galiza #ceosgalegos #happy #feliz
Astropostais de presente. Cinco óculos para ver eclipses solares, o livro "Visitantes da estrella vermella" de Tomás G. Ahola e umha caixa de Astrobolachas 🫶🏽
Reposted
dosiveiga.bsky.social
Permitídesme un pouco de publi?

Estamos a vender lentes para ver a eclipse de Sol do vindeiro sábado (29 de marzo). En lotes de 5 unidades para que compense. E servirán para a eclipse total do ano que vén.

Grazas.
Reposted